Polimíxidos
Polimixíidos (Polymixiidae) Barbudos | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Barbudo (Polymixia nobilis) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
A dos polimíxidos ou, respectando a prosodia latina, polimixíidos (Polymixiidae), é unha familia de peixes mariños teleósteos, a única da orde dos polimixiformes (Polymixiiformes) que, á súa vez, é a única da superorde dos polimixiomorfos (Polymixiomorpha) —agás un pequeno grupo incertae sedis—.
Distribúense por zonas tropicais e subtropicais dos océanos Atlántico, Índico e oeste do Pacífico, onde viven a profundidades entre os 180 e os 640 m.[1]
Teñen o corpo moderadamente longo e comprimido, cunha lonxitude máxima de 38 cm,[1] e cun par de barbas no hioide, moi característico, do que toman o seu nome común de barbudos.
A aleta dorsal esténdese de forma continua polo dorso, con 4-6 raios espiñosos e 26-38 raios brandos. A aleta anal curta.
Clasificación: xéneros e especies
[editar | editar a fonte]Existen na actualidade dez especies, todas elas do mesmo xénero, pois os outros catro xéneros están extinguidos:
- Superorde Polymyxiomorpha
- Orde Polymixiiformes
- Familia Polymixiidae
- Xénero Polymixia (Lowe, 1838)
- Polymixia berndti (Gilbert, 1905)
- Polymixia busakhini (Kotlyar, 1992)
- Polymixia fusca (Kotthaus, 1970)
- Polymixia japonica (Günther, 1877)
- Polymixia longispina (Deng, Xiong e Zhan, 1983)
- Polymixia lowei (Günther, 1859)
- Polymixia nobilis (Lowe, 1838)
- Polymixia salagomeziensis (Kotlyar, 1991)
- Polymixia sazonovi (Kotlyar, 1992)
- Polymixia yuri (Kotlyar, 1982)
- Xénero Berycopsis †
- Xénero Dalmatichthys †
- Xénero Omosoma †
- Xénero Omosomopsis †
- Xénero Polymixia (Lowe, 1838)
- Familia Polymixiidae
- Orde Polymixiiformes
- Polymyxiomorpha incertae sedis:
- Orde Ctenothrissiformes
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Polimíxidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Polimíxidos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fiedler, Kurt (1991): Lehrbuch der Speziellen Zoologie. Band II, Teil 2: Fische. Jena: Gustav Fischer Verlag. ISBN 3-334-00339-6.
- Nelson, J. S. (1994): Fishes of the World. Terceira edición. Nova York: John Wiley & Sons Inc. ISBN 0-471-54713-1.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Polymixiidae en ITIS (en inglés) Consultada o 09/04/2020.
- FishBase Polymixiiformes (en inglés) Consultada o 13/11/2012.
- FishBase Polymixiidae (en inglés) Consultada o 13/11/2012.