Saltar ao contido

Rosa de Viterbo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSanta Rosa de Viterbo
Nome orixinal(it) Rosa da Viterbo Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xullo de 1233 Editar o valor en Wikidata
Viterbo, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte6 de marzo de 1252 Editar o valor en Wikidata (18 anos)
Viterbo, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaViterbo Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbiógrafa Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa6 de marzo
4 de setembro Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1097719


Santa Rosa de Viterbo, nada en Viterbo (Italia) en 1234 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 1252, foi unha santa e virxe pertencente á Terceira orde de San Francisco.

Morte e canonización

[editar | editar a fonte]

A súa morte tivo lugar á idade de 18 anos en 1252. O seu corpo foi colocado sen féretro debaixo do pavimento da Igrexa de Santa María do Poggio. Inocencio IV iniciou o proceso de canonización, que se interrompeu coa morte do papa en 1254.

En 1258 Alexandre IV, tras unha serie de visións da santa, mandou desenterrar o cadáver, que se atopou incorrupto, e trasladalo ao mosteiro de Santa María das Rosas. Isto fíxose solemnemente cunha procesión presidida por Alexandre IV e catro cardeais o 20 de setembro, por iso se venera neste día.

En 1357 quedou reducida a cinzas a capela que gardaba as súas reliquias, e queimouse a caixa que as contiña; o corpo só cambiou de cor.[1]

Nicolao V ordenou ao consello da cidade de Viterbo que na procesión da Candeloria se levasen tres cirios de cera branca, na súa lembranza.

Calisto III recoñeceu o seu culto inscribíndoa no Martiroloxio Romano.

Represéntase cun crucifixo en man, predicando ou na fogueira. Algunhas veces tamén adoita estar recibindo a sacra comuñón e vendo en soños os instrumentos da paixón de Xesucristo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]