Quaoar
Descubrimento e clasificación[1] | |
---|---|
Descuberto por | Chad Trujillo, Michael Brown |
Descuberto o | 05-05-2002 |
Nome é categoría no Mpc | 2002 LM60 |
Satélites | Weywot[4] (≈74 km diámetro)[5] |
Características orbitais[6][7] | |
Época= 23-07-2010 (2455400,5 dx) | |
Afelio | 6,749189 Tm 45,116 UA (Q) |
Perihelio | 6,237516 Tm 41,695 UA (q) |
Eixo semi-maior | 6,493353 Tm 43,405 UA |
Excentricidade | 0,0394 |
Período orbital | 104.451,3 d 285,97 ax |
Velocidade orbital | 4,52 km/s |
Inclinación | 7,996° |
Anomalía media | 280,554° (M) |
Lonxitude do nodo ascendente | 189,033°° |
Argumento do perihelio | 155,624° |
Características físicas | |
Dimensións | 1.170 km (ocultación, o maior rango)[8] 890 ± 70 km[5] 844 +207 –190 km (termal)[9] |
Masa | 1,6 ± 0,3 × 1021 kg[5] |
Densidade | 4,2 ± 1,3 g/cm³[5] 3,5 g/cm³[10] 2,8 g/cm³ (asumindo unha lúa excéntrica)[10] |
Gravidade superficial | 0,276–0,376 m/s2 |
Velocidade de escape | 0,523–0,712 km/s |
Período de rotación | 17,6788 horas |
Tipo espectral | moderadamente vermello B-V=0,94, V-R=0,64[11] |
Albedo | 0,199 +0,13 -0,07 [9] |
Magnitude aparente | 19,3[12] |
Magnitude absoluta | 2,48 ± 0,76[6] |
Temperatura superficial | ≈43 K |
50000 Quaoar ("Kwawar") é un obxecto rochoso trans-neptuniano situado no cinto de Kuiper que posúe unha lúa. Moitos astrónomos consideran este obxecto coma un planeta anano,[8][13][14] aínda que a UAI non o recoñeceu formalmente coma tal.[15][16]
Descubrimento
[editar | editar a fonte]Quaoar foi descuberto o 4 de xuño do 2002 polos astrónomos Chad Trujillo e Michael Brown do Instituto Tecnolóxico de California, a partir de imaxes adquiridas co Telescopio Samuel Oschin do Observatorio de Palomar. O descubrimento deste obxecto de magnitude -19.3, situado na constelación Ophiuchus, foi anunciado o 7 de outubro do 2002, nunha reunión da Sociedade Astronómica Americana. A imaxe de Quaoar recuperada máis antiga retrotráenos ata o 25 de maio do ano 1954, recuperada dunha placa do Observatorio de Palomar.
Nome
[editar | editar a fonte]Quaoar recibe o nome do deus da creación tongva, seguindo as convencións de nomenclatura da Unión Astronómica Internacional para un obxecto do cinto de Kuiper sen resonancias. O pobo tongva é un pobo nativo da área de preto dos Ánxeles, onde se levou a cabo o descubrimento de Quaoar. Brown e o seu equipo escollera o nome cunha grafía máis intuitiva, Kwawar, pero a grafía preferida entre os tongva foi Qua-o-ar.
Antes da aprobación do nome por parte da UAI, Quaoar pasou pola designación provisional de 2002 LM 60. O número de planeta menor 50000 non foi unha casualidade, foi escollido para celebrar un obxecto particularmente grande atopado na procura dun obxecto do tamaño de Plutón no cinto de Kuiper, de xeito semellante ó acontecido con 20000 Varuna. Con todo, descubrimentos posteriores de obxectos aínda maiores foron simplemente numerados de acordo coa orde na que as súas órbitas foron confirmadas.
Tamaño
[editar | editar a fonte]No 2004, estimóuselle a Quaoar un diámetro duns 1260 ± 190 km,[17] posteriormente esta estimación foi revisada á baixa, pero que, no momento do seu descubrimento, no ano 2002, fixo del o maior obxecto atopado no Sistema Solar dende o descubrimento de Plutón. Quaoar máis tarde foi suplantado por Eris, Sedna, Haumea, e Makemake. Quaoar é tan grande coma (un pouco menor que) a lúa de Plutón Caronte, que é de aproximadamente 2,5 veces a masa de Orcus. Quaoar ten aproximadamente 1/15 do diámetro da Terra, un cuarto do diámetro da Lúa, e un terzo do tamaño de Plutón.
