Ramiz Alia
(1985) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de outubro de 1925 Shkodër, Albania |
Morte | 7 de outubro de 2011 (85 anos) Tirana, Albania |
Causa da morte | doenza pulmonar |
2º Presidente de Albania | |
30 de abril de 1991 – 9 de abril de 1992 ← Haxhi Lleshi – Sali Berisha → | |
First Secretary of the Party of Labor of Albania (en) Partido do Traballo de Albania | |
13 de abril de 1985 – 4 de maio de 1991 ← Enver Hoxha – Supresión do cargo → | |
Datos persoais | |
Relixión | Ateísmo |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido do Traballo de Albania Partido Socialista de Albania |
Carreira militar | |
Comandante de (OBSOLETO) | Exército Popular Albanês (pt) |
Descrito pola fonte | Biographical Dictionary of Central and Eastern Europe in the Twentieth Century (en) |
Ramiz Alia, nado en Shkodër o 18 de outubro de 1925 e finado en Tirana o 7 de outubro de 2011, foi un político albanés, presidente do país entre 1985 e 1992. Alto dirixente do Partido do Traballo de Albania, chegou a ser membro do seu Politburó e secretario do Comité Central. En 1985 foi escolleito Presidente da Asemblea do Pobo (Parlamento) e polo tanto, Xefe do Estado.
Ao falecer Enver Hoxha en 1985, sucedeuno como secretario xeral do PTA, polo que se converteu no máximo dirixente de Albania. A pesar de afirmar no funeral de Hoxha que Albania será sempre forte, sempre vermella, como ti a deseaches, camarada Enver, levou a cabo unha serie de reformas que culminaron coa privatización da economía e a convocatoria de eleccións multipartidistas en 1991.
Tralo triunfo do Partido Socialista de Albania (refundación do antigo Partido do Traballo de Albania) foi escolleito Presidente da República, pero dimitiu en 1992 tras unha folga xeral. Ese mesmo ano foi detido e acusado de xenocidio e crimes contra a humanidade, permanecendo no cárcere até 1997.