Rexión de Karlsruhe
Epónimo | Karlsruhe | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Baden-Württemberg | ||||
Capital | Karlsruhe | ||||
Contén a división administrativa | Baden-Baden Calw (pt) Distrito de Rin-Neckar Enz Freudenstadt (pt) Heidelberg Karlsruhe (pt) Karlsruhe Mannheim Neckar-Odenwald-Kreis (pt) Pforzheim Rastatt (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 6.919 km² | ||||
Altitude | 120 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Código NUTS | DE12 | ||||
Clave de rexión en Alemaña | 082 | ||||
Sitio web | rp-karlsruhe.de |
A Rexión de Karlsruhe (en alemán: Regierungsbezirk Karlsruhe) é unha das catro rexións administrativas (Regierungsbezirk) do estado de Baden-Württemberg, Alemaña, localizada ao noroeste do estado. A súa capital é a cidade de Karlsruhe.
Subdivídese en tres subrexións ou asociacións rexionais (Regionalverband): Mittlerer Oberrhein, Unterer Neckar e Nordschwarzwald.
Ten unha área de 6919,17 km² e unha poboación de 2.738.866 habitantes (2008).
Xeografía
[editar | editar a fonte]A rexión de Karlsruhe atópase ao noroeste do estado de Baden-Württemberg e foi chamada até o 31 de decembro de 1972 rexión de Nordbaden.
Limita ao sur coa Rexión de Friburgo, ao oeste con Renania-Palatinado, ao norte con Hesse e ao leste coa Rexión de Stuttgart. A súa extensión e límites actuais foron definidos na reforma territorial e administrativa do 1 de xaneiro de 1973.
Kreise (distritos) |
Kreisfreie Städte (cidades independentes) |
---|---|
Política
[editar | editar a fonte]Os presidentes da rexión de Karlsruhe, dende 1975, foron:
- 1975 - 1985: Trudpert Mülle
- 1986 - 1988: Adolf Bieringer
- 1988 - 1994: Karl Miltner
- 1994 - 2005: Gerlinde Hämmerle
- dende o 6 de xuño de 2005: Rudolf Kühner
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial (en alemán)