Saltar ao contido

Pobo chopi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo chopi
Poboación
Poboación total:
800 000
Rexións principais:
Provincia de Inhambane Mozambique Mozambique760 000 (2014)[1]
Aspectos culturais
Linguachopi, portugués
RelixiónAnimismo, Cristianismo

O pobo chopi é un grupo étnico do sur de Mozambique, principalmente nos distritos de Zavala e Inharrime, ambos na provincia de Inhambane. Este pobo viviu tradicionalmente da agricultura de subsistencia, porén moitos abandonaron a súa terra natal para mudarse ás cidades.

Descrición

[editar | editar a fonte]

O pobo chopi ten lingua propia, un idioma pertencente á familia de linguas bantús, non obstante moitos falan en lingua guitonga e en portugués como linguas secundarias[1]. Entre os pobos veciños atópanse os changana, un grupo do pobo tsonga que viven no suroeste, na provincia de Gaza, e que invadiron o territorio chopi no século XIX. Moitos emigraron a Suráfrica en busca de traballo. Historicamente, algúns chopi foron escravizados[2].

Os chopi son coñecidos internacionalmente polo instrumento musical mbila e a danza asociada, unha manifestación cultural considerada pola Unesco Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. Os chopi identifícanse culturalmente, como pobo, co elefante[3].

  1. 1,0 1,1 "Chopi". Ethnologue Languages of the World. Consultado o 2-1-2017. 
  2. Harries, Patrick (2007). Butterflies & Barbarians: Swiss Missionaries & Systems of Knowledge in South-East Africa (en inglés). p. 111. Consultado o 4-1-2017. 
  3. Cassimally, San (2016). "Capítulo 2: Inhambane". Magnetite (en inglés). Consultado o 4-1-2017.