Primeira División do Uruguai
Nome na lingua orixinal | (es) Liga Profesional de Primera División |
---|---|
Tipo | liga de fútbol |
Organizador | Asociación Uruguaia de Fútbol |
Número de participantes | 16 |
Localización e Datas | |
País | Uruguai |
Vixencia | 1900 – |
Calendario da tempada | agosto – agosto – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | auf.org.uy… |
A Primeira División do Uruguai é o torneo mais importante do fútbol profesional no Uruguai, organizado pola Asociación Uruguaia de Fútbol. Aínda que o primeiro campionato ligueiro de fútbol neste país disputouse en 1900, até 1931 todos foron torneos de afeccionados. Foi a partir da edición de 1932 cando nace o profesionalismo no fútbol do Uruguai. A primeira división do campionato uruguaio de fútbol está dominada tradicionalmente por dous equipos, o Club Atlético Peñarol e o Club Nacional de Football, ámbolos dous da cidade de Montevideo. Os dous clubs manteñen unha rivalidade acérrima. O Peñarol acadou 47 títulos nas súas 109 participacións, mentres que o Nacional acadou 45 títulos en 110 tempadas.
O actual campión é o Nacional, que acadou o campionato tras gañar o Torneo Apertura e a Táboa Anual, e vencendo nun encontro final ó Peñarol, de xeito que gañou o título da tempada 2014-15.
Formato
[editar | editar a fonte]Dende a tempada 2005-06 o campionato xógase segundo o formato europeo, é dicir, comezando no segundo semestre do ano e rematando no primeiro semestre do ano seguinte. A pesar de que o campionato está dividido en dous torneos dende 1994 (Apertura e Clausura), 1 só dos 16 equipos participantes pode ser campión cada tempada. Cada torneo consta de 15 xornadas, xa que corresponde cunha volta completa segundo o sistema de liga europeo.
Para decidir o campión da tempada, despois dos 2 torneos lévanse a cabo a finais polo campionato, nas que se enfrontan como nunha semifinal os 2 campións dos 2 torneos, e logo o gañador fronte ó líder da táboa anual que resulta de sumar os puntos acadados nos torneos Apertura e Clausura. A "semifinal" é un único encontro, mentres que a final é a dobre encontro, con ida e volta.
Cando un equipo é o gañador dos 2 torneos, ese equipo é campión sen necesidade de xogar ningún encontro mais. No caso de que un equipo gañe un torneo, e outro equipo gañe o outro torneo e ademais sexa o líder da Táboa Anual, pódense dar 2 situacións:
- Equipo 1: Gañador Torneo 1 e Táboa Anual
Equipo 2: Gañador Torneo 2
Se na semifinal gaña o Equipo 1, xa non se disputa a final, xa que sería un enfrontamento consigo mesmo. O Equipo 1 é o campión directamente. - Equipo 1: Gañador Torneo 1 e Táboa Anual
Equipo 2: Gañador Torneo 2
Se na semifinal gaña o Equipo 2, tense que disputar a final, na que se volven a enfrontar os dous equipos; o Equipo 2 como gañador da semifinal, e o Equipo 1 como líder da Táboa Anual.
Equipos 2011-12
[editar | editar a fonte]Campións
[editar | editar a fonte]Era de afeccionados
[editar | editar a fonte]Torneos da Asociación Uruguaia de Fútbol
[editar | editar a fonte]Ano | Campión | Subcampión |
---|---|---|
1900 | CURCC | Albion |
1901 | CURCC | Nacional |
1902 | Nacional | CURCC |
1903 | Nacional | CURCC |
1904 | Non se xogou pola guerra civil. | |
1905 | CURCC | Nacional |
1906 | Montevideo Wanderers | CURCC |
1907 | CURCC | Montevideo Wanderers |
1908 | River Plate FC | Montevideo Wanderers |
1909 | Montevideo Wanderers | CURCC |
1910 | River Plate FC | CURCC |
1911 | CURCC | Montevideo Wanderers |
1912 | Nacional | CURCC |
1913 | River Plate FC | Nacional |
1914 | River Plate FC | Peñarol |
1915 | Nacional | Peñarol |
1916 | Nacional | Peñarol |
1917 | Nacional | Peñarol |
1918 | Peñarol | Nacional |
1919 | Nacional | Universal |
1920 | Nacional | Peñarol |
1921 | Peñarol | Nacional |
1922 | Nacional | Montevideo Wanderers |
1923 | Nacional | Rampla Juniors |
1924 | Nacional | Bella Vista |
1925 | Non se rematou o campionato por problemas internos. | |
1926 | A Asociación Uruguaia de Fútbol non organizou ningún torneo oficial. | |
1927 | Rampla Juniors | Peñarol |
1928 | Peñarol | Rampla Juniors |
1929 | Peñarol | Nacional |
1930 | Non se xogou por mor da Copa Mundial de Fútbol. | |
1931 | Montevideo Wanderers | Nacional |
Torneos da Federación Uruguaia de Foot-ball
[editar | editar a fonte]Ano | Campión |
---|---|
1923 | Atlético Wanderers |
1924 | Peñarol |
1925 | O torneo comezou pero non rematou. |
Torneo do Consello Provisorio
[editar | editar a fonte]Ano | Campión |
---|---|
1926 | Peñarol |