Quaoar foi o primeiro obxecto trans-neptuniano en ser medido directamente a través de imaxes do Telescopio Hubble (HST), usando un novo e sofisticado método (véxase o website de Brown para unha descrición non técnica[17] e a súa documentación para máis detalles). Dada a súa distancia, Quaoar está no límite de resolución do Hubble (40 milisegundos de arco) e, consecuentemente, a súa imaxe esta manchada con algúns píxeles adxacentes. Ó comparar coidadosamente esta foto coas imaxes de estrelas do fondo e empregar un proceso sofisticado para a óptica do Hubble (función de propagación do punto (PSF)), Brown e Trujillo foron capaces de atopa-lo tamaño do disco que mellor se axustaría a unha imaxe semellante sen perturbacións. Este método foi aplicado recentemente polos mesmos autores para medi-lo tamaño de Eris.
As estimacións incorrectas do Hubble do 2004 só coinciden marxinalmente coas medicións no infravermello do 2007 feitas polo Telescopio Espacial Spitzer que suxiren un brillante albedo (0,19) e, consecuentemente, un menor diámetro (844,4 +206,7 -189,6 km)[9] Durante as observacións do 2004 do Hubble, pouco se sabia sobre as propiedades da superficie de obxectos do cinto de Kuiper, pero agora sabemos que a superficie de Quaoar é en moitos aspectos semellante ós satélites de xeo de Urano e Neptuno.[5] Adoptando un perfil de escurecemento de bordo dun satélite de Urano, a estimación de tamaño do Hubble do 2004 para Quaoar foi de aproximadamente un 40% máis grande, e unha estimación máis adecuada sería do redor de 900 km.[5] Usando unha media ponderada do Spitzer e corrixidas as estimacións do HST, Quaoar, a partir de 2010, ten unhas estimación de diámetro do redor de 890 ± 70 km .[5]
O 4 de maio do 2011, Quaoar ocultou unha estrela de magnitude 16, unhas estimacións feitas por F. Braga-Ribas no seu maior rango danlle a Quaoar un diámetro de 1170 km e suxiren unha forma alongada.[8] Pero para outras fontes, a forma de elipse indicaría que as características da ocultación foron pobres e dando así varios rangos de probabilidade, facendo de paso pensar nunha elipse. Tamén se indicou por parte de F. Braga-Ribas que non quedaba descartada a posibilidade de que se tratase dun sistema binario.[18]
Planeta anano?
[editar | editar a fonte]Dende que se sabe que Quaoar ten unha lúa, a masa do sistema pode ser calculada a partir da órbita do secundario. Densidade estimada de Quaoar é do redor de 4,2 g/cm3 e o seu tamaño estimado é de 890 km,[5] isto debería bastar para cualificalo coma un planeta anano se se comproba que ten a masa necesaria para entrar en equilibrio hidrostático. Mike Brown estima que os corpos rochosos do redor de 900 km de diámetro poden entrar en equilibrio hidrostático, mentres que os corpos compostos principalmente de xeos poderían entrar en equilibrio hidrostático nalgún punto entre 200 e 400 km de diámetro.[19] Cunha masa estimada superior ós 1,3×1021 kg,[5] Quaoar probablemente ten a masa necesaria (5x1020 kg) para ser considerado un planeta anano dentro da definición de planeta anano da UAI,[20] e Brown expón que "debería ser" un planeta anano.[13] As análises da curva de luz só amosan pequenas desviacións, o cal suxire que Quaoar é verdadeiramente unha esfera con pequenas manchas de albedo e polo tanto que é un planeta anano.[21]
Colisión de Golpe e Fuxida
[editar | editar a fonte]O científico planetario Erik Asphaug suxeriu que Quaoar puido chocar cun pequeno planeta cun tamaño que podería chegar ata o tamaño de Marte, retirando o manto de baixa densidade de Quaoar, e deixando atrás o núcleo máis denso.[22] Nas súas previsións, Quaoar estaba orixinalmente cuberto por un manto de xeo que sería entre 300 e 500 quilómetros máis grande do que é hoxe en día, e que chocou con outro corpo de cinto de Kuiper dunhas dúas veces o seu propio tamaño, un obxecto máis ou menos do diámetro de Plutón, posiblemente o propio Plutón. [23]
Órbita
[editar | editar a fonte]Quaoar órbita ó redor do Sol a unha distancia de preto de 43 UAs, cun período orbital de 286 anos. A órbita é case circular e cunha inclinación moderada de preto de 8°, típicas para a poboación dos pequenos obxectos clásicos do cinto de Kuiper (KBOs), pero excepcional entre o grandes KBOs. Varuna, Haumea, e Makemake teñen órbitas moito máis inclinadas e moito máis excéntricas.
