Saltar ao contido

Praha hlavní nádraží


Praha hlavní nádraží
Praha hlavní nádraží dende o parque
O antigo hall Art Nouveau como café en outubro do 2005 (o café só existiu ata setembro do 2012).
A antiga entrada principal, actualmente entrada ao Café Fanta (Fantova Kavárna).

A Praha hlavní nádraží (en galego Estación Principal de Praga, abreviada como Praha hl.n) é a estación máis grande e importante de Praga (República Checa).

A estación foi aberta en 1871 baixo o nome Franz Josef Station en homenaxe ao Arquiduque Francisco Xosé. Durante a Primeira República e entre 1945 e 1953 a estación foi chamada Wilsonovo nádraží (en galego Estación Wilson) en honor ao Presidentes dos Estados Unidos de América Woodrow Wilson. A súa estatua permaneceu no parque en fronte da estación ata a súa destrución polas autoridades alemás cando os Estados Unidos tomaron parte na Guerra en 1941.[1] A nova estatua de Woodrow Wilson atópase agora no lugar (2012). No 2010, na estación operaron 132.560 trens e por ela pasaron 22 millóns de pasaxeiros.[2]

O edificio Art Nouveau da estación e o vestíbulo da estación foron construídos entre 1901 e 1909, sendo deseñados polo arquitecto checo Josef Fanta, no lugar da antiga estación neorrenacentista. A estación foi ampliada cunha nova terminal construída entre 1972 e 1979, incluíndo a estación de metro e unha rúa principal no teito da terminal. A construción da nova terminal requiriu da utilización de boa parte do parque, e a construción da rúa cortou o vestíbulo neorrenacentista da estación á cidade. No 2011 rematou unha nova remodelación da estación por parte da empresa italiana Grandi Stazioni,[3] que a alugou por espazo de 30 anos dende 2002.[4]

Servizos de longa distancia

[editar | editar a fonte]

A estación é un importante centro de transportes internacional, contando con servizos a Alemaña (Munich/Nuremberg, Bavaria-Bohemia RE (Regio-Express) e servizos de EuroCity/EuroNight a Berlín, Dresden e Hamburg); Polonia, Eslovaquia, Austria, Hungría, Suíza, Países Baixos, Serbia, e Croatia no verán. As liñas son operadas por trens express, así como por trens Pendolino ČD Class 680.

Servizos nacionais

[editar | editar a fonte]

Ademais das liñas internacionais, da Estación Principal de Praga saen trens cara ás principais cidades checas como Brno, Plzeň, České Budějovice e Olomouc.

Servizos de proximidades

[editar | editar a fonte]

Á Estación Principal chegan a meirande parte das liñas de Esko Prague que non son operados na próxima Praha Masarykovo nádraží.

Transporte urbano

[editar | editar a fonte]

A estación conta cunha estación da Liña C Metro de Praga, así como numerosas liñas de tranvía fora da estación.

Entrada principal (antes da reconstrución)
  1. Wilson monument to be restored to Prague 70 years after being torn down by Nazis en Radio Prague (30 de abril de 2009)
  2. "Ročenka dopravy Praha 2010" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de marzo de 2012. Consultado o 21 de marzo de 2012. 
  3. Czech station lease signed Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine. en Railway Gazette International (1 de febreiro de 2004)
  4. Presidential opening for Praha Hlavní Arquivado 02 de febreiro de 2020 en Wayback Machine. en Railway Gazette International (29 de maio de 2011)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]