Queen
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Queen en Frankfurt, Alemaña (1984) | |
Orixe | Londres, Inglaterra |
Período | 1970 - presente |
Xénero(s) | Rock |
Selo(s) discográfico(s) | Parlophone, Hollywood |
Antigos membros | John Deacon Brian May Freddie Mercury Roger Taylor |
Na rede | |
http://queenonline.com/ | |
|
Queen é unha banda británica de rock creada en Londres en 1970, trala ruptura do grupo Smile. Orixinalmente estivo formada por Freddie Mercury (voces, piano), Brian May (guitarra, voces), John Deacon (baixo) e Roger Taylor (batería, voces). Os seus primeiros traballos estaban influenciados polo rock progresivo, o hard rock e o heavy metal, pero gradualmente aventurouse cara a unha música máis convencional, incorporando diversos estilos ao seu son.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A historia deste grupo británico comezou en 1968 cando Brian May e Tim Staffell fundaran Smile. A este proxecto uniuse Roger Taylor como batería. En 1970 Tim Staffell abandona o grupo. Nese mesmo ano incorpórase Freddie Mercury e cambian o nome de Smile por Queen. A razón deste nome débese a que os integrantes da banda buscaban algo que fose identificativo doado de coñecer por calquera persoa do mundo. Un ano máis tarde, en 1971 únese John Deacon como baixista e quedaría pechada a formación do grupo que nunca experimentou cambios ata a súa desaparición.
O seu primeiro grande éxito foi "Bohemian Rhapsody", escrita por Freddie e producida por Roy Thomas Baker en outubro de 1975. Estaba dentro do seu álbum A night at the opera. Previamente, Queen gravara tres discos: Queen, Queen II e Sheer Heart Attack.
En 1976 publican A day at the races e en outubro de 1977 News of the world, que contén a simbólica canción "We are the champions", utilizada en multitude de eventos deportivos. O grupo non paraba e un ano máis tarde sae á luz Jazz. Deste volume destacan "Bycicle Race" e "Fat Bottomed Girls" cunha portada no sinxelo que presentaba unha muller espida en bicicleta e tivo que ser retirada e modificada amosando esa muller levando roupa interior.
1979 acolle o seu primeiro disco dun directo, Live Killers, e en 1980 publican The Game, que contiña o tema "Another One Bites The Dust", o sinxelo máis vendido do grupo. No mesmo ano tamén gravarían a banda sonora da película Flash Gordon.
Durante 1981 os seus esforzos céntranse nunha xira por diversos países do mundo e, ó terminar levaron a cabo os preparativos para gravar Hot Space, que saería publicado en 1982. En decembro dese ano Queen aparece dentro do libro Guinness como a banda mellor pagada.
Dous anos máis tarde publican The Works. Dentro deste álbum atópase o éxito "Radio Ga Ga". O videoclip deste tema desenvólvese no ambiente da película Metropolis.
Queen participou en 1985 no festival Rock In Rio congregando a uns 250.000 espectadores. En xuño do mesmo ano o grupo realiza a banda sonora de Highlander, no disco titulado A Kind Of Magic e en decembro realizan o seu segundo álbum en directo Live Magic.
Freddie Mercury xunto a Montserrat Caballé gravan un disco xuntos. Incluía a canción "Barcelona" que foi tomada como tema dos Xogos Olímpicos de 1992.
The Miracle foi o décimo sexto álbum da banda que se publicou en maio de 1989. En 1990 Queen asina con Disney Hollywood Records o maior contrato da historia da música.
Greatests Hits II, o seu segundo recompilatorio, aparece en outubro de 1991 e no mesmo ano, o 23 de novembro, Freddie anuncia publicamente que padece SIDA e morre o día seguinte.
Roger, John e Brian editan 'Made in Heaven' en 1995 con temas nos que traballou Freddie antes de morrer. A partir deste punto, a banda deixou de tocar e soamente publicou numerosos recompilatorios, feito que produciu o enfado de Deacon e diversas discusións entre os compoñentes.
Membros
[editar | editar a fonte]- Freddie Mercury: voz e piano.
- Brian May: guitarra, piano, teclado e viola portuguesa.
- John Deacon: baixo e guitarra.
- Roger Taylor: batería
Discografía
[editar | editar a fonte]- Queen - 1973
- Queen II - 1974
- Sheer Heart Attack - 1974
- A Night at the Opera - 1975
- A Day at the Races - 1976
- News of the World - 1977
- Jazz - 1978
- Live Killers - 1979
- The Game - 1980
- Flash Gordon - 1980
- Gratest Hits I - 1981
- Hot Space - 1982
- The Works - 1984
- A Kind Of Magic - 1986
- Live Magic - 1986
- The Miracle - 1989
- At The Beeb - 1989
- Innuendo - 1991
- Gratest Hits II - 1991
- Classic Queen - 1992
- Live At Wembley '86 - 1992
- Made In Heaven - 1995
- Queen Rocks - 1997
- Greatest Hits III - 1999
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial (en inglés)
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |