Saltar ao contido

Stricto sensu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sensu stricto»)

Stricto sensu ou sensu stricto (sēnsū strictō) é unha expresión latina que significa "en sentido estrito" ou "en sentido restrinxido". Adoita ser moi usado en dereito, e oponse á expresión lato sensu (ou sensu lato —abreviado s. l. — ou sensu amplo —abreviado s. a. ou s. ancho —).[1] Tamén se usa nas ciencias biolóxicas, en taxonomía.

A expresión abréviase s. s. ou s. str.,[2] e utilízase cando son posibles dúas interpretacións para unha palabra, nome ou expresión e unha delas engloba á outra, para indicar que o termo que o acompaña debe interpretarse no máis estreito ou limitado dos seus significados, non no que abarca máis.

  1. Professor Hernán (2020-08-13). "Qual a Diferença Entre Lato Sensu e Stricto Sensu - Como Funciona a Pós-graduação". Consultado o 2024-11-26. 
  2. "sensu stricto". WordSense Dictionary (en inglés). Consultado o 2024-11-26. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]