Río Nushagak
(en) Nushagak River | ||||
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
Continente | América do Norte | |||
División administrativa | Região Censitária de Dillingham, Estados Unidos de América (pt) e Alasca, Estados Unidos de América | |||
Final | ||||
División administrativa | Alasca, Estados Unidos de América | |||
Localización | Baía de Bristol (pt) | |||
| ||||
Afluentes | Mulchatna River (en) (marxe esquerda), Nuyakuk River (en) , Wood River (en) , King Salmon River (en) , Kokwok River (en) | |||
Conca hidrográfica | Nushagak River basin (en) | |||
Características | ||||
Dimensións | 451 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 34.700 km² | |||
O río Nushagak é un río que discorre polo suroeste de Alasca, nos Estados Unidos de América.
Nace no suroeste da cordilleira de Alasca e flúe durante 450 km até desembocar na baía de Nushagak, un entrante da baía de Bristol, ao leste de Dillingham.
A súa conca abarca unha superficie de 34 700 km².[1]
Os seus afluentes principais son os ríos Mulchatna, Nuyakuk, King Salmon, Iowithla, Koktuli e Kokwok.
O río Nushagak está augas abaixo da proposta Pebble Mine, cuxo lago de almacenamento de residuos se asentaba na cabeceira do río Koktuli, un dos tributarios do Nushagak. As aldeas do Nushagak encóntranse entre as principais opositoras da proposta.
As cinco especies do salmón do Pacífico (chinook, coho, sockeye, chum e pink) desovan no río ou nos seus afluentes. A pesca comercial, de subsistencia e deportiva son importantes na zona. A máis notábel é carreira anual do salmón chinook, que se produce desde mediados de xuño até mediados de xullo.
A troita arco da vella, o lucio europeo, o tímalo ártico, a Lota lota e a troita alpina tamén están presentes no río Nushagak.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Benke, Arthur C. & Cushing, Colbert E. (2009): Field Guide to Rivers of North America. Cambridge, Massachusetts: Academic Press. ISBN 978-0-1237-8577-0, pp. 332–333.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Nushagak |