Quaoar é o obxecto máis grande clasificado coma cubewano, tanto polo Minor Planet Center[3] coma polo Deep Ecliptic Survey.[2][24]
A vista polar compara a órbita da Quaoar case circular coa órbita moi excéntrica (e=0,25) de Plutón (órbita de Quaoar en azul, a de Plutón en vermello e a de Neptuno en gris). As esferas ilustran as actuais posicións (abril de 2006), tamaños relativos e cores. O perihelio (q), o afelio (Q) e as datas de paso tamén están marcadas.
A unha distancia de 43 UAs e cunha órbita case circular, Quaoar non está significativamente perturbado por Neptuno,[2] ó contraio que Plutón que está nunha resonancia orbital de 2:3 con Neptuno. A vista eclíptica ilustra as inclinación relativas das órbitas de Quaoar e Plutón. Fágase notar que o afelio de Plutón está máis afastado co de Quaoar e que está tamén máis inclinado cara abaixo, así coma tamén Plutón está moito máis preto do Sol que Quaoar en moitos tramos da súa órbita e pola contra, nalgúns tramos está máis afastado.
No ano 2008, Quaoar estaba a só 14 UAs[25] de separación con Plutón, facendo del o obxecto grande máis próximo ó sistema Plutón-Caronte. Na escala do cinto de Kuiper este tipo de distancias son moi pequenas.
Características físicas
[editar | editar a fonte]Cunha densidade estimada do redor de 4,2 ± 1,3 g/cm3,[5] pensase que Quaoar é unha mestura de principalmente rocha cun pouco de xeo e é posiblemente o obxecto máis denso coñecido do cinto de Kuiper.[5] Incluso o planeta anano Haumea ten estimada unha densidade de só 2,6 g/cm3.[5] O albedo podería ser tan baixo como 0.1, o que aínda sería moito maior cá estimación máis baixa do 0,04 dada para Varuna. Isto pode indicar que o xeo fresco desapareceu da superficie Quaoar. A superficie é moderadamente vermella, o que significa que o obxecto é relativamente máis reflectivo no vermello e infravermello próximo do que o é para ó azul. 20000 Varuna e 28978 Ixion tamén son moderadamente vermellos na clase espectral. Os KBOs maiores son frecuentemente moito máis brillantes, porque están cubertos de xeo máis fresco e teñen un maior albedo, e polo tanto, presentan unha cor neutra.
Criovulcanismo
[editar | editar a fonte]No 2004, os científicos quedaron sorprendidos ó atopar sinais de xeo cristalino en Quaoar, indicando que a temperatura subiu a polo menos ós -160 °C (110 K ou -260 °F) nalgún momento dos últimos dez millóns de anos.[26] As especulacións comezaron ó redor de cal podería se-lo fenómeno ou causa que quentou Quaoar a partir da súa temperatura natural de -220 °C (55 K ou -360 °F). Algúns teorizaron que un aluvión de meteoritos puido ter elevado a temperatura, pero a teoría máis discutida especula que criovulcanismo pode estar activo en Quaoar, impulsado pola descomposición dos elementos radioactivos do seu núcleo.[27] No 2006 tamén se atopou xeo de auga cristalino en Haumea, pero este xeo está presente en grandes cantidades e que pensase que é o responsable do gran albedo (0,7) deste planeta anano.[28]
Unhas observacións de Quaoar máis precisas feitas no ano 2007 no espectro infravermello próximo, indican a presenza dunha pequena cantidade (5%) de metano e etano en estado sólido.[29] Dado o seu punto de ebulición (112 K), o metano é un xeo volátil ás temperaturas medias da superficie de Quaoar, ó contrario do xeo de auga ou do etano (punto de ebulición 185 K). Ambos modelos e observacións suxiren que só algúns corpos maiores (Plutón, Eris, Makemake) poden reter os xeos máis volátiles, mentres que a poboación dominante de pequenos TNOs perdeu estes volátiles. Quaoar, con só pequenas cantidades de metano, parece ser dunha categoría intermedia.[29]
Se a misión da sonda New Horizons visita varios obxectos do cinto de Kuiper, despois de visitar Plutón no ano 2015, o noso coñecemento das superficies dos KBOs pequenos debería mellorar, pero os encontros con obxectos grandes parecen improbables.
