Rinoceronte de Sumatra
Rinoceronte de Sumatra | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Os rinocerontes Emi e Harapan no Zoo de Cincinnati | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Crítico[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Dicerorhinus sumatrensis' (Fischer, 1814) | |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
|
O rinoceronte de Sumatra (Dicerorhinus sumatrensis) é un membro da familia Rhinocerotidae e unha das cinco especies de rinocerontes que existen. É a única das especies vivas do xénero Dicerorhinus. É o máis pequeno dos rinocerontes, sendo aínda un gran mamífero. Ó igual que as dúas especies africanas, ten dous cornos; o máis longo é o corno nasal, de entre 15 e 25 cm, mentres que o outro corno é un toco. Unha capa de pelos vermello-castaños cobre a maioría do corpo do animal.
Membros desta especie habitaron unha vez as selvas e bosques chuviosos da India, Bután, Bangladesh, Myanmar, Laos, Tailandia, Malaisia, Indonesia e a China. Outrora habitaron no suroeste da China, particularmente en Sichuan.[3][4] Hoxe, a especie atópase en perigo crítico, con só seis poboacións en liberdade: catro en Sumatra, unha en Borneo e outra na península de Malaisia. O seu número é difícil de determinar xa que son animais solitarios que viven esparexidos por todo o seu hábitat, pero estímase que quedan menos de 275. Os superviventes da península malaia están en dúbida, e unha das poboacións de Sumatra pode estar xa extinta. O número total pode ser mesmo inferior a 200.[5] O declive do número de rinocerontes de Sumatra atribúese principalmente á caza polos seus cornos, moi valorados na medicina tradicional chinesa.
Esta especie é moi solitaria agás polas crías. É a máis vocal das especies de rinoceronte, podendo comunicarse tamén ritmos cos pés, retorcendo árbores e plantóns en diferentes patróns, e depositando excrementos. A especie está moito máis estudada que a do rinoceronte de Xava, en parte debido ó programa que ten 40 rinocerontes de Sumatra en catividade co obxectivo de recuperar a especie. O programa foi considerado un desastre, mesmo polos seus iniciadores, xa que a maioría dos rinocerontes morreron sen que nacera unha soa cría en case 20 anos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ van Strien, N.J., Manullang, B., Sectionov, Isnan, W., Khan, M.K.M, Sumardja, E., Ellis, S., Han, K.H., Boeadi, Payne, J. & Bradley Martin, E. (2008). "Dicerorhinus sumatrensis". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 28 de novembro de 2008.
- ↑ Derived from range maps in:
- Foose, Thomas J. and van Strien, Nico (1997). Asian Rhinos – Status Survey and Conservation Action Plan. IUCN, Gland, Switzerland, and Cambridge, UK. ISBN 2-8317-0336-0.
and - Dinerstein, Eric (2003). The Return of the Unicorns; The Natural History and Conservation of the Greater One-Horned Rhinoceros. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-08450-1.
Este mapa non inclúe avistamentos sen confirmar en Laos e Vietnam ou posibles poboación en Burma.
- Foose, Thomas J. and van Strien, Nico (1997). Asian Rhinos – Status Survey and Conservation Action Plan. IUCN, Gland, Switzerland, and Cambridge, UK. ISBN 2-8317-0336-0.
- ↑ Chapman, Jan (1999). The Art of Rhinoceros Horn Carving in China. Londres: Christie's Books. p. 27. ISBN 0-903432-57-9.
- ↑ Schafer, Edward H. (1963). The Golden Peaches of Samarkand: A study of T'ang Exotics. Berkeley e Os Ánxeles: University of California Press. p. 83.
- ↑ Save The Rhino : Sumatran rhino numbers revised downwards, 18 March 2012