Saltar ao contido

Pirro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pirro de Epiro»)
Modelo:BiografíaPirro

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Πύρρος Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento318 a. C. Editar o valor en Wikidata
Reino de Epiro Editar o valor en Wikidata
Morte272 a. C. Editar o valor en Wikidata (45/46 anos)
Argos (Grecia Antiga) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate Editar o valor en Wikidata
Estratego
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, militar Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaAeacidae (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAntigona do Épiro
Lanassa
Bircenna Editar o valor en Wikidata
FillosAlexandre II de Épiro
 () Lanassa
Heleno
 () Lanassa
Ptolemeu (filho de Pirro)
 () Antigona do Épiro
Olímpia II de Épiro
 () Antigona do Épiro Editar o valor en Wikidata
PaisEácides I de Epiro Editar o valor en Wikidata  e Fítia Editar o valor en Wikidata
IrmánsDeidamia Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Enciclopedia militar Sytin
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1281191

Pirro (en grego, Πυρρος: "cor de fogo", "rubio"; en latín, Pyrrhus), nado en 318 a.C. e finado en 272 a.C. foi rei de Epiro e de Macedonia, célebre por ser un dos principais opositores a Roma. Era fillo de Eácida de Epiro, e pai de Alexandre II de Epiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xuventude

[editar | editar a fonte]

A infancia e xuventude de Pirro foron bastante atribuladas. Tiña só dous anos de idade cando o seu pai foi destronado. Máis tarde, aos dezasete anos de idade, os epirotas chamárono para gobernar, mais Pirro acabou por ser destronado novamente. Nas guerras entre os diádocos, trala división do imperio de Alexandre o Grande, tomou parte polo seu cuñado Demetrio I de Macedonia e loitou ao seu lado na batalla de Ipso (301 a.C.). Máis tarde, volveuse refén de Ptolomeo I de Exipto, nun acordo entre este e Demetrio. Pirro casou con Antígona, filla de Ptolomeo I. En 297 a.C. restaurou o seu reino en Epiro. Deseguida, declarou a guerra a Demetrio, o seu antigo aliado. En 286 a.C. depuxo o seu cuñado e tomou o control do reino de Macedonia. Dous anos despois, porén, o seu ex-aliado Lisímaco expulsouno de Macedonia.

Campaña militar en Italia

[editar | editar a fonte]
Pirro cos seus elefantes de combate.

En 281 a.C., a cidade grega de Tarento, no sur da Península Itálica, foi tomada ao asalto polos romanos. A derrota dos tarentinos parecía correcta. Na altura, Roma xa crecera suficientemente para partir á conquista con éxito da Magna Grecia, ou Italia do Sur. O pobo de Tarento non tivo outra solución que non pedir o auxilio de Pirro.

Pirro foi incitado a axudar os tarentinos por influencia do oráculo de Delfos. As súas pretensións, no entanto, ambicionaban máis. Pirro arelaba forxar un imperio en Italia. Para iso, fíxose aliado do rei Ptolomeo de Macedonia e o seu veciño máis poderoso e chegou a Italia en 280 a.C.

A súa forza militar era extraordinaria: 3000 cabaleiros, 2000 arqueiros, 500 tirafondeiros, 20 000 tropas de infantaría e 19 elefantes de guerra. Con ela, o obxectivo de Pirro era non só evitar a conquista de Tarento polos romanos, senón subxugalos.

Caricatura que retrata a chegada de Pirro e as súas tropas á Península Itálica.

Debido á superioridade da súa cabalaría e dos seus elefantes, derrotou os romanos na batalla de Heraclea.[1] Os romanos perderon cerca de 7000 homes, mentres que Pirro perdeu 4000. Aínda que o número de baixas fose alto, a Batalla de Heraclea non adoita ser considerada unha vitoria de Pirro. Desde esta vitoria, varias tribos e as cidades gregas de Crotona e Locris Epicefiria xuntáronse a Pirro. Este ofreceu aos romanos un tratado de paz, que foi rapidamente rexeitado. Pirro pasou o inverno na Campania.[2]

Cando Pirro invadiu Puglia (279 a.C.) os dous exércitos enfrontáronse na batalla de Ásculo onde Pirro obtivo unha vitoria moi a custo. Os romanos perderon 6000 homes e Pirro perdeu 3500. Foi un duro golpe no exército de Pirro, que non aguantaría outro enfrontamento semellante contra os romanos.

