Psettodes
Psettodes Linguados espiñosos | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pstttodes erumei | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||
|
Psettodes é un xénero, o único da familia dos psetódidos (Psettodidae) que, á súa vez, é a única da suborde dos psettoideos (Psettodoidei), da orde dos pleuronectiformes.[1]
Distribución
[editar | editar a fonte]Comprende tres especies de peixes planos moi primitivos, relativamente grandes, semellantes aos linguados, das que dúas habitan nas augas tropicais do Atlántico leste, ningunha no Mediterráneo ou no Atlántico europeo, e a terceira no Indo-Pacífico.[2]
Características
[editar | editar a fonte]Estes peixes están considerados como os máis primitivos da orde dos pleuronectiformes. Como todos os representantes destes peixes teñen o corpo asimétrico, con ambos os ollos nun só lado (á esquerda nesta familia), chamado lado ocular, mentres que ao outro lado do corpo é o chamado lado cego. Porén, nesta familia o ollo dereito non migra completamente durante o seu desenvolvemento, xa que se detén no bordo dorsal da cabeza.[2]
Son, por tanto, menos asimétricos que outros peixes planos.[3]
A boca é ampla e está equipada con dentes pequenos pero moi numerosos. A aleta dorsal comeza na parte posterior, detrás dos ollos, ao contrario que en case todos os outros peixes planos. A liña lateral é completa e está presente incluso no lado cego.[2]
Alcanzan lonxitudes de 55 a 80 cm.[4]
O seu nome común en inglés, spiny turbots (rodaballos espiñentos) débese á presenza de espiñas nas aletas dorsal e anais, o que podería indicar unha relación evolutiva cos perciformes.
Especies
[editar | editar a fonte]As especies actualmente recoñecidas neste xénero son:[4][5]
Xénero Psettodes
- Psettodes belcheri Bennett, 1831 - o linguado espiñoso de cola manchada.[6]
- Psettodes bennettii Steindachner, 1870 - o linguado espiñoso.[6]
- Psettodes erumei (Bloch & Schneider, 1801) - o linguado espiñoso do Índico.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Psettodes Bennett, 1831 no SIIT.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Froese, Rainer, and Daniel Pauly, eds. (2008): "Psettodidae" en FishBase.
- ↑ Chapleau, François & Amaoka, Kunio (1998), en Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., eds. Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5, pp. 223–224.
- ↑ 4,0 4,1 Froese, Rainer, and Daniel Pauly, eds. (2012): Species of Psettodes en FishBase.
- ↑ Psettodes Bennett, 1831 no WoRMS.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 83.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Psettodes |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Psettodidae no SIIT.
- Psettodidae na ADW.
- Psettodidae no NCBI.
- Psettodoidei na EOL.
- Psettodidae na EOL.