Salvador Sánchez Cerén
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xuño de 1944 (80 anos) Quezaltepeque, O Salvador |
45º Presidente do Salvador | |
1 de xuño de 2014 – 1 de xuño de 2019 ← Mauricio Funes – Nayib Bukele → | |
Vicepresidente do Salvador | |
1 de xuño de 2009 – 1 de xuño de 2014 ← Ana Vilma de Escobar (en) – Óscar Ortiz (en) → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Fronte Farabundo Martí de Liberación Nacional |
Premios | |
| |
Sitio web | sanchezceren.com |
Salvador Sánchez Cerén, nado en Quezaltepeque o 18 de xuño de 1944, é un profesor e político salvadoreño.[1] Foi presidente da República do Salvador desde o 1 de xuño de 2014 até o 1 de xuño de 2019, sendo ademais un dos principais dirixentes do partido Frente Farabundo Martí para la Liberación Nacional e excomandante da desaparecida organización político militar Forzas Populares de Liberación Farabundo Martí.
Foi vicepresidente do Salvador logo de vencer nas eleccións do 15 de marzo de 2009, xunto co seu compañeiro de fórmula, Mauricio Funes.[2] Asumiu o cargo o 1 de xuño de 2009, sendo tamén nomeado ministro de Educación polo presidente Funes.
O 9 de marzo de 2014 gañou as eleccións presidenciais en segunda volta contra o candidato Norman Quijano da partido ARENA. Tomou posesión o 1 de xuño de 2014 ao 1 de xuño de 2019.[3]
Nado no seo dunha familia de artesáns,[4] realizou os seus estudos de profesorado na Escola Normal do Salvador, na capital salvadoreña. En 1965 foi un dos fundadores da Asociación Nacional de Educadores Salvadoreños (ANDES 21 de xuño). En 1970 participou na creación das FPL, a primeira organización armada de esquerda do Salvador. Dentro da organización foi coñecido polo pseudónimo de Leonel González.
Obras literarias
[editar | editar a fonte]- Sánchez Cerén, Salvador (2009). Con sueños se escribe la vida: Autobiografía de un revolucionario salvadoreño. El Salvador. Ocean Sur. ISBN 978-1-921438-16-5
- Sánchez Cerén, Salvador (2011). FMLN en el Gobierno. El Salvador. Ocean Sur. ISBN 978-1-921700-40-8
- Sánchez Cerén, Salvador (2012). La guerra que no quisimos: El Salvador, 1980-1992. El Salvador. Ocean Sur. ISBN 978-1-921700-49-1
- Sánchez Cerén, Salvador (2012). Ana María, combatiente de la vida: Mélida Anaya Montes: salvadoreña, maestra, guerrillera. El Salvador. Ocean Sur. ISBN 978-1-921700-64-4
- Sánchez Cerén, Salvador (2012). El país que quiero: 2014: Elecciones presidenciales en El Salvador. El Salvador. Ocean Sur. ISBN 978-1-921700-87-3
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El efemelenista Salvador Sánchez Cerén es el segundo expresidente prófugo acusado por casos relacionados a corrupción" (en castelán). 2021-07-23. Consultado o 2021-07-30.
- ↑ Diario Digital La Página, «TSE entregará credenciales el próximo martes a presidente electo» Arquivado 05 de maio de 2015 en Wayback Machine. Noticia publicada o 28 de marzo de 2009.
- ↑ Artigo 154 da Constitución da República do Salvador de 1983
Art. 154.- O período presidencial será de cinco anos e comezará e rematará o día primeiro de xuño, sen que a persoa que exercera a Presidencia poida continuar nas súas funcións ningún día máis.
- ↑ Sitio oficial de la campaña de Mauricio Funes, Biografía de Salvador Sánchez Cerén.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salvador Sánchez Cerén |
- El Blog de Salvador Arquivado 21 de setembro de 2017 en Wayback Machine.
- Salvador Sánchez Cerén en Facebook.
- Salvador Sánchez Cerén en Twitter.
- Fotografías de Salvador Sánchez Cerén
- Sitio web de la Vicepresidencia de la República de El Salvador Arquivado 31 de maio de 2019 en Wayback Machine.
- Biografía por CIDOB.