Ricardo Puente Brañas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ricardo Puente y Brañas 18 de xaneiro de 1835 A Coruña, España |
Morte | 12 de setembro de 1880 (45 anos) Madrid, España |
Gobernador civil | |
Gobernador civil da provincia de León | |
Gobernador civil de Alacant | |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Familia | |
Irmáns | José Puente Brañas |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Puente y Brañas (Ricardo), p.359) |
Ricardo Puente Brañas, nado na Coruña o 18 de xaneiro de 1835 e finado en Madrid o 12 de setembro de 1880, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Comercio na Coruña. Ao finalizar os estudos, ingresou no corpo de funcionarios do Estado. Traballou na oficina de Dereitos e Propiedades do Estado en Tarragona, foi xefe da Administración civil, gobernador civil de Alacant e León e xefe de prensa da Presidencia do Consello de Ministros. De ideais provincialistas dirixiu o periódico El Defensor de Galicia, o literario El Iris de Galicia e El Tarraconense en Tarragona. Participou no Álbum de la Caridad coa composición "O gaiteiro da Coruña, aos vencedores de África". En 1859 trasladouse a Madrid e iniciou unha carreira literaria dedicado á produción teatral.
Obras
[editar | editar a fonte]- Un juramento cumplido, 1847 (drama).
- De la mano a la boca, 1870 (comedia).
- Cuento de hadas, 1875 (zarzuela).