Rip Van Winkle
Rip Van Winkle | |
---|---|
O retorno de Rip Van Winkle | |
Título orixinal | Rip Van Winkle |
Autor/a | Washington Irving |
Orixe | Estados Unidos de América |
Lingua | lingua inglesa |
Xénero(s) | time-travel fiction |
Data de pub. | 1818 |
[ editar datos en Wikidata ] |
"Rip van Winkle" é un conto curto de Washington Irving, que forma parte dunha colección de contos titulado The Sketch Book of Geoffrey Crayon (1819). Recibe o título do protagonista do mesmo. O conto foi escrito mentres Irving vivía coa súa irmá Sarah e o seu cuñado Henry van Wart en Birmingham (Inglaterra), e está ambientado nos días anteriores da Guerra de Independencia dos Estados Unidos.
Argumento
[editar | editar a fonte]Un aldeán de ascendencia neerlandesa escapa da súa dona, quen o rifaba seguido, e marcha para o bosque. Despois de varias aventuras, senta baixo a sombra dunha árbore e queda durmido. Esperta 20 anos despois e regresa á súa aldea. De inmediato métese en problemas cando gaba ao rei Xurxo III, sen saber que acontecera a Revolución estadounidense e que xa non era un súbdito dos británicos.
Outros
[editar | editar a fonte]Á parte deste conto, "Rip van Winkle" pódese referir a alguén que dorme por un longo período, ou alguén que sen explicación ningunha non está ao tanto do que sucedeu.