Satélite
[editar | editar a fonte]Quaoar ten un único satélite coñecido, Weywot, formalmente (50000) Quaoar I Weywot. O seu descubrimento foi anunciado na circular IAUC 8812 do 22 de febreiro do ano 2007.[4][30] O satélite foi atopado a 0,35 arcsec respecto de Quaoar e ten 5,6 magnitudes de diferenza respecto do seu primario.[31] Órbita ó redor de Quaoar a unha distancia de 14,500 km e ten unha excentricidade orbital de preto do 0,14.[5] Asumindo un albedo e densidade igual á do seu primario, a magnitude aparente suxire que a lúa ten un diámetro de aproximadamente 74 km (1:12 de Quaoar).[5] Brown cre que é probable que sexa un fragmento restante dunha colisión acontecida en Quaoar, o cal (especula Brown) perdeu moito do seu manto de xeo durante ese hipotético evento.[10] Weywot Estímase que só ten que 1:2000 a masa de Quaoar.[5]
Brown deixou a elección do nome en mans dos tongva, que escolleron o nome do deus do ceo, Weywot, fillo de Quaoar.[32] O nome foi feito oficial na circular MPC #67220, publicada o 4 de outubro do 2009.[33]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Frequently Asked Questions About Quaoar". Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2010. Consultado o 20 de setembro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Buie, Marc W. (17-05-2006). SwRI (Space Science Department), ed. "Orbit Fit and Astrometric record for 50000". Consultado o 10-09-2008.
- ↑ 3,0 3,1 Brian G., Marsden (17-07-2008). Harvard-Smithsonian Center for Astrophysics, ed. "MPEC 2008-O05 : Distant Minor Planets (2008 Aug. 2.0 TT)". IAU Minor Planet Center. Consultado o 01-10-2008.
- ↑ 4,0 4,1 Daniel W. E. Green (22-02-2007). International Astronomical Union Circular, ed. "IAUC 8812: Sats OF 2003 AZ_84, (50000), (55637), (90482)". Consultado o 26-03-2009.
- ↑ 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 5,11 5,12 5,13 5,14 5,15 5,16 Brown, Michael E.; Fraser, Wesley C. (2010). "Quaoar: A Rock in the Kuiper belt". The Astrophysical Journal 714 (2): 1547. Bibcode:2010ApJ...714.1547F. doi:10.1088/0004-637X/714/2/1547. arxiv:1003.5911
- ↑ 6,0 6,1 JPL/NASA (16-06-2010 últimas observacións). Jet Propulsion Laboratory, ed. "JPL Small-Body Database Browser". National Aeronautics and Space Administration. Consultado o 02-01-2010.
- ↑ Asteroid Data Services by Lowell Observatory
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 Braga-Ribas e o seu equipo. 2011, "Stellar Occultations by TNOs: the January 08, 2011 by (208996) 2003 AZ84 and the May 04, 2011 by (50000) Quaoar", EPSC Abstracts, vol. 6
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 John Stansberry; Will Grundy; Mike Brown; Dale Cruikshank; John Spencer; David Trilling; Jean-Luc Margot (2007). "Physical Properties of Kuiper Belt and Centaur Objects: Constraints from Spitzer Space Telescope".
- ↑ 10,0 10,1 10,2 Conferencia: Brown, M.E.; Fraser, Wesley (2009). "Quaoar: A Rock in the Kuiper Belt". DPS meeting #41. American Astronomical Society. bibcode: 2009DPS....41.6503F Consultado o 13-10-2009 (Backup reference)
- ↑ Tegler, Stephen C. (01-02-2007). "Kuiper Belt Object Magnitudes and Surface Colors". Arquivado dende o orixinal o 21-05-2006. Consultado o 23-04-2006.
- ↑ Department of Mathematics, University of Pisa, Italy (ed.). "AstDys (50000) Quaoar Ephemerides". Consultado o 16-03-2009.
- ↑ 13,0 13,1 Michael E. Brown (23-09-2011). California Institute of Technology, ed. "How many dwarf planets are there in the outer solar system? (updates daily)". Consultado o 23-09-2011.
- ↑ Tancredi, G.; Favre, S. (2008). Asteroids, Comets, Meteors, ed. "Which are the dwarfs in the solar system?" (PDF). Consultado o 28-12-2007.
- ↑ International Astronomical Union (Working Group for Planetary System Nomenclature) (ed.). "Planetary Names: Planet and Satellite Names and Discoverers". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 10-06-2012.
