Saltar ao contido

Prudencia Grifell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPrudencia Grifell

(1904) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Prudencia María Victoria Grifell Masip Editar o valor en Wikidata
22 de decembro de 1876 Editar o valor en Wikidata
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de xuño de 1970 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Cidade de México Editar o valor en Wikidata
Causa da morteparada cardiorrespiratoria
artrite Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPanteón Jardín (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de televisión, actriz de teatro, actriz de cinema, humorista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1890 Editar o valor en Wikidata - 1970 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxePaco Martínez Editar o valor en Wikidata
FillosPepe Martínez, Maruja Grifell Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0341061 Allmovie: p208791
Find a Grave: 13197863 Editar o valor en Wikidata

Prudencia Grifell, nada en Lugo o 22 de decembro de 1879[1] e finada en Cidade de México o 7 de xuño de 1970, foi unha actriz e tiple cómica mexicana de ascendencia galega. Foi estrela do Teatro de revista en España e México, dende comezos do século XX até a década de 1920. Eventualmente, a unha idade avanzada, introduciuse no Cine mexicano na súa Época de Ouro e na televisión.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Prudencia Griffel foi filla do actor Antonino Grifell, natural de Cuba e de Josefa Masip, naceu nunha pensión situada no número 59 da Rúa Nova, e foi bautizada na Igrexa de San Pedro de Lugo.[2] Comezou a súa carreira como actriz de teatro en 1890, con só 11 anos, nunha zarzuela en Caracas, Venezuela, país onde se trasladou cos seus pais. Alí coñeceu o actor Paco Martínez (finado en 1956), casaron e regresaron a España no ano 1899 onde continuaron traballando. Tiveron cinco fillos, Pepito, Enrique, Amparo, Maruja e Dolores Martínez Grifell, todos actores.

Chegou a México no 1904 e durante tres anos cultivou grandes éxitos no teatro, tamén traballou en Cuba; foi tiple cómica e traballou en zarzuelas e operetas. Con Esperanza Iris e María Conesa formaron o grupo Las Tres Gracias, presentándose no Teatro Principal. No ano 1917 formou a súa propia compañía de teatro e participou en obras de diversos xéneros, como Amores y amoríos, Abuelita, tú también?, La garra, La malquerida ou Los árboles mueren de pie.[3] Fixo varias xiras teatrais por distintos países de América, visitou tamén Cuba xunto co seu esposo Francisco. Na súa compañía teatral desfilaron figuras como María Tereza Montoya, Esperanza Iris, María Conesa e Sara García, entre moitos outros.

En xaneiro de 1936 Prudencia Grifell e a súa filla Amparo actuaron en Albacete coa Compañía Dramática Guerrero-Díaz de Mendoza, nas obras El abanico de Lady Windermere, El caudal de los hijos, Una conquista difícil, La niña boba ou Buen maestro es amor, El perro del hortelano, La plancha de la marquesa e La ráfaga.

Logo sofre o exilio por mor da guerra civil española. Na década de 1940 debutou no cine interpretando personaxes de avoa. Fixo o seu debut neste medio en 1943, na cinta Internado para señoritas, con Mapy Cortés, Emilio Tuero e Katy Jurado. En 1969 Mauricio da Serna diríxea en ¿Por qué nací mujer?, sendo este o último filme que rodou Prudencia.

Na década de 1960, traballou en numerosas producións para a radio e a televisión, salientan o o clásico melodrama Corona de lágrimas (1965).

  1. Curiel Fernández, Manuel: Prudencia Grifell: unha lucense no cine de ouro mexicano. [¿Lugo?], 2005.
  2. Cabana, Darío Xohán (2006). Mulleres en Lugo, un paseo pola cidade (PDF). Concello de Lugo. p. 13-14. Arquivado dende o orixinal (maquetado para impresión) o 07 de marzo de 2017. Consultado o 05 de marzo de 2019. 
  3. Diccionario Enciclopédico de México, p. 778

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]