Campaña militar en Sicilia

[editar | editar a fonte]
Ruta de Pirro

En 278 a.C., no medio de dificultades e inquedanzas, Pirro viuse diante de novas empresas e novas esperanzas que se lle ofrecían. Dun lado, chegaron de Sicilia embaixadores que lle propuxeron colocar nas súas mans as cidades de Agrigento, Siracusa e Leontinos, pedindo ao mesmo tempo que axudase a expulsar os cartaxineses da illa e a liberala dos seus tiranos. Doutro lado, mensaxeiros vindos da Grecia trouxéronlle a noticia de que Ptolomeo o Raio, morrera nunha batalla contra os galos, e de que o seu exército fora desbaratado, xurdindo así unha ocasión das máis favorábeis para presentarse aos macedonios, que necesitaban dun rei. Pirro maldixo entón a fortuna, que lle presentaba ao mesmo tempo dúas oportunidades para facer grandes cousas; e vendo con pesar que non podía optar por unha sen perder a outra, dubidou durante moito tempo antes de facer a escolla.

Finalmente, as dificultades de Sicilia parecéronlle moito máis importantes, por motivo da proximidade de África, decidíndose entón por este emprendemento. Así, tras tomar tal resolución, enviou a Cíneas, segundo adoitaba facer, ás cidades da illa, a fin de establecer negociacións. Entrementes, a gornición que colocara na cidade de Tarento, a fin de mantela submisa, provocara gran descontento entre os seus habitantes. Estes mandáronlle dicir que, ou el permanecía no país para sustentar a guerra contra os romanos, de acordo co compromiso asumido ao dirixirse á cidade, ou, no caso de que decidise abandonar Italia, que deixase Tarento na situación en que a atopara. Pirro, porén, respondeulles secamente, dicíndolles que non lle falasen máis do asunto, que esperasen por unha oportunidade. E, dada esta resposta, seguiu cara a Sicilia, onde viu, logo da chegada, todas as súas esperanzas realizadas. Efectivamente, as cidades apresuráronse a entregarse, e, en todos os lugares onde tivo que empregar a forza, non encontrou ningunha resistencia seria. Cun exército de trinta mil homes de infantaría e dous mil cincocentos cabaleiros, e unha armada de douscentos navíos, foi expulsando por toda parte os cartaxineses e conquistando as rexións que estaban baixo o seu dominio.

O exército de Pirro ataca Lilybaeum.

A cidade de Erix, entre as que os cartaxineses conservaban baixo o seu poder, era a dotada de mellores fortificacións, e a que contaba cun maior número de defensores. En 277 a.C., Pirro decidiu ocupala pola forza. Cando todo estaba preparado para o asalto, tomou todas as súas armas, e, ao aproximarse á cidade, prometeu a Hércules un sacrificio solemne na súa homenaxe no caso de que lle concedese a graza de mostrarse, aos ollos dos gregos que vivían en Sicilia, digno do seu nacemento e dos grandes recursos de que dispuña. Feito este voto, ordenou que soasen as trompetas, dando o sinal do ataque. Case todos os cartaxineses que se atopaban sobre as murallas retiráronse logo das primeiras frechas. Foron axiña colocadas as escaleiras, sendo el o primeiro a subir. No alto da muralla un grupo de inimigos afrontouno. Atacándoos, forzou uns a se lanzaren de ambos os lados da muralla, e abateu outros a golpes de espada, sen que recibise ningunha ferida. Parecía tan terríbel aos cartaxineses, que estes non ousaban ollalo de fronte e sustentar o seu ollar. Trala ocupación da cidade, fixo a Hércules un sacrificio magnífico e promoveu festas con xogos e combates de todas as especies.