- ↑ NASA. "List of Dwarf Planets". Arquivado dende o orixinal o 24-11-2015. Consultado o 09-06-2012.
- ↑ 17,0 17,1 17,2 Brown, Michael E. e Chadwick A. Trujillo (2004). "Direct Measurement of the Size of the Large Kuiper Belt Object (50000) Quaoar". The Astronomical Journal 127 (7018): 2413–2417. Bibcode:2004AJ....127.2413B. doi:10.1086/382513. Refundido na web de Brown (pdf)
- ↑ Emily Lakdawalla. "Brief notes from Day 2 of the DPS-EPSC meeting". Consultado o 21-09-2012.
- ↑ Mike Brown. "The Dwarf Planets". Arquivado dende o orixinal o 29-01-2008. Consultado o 20-01-2008.
- ↑ IAU, ed. (agosto do 2006). "The IAU draft definition of "planet" and "plutons"". Arquivado dende o orixinal o 09-01-2010. Consultado o 16-12-2009. (XXVI)
- ↑ Tancredi, G., & Favre, S. (2008) Which are the dwarfs in the Solar System?. Depto. Astronomía, Fac. Ciencias, Montevideo, Uruguay; Observatorio Astronómico Los Molinos, MEC, Uruguay. Consultado o 10-08-2011
- ↑ George Musser (13-10-2009). Scientific American blog, ed. "What do we really know about the Kuiper Belt? Fifth dispatch from the annual planets meeting". Arquivado dende o orixinal o 14-10-2009. Consultado o 13-10-2009.
- ↑ Ron Cowen (04-01-2009). ScienceNews, ed. "On the Fringe". Arquivado dende o orixinal o 07-01-2010. Consultado o 04-01-2010.
- ↑ Moitos TNOs son clasificados coma cubewanos polo MPC, mentres que están clasificados coma do disco disperso pola DES.
- ↑ "50000 Quaoar distance (AU) from Pluto". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2013. Consultado o 11-21-2008.
- ↑ Jewitt, D.C.; J. Luu (2004). "Crystalline water ice on the Kuiper belt object (50000) Quaoar". Nature 432 (7018): 731–3. Bibcode:2004Natur.432..731J. PMID 15592406. doi:10.1038/nature03111.. Refundido na web de Jewitt (pdf)
- ↑ Crystalline Ice on Kuiper Belt Object (50000) Quaoar – article about crystalline ice on Quaoar
- ↑ Trujillo; Brown; Barkume; Schaller; Rabinowitz; (2007). "The Surface of 2003EL61 in the Near Infrared". The Astrophysical Journal 655 (2): 1172. Bibcode:2007ApJ...655.1172T. doi:10.1086/509861. arxiv=astro-ph/0601618
- ↑ 29,0 29,1 Schaller, E.L.; M.E. Brown (2007). "Detection of Methane on Kuiper Belt Object (50000) Quaoar". The Astrophysical Journal Letters 670 (1): L49–L51. Bibcode:2007ApJ...670L..49S. arXiv:0710.3591. doi:10.1086/524140.
- ↑ Wm. Robert Johnston (25-11-2008). Johnston's Archive, ed. "(50000) Quaoar". Arquivado dende o orixinal o 11-04-2009. Consultado o 26-05-2009.
- ↑ Distant EKO The Kuiper Belt Electronic newsletter, March 2007
- ↑ "Heavenly Bodies and the People of the Earth" Arquivado 05 de xaneiro de 2009 en Archive.is, Nick Street, Search Magazine, July/August 2008
- ↑ MPC 67220
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Quaoar |
- Quaoar discoverers' webpageArquivado 08 de agosto de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
- Orbital simulation from JPL (Java) / Ephemeris (en inglés)
- Quaoar could have hit a bigger Pluto-sized body at high speeds (Video Credit: Craig Agnor, E. Asphaug) (en inglés)
- Data at Johnston's Archive (en inglés)
- Astronomers Contemplate Icy Volcanoes in Far Places – New York Times article (en inglés)
- Quaoar, the newest planet . . . or is it? – article in an Australian newspaper (en inglés)
- New Planet-Shaped Body Found in Our Solar System – article in National Geographic (en inglés)
- Volcanism possible on planet-like Quaoar – CNN.com (en inglés)
- Chilly Quaoar had a warmer past – Nature.com article (en inglés)
- Cryovolcanism on Charon and other Kuiper Belt Objects (en inglés)