Había nas inmediacións de Messina a nación dos mamertinos, que causaban grandes tribulacións aos pobos gregos, obrigando mesmo algúns deles a lles pagaren impostos e tributos. Este pobo, numeroso e aguerrido, debían ao seu valor a denominación de mamertinos, que, en latín significa "marciais". Pirro liderou as súas forzas contra eles e derrotounos nun reñido combate, arrasando varias das súas fortalezas. Alén diso, mandou matar todos os que entre eles se encargaban de recadar os impostos. Os cartaxineses, que desexaban facer as paces con Pirro, ofrecéronlle, como proba de amizade, prata e navíos; con todo, díxolles que había un único medio de establecer a paz: a evacuación de toda Sicilia, de modo que o mar de África pasase a constituír a zona de separación entre os gregos e eles. Os éxitos alcanzados e a confianza que depositaba nas súas forzas impelíano a facer realidade as esperanzas que o levaran a Sicilia e aspirou, entón, á conquista de África. Para levar a efecto esta vasta empresa posuía un número suficiente de navíos, mais faltábanlle mariñeiros e remadores. Non obstante, para obtelos das cidades, en vez de actuar con habilidade e brandura, pasou a tratalas con excesivo rigor, castigando con severidade os que non obedecían as súas ordes. Non actuara dese modo na chegada, senón que soubera entón conquistar a xente dirixindo palabras cativantes a todos, mostrándose confiado e non ofendendo ninguén. Porén, transformándose de súpeto de príncipe popular en tirano violento, adquiriu a reputación de home ingrato e pérfido. Non obstante, por máis descontentos que estivesen, cedían á necesidade e fornecíano de todo aquilo que lles esixía.[3]

En 276 a.C., o comportamento despótico de Pirro comezou a facer que a poboación se descontentase co rei. Aínda que Pirro continuaba a levar á vitoria as guarnicións cartaxinenses, acabou por ter que abandonar Sicilia, regresando a Italia.

Regreso a Italia e a Grecia

[editar | editar a fonte]
Morte de Pirro.

Cando regresou, trabou a batalla de Benevento (275 a.C.), na Italia do Sur. Desta vez, non se tratou dunha vitoria pírrica sequera.

Pirro abandonou a campaña en Italia e regresou ao Epiro. A pesar de que a súa campaña no occidente desbastase gran parte do seu exército e da súa riqueza, Pirro lanzouse á guerra: atacou o rei Antígono II, vencéndoo facilmente, e apoderouse do trono macedonio.

En 272 a.C., Cleónimo, un espartano de sangue real, mais odiado en Esparta, pediu a Pirro que atacase a cidade e o puxese no poder. Pirro concordou, mais pretendía ficar co control do Peloponeso para si mesmo. Inesperadamente, Esparta ofreceu resistencia que se enfrontou á súa tentativa de asalto. Logo xurdiu a oportunidade de intervir nunha disputa cívica en Argos. Entrando na cidade co seu exército ás agachadas, Pirro acabou por ser collido nunha confusa batalla nas rúas estreitas da cidade. Durante a confusión, unha anciá que observaba dende o tellado lanzou unha tella contra Pirro, que caeu atordoado, permitindo que un soldado arxivo o matase (algunhas fontes din que Pirro foi envelenado por un servo).

Por ser un home impresionantemente belicoso e un líder infatigábel, aínda que non fose un rei propiamente sabio, Pirro foi considerado un dos mellores xenerais militares do seu tempo. Haníbal considerouno o segundo mellor despois de Alexandre Magno. Pirro era tamén coñecido por ser moi benevolente. Como xeneral, as maiores fraquezas políticas de Pirro eran a falta de concentración e o gasto excesivo de diñeiro (gran parte dos seus soldados eran mercenarios moi custosos).

O seu nome volveuse famoso pola expresión "vitoria pírrica",[4] referida á vitoria na batalla de Ásculo. Cando lle deron os parabéns pola vitoria conseguida a custo, dise que respondeu con estas palabras: "Unha vitoria máis como esta, e estou perdido".

Pirro escribiu as súas memorias e varios libros sobre a arte da guerra. Os escritos perdéronse, mais sábese que foron usados por Haníbal[5] e eloxiados por Cicero.[6]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]