Saltar ao contido

Piromanía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Piromanía
Clasificación e recursos externos
Rapaz provocando un pequeno lume.
ICD-10F63.1
ICD-9312.33
MeSHD005391
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A piromanía[1] (do grego πυρός pyrós, "lume" e μανία teima "tolemia") segundo o DSM-V, é un trastorno do control dos impulsos relacionado coa provocación de incendios e a atracción polo lume.[2][3][4] Ó suxeito que padece piromanía denomínaselle pirómano.

O pirómano non debe ser confundido co incendiario que é aquela persoa que intencionadamente decide provocar incendios con premeditación, con ánimo de lucro ou simplemente por facer dano.

A piromanía forma parte da lenda urbana da tríada psicopática, xuntamente coa enurese e os malos tratos animais.[5]

Sintomatoloxía

[editar | editar a fonte]

Os síntomas adoitan comezar coa atracción ó lume cando son nenos e adolescentes. A piromanía se se dá en adultos pode ser crónica ou episódica, provocando incendios con frecuencia como un xeito de aliviar a súa tensión, ou fano só durante os períodos de tensión infrecuente nas súas vidas.[6]

Estatísticas

[editar | editar a fonte]

A piromanía é unha desorde mental moi rara, e os pirómanos representan unha moi pequena proporción das admisións nos hospitais psiquiátricos.[7][8]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para piromanía.
  2. "PSICOMED - CIE 10". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2018. Consultado o 23 de outubro de 2017. 
  3. "Diagnostic criteria for 312.33 Pyromania". Consultado o 23 de outubro de 2017. 
  4. "Pyromania DSM-5 312.33 (F63.1)". Consultado o 23 de outubro de 2017. 
  5. Candice, Skrapec; Kori. "The Macdonald Triad: Persistence of an Urban Legend". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2017. Consultado o 23 de outubro de 2017. 
  6. Bofill Moscardó, I.; Fernández Corchero; Villegas Briz; García del Moral; Hijano Bandera. "Psiquiatría infantil: patología prevalente en Atención Primaria, abordaje y tratamiento" 12. ISSN 1139-7632. Consultado o 23 de outubro de 2017. 
  7. "The arsonist's mind: part 2 - pyromania". 1 de marzo de 2005. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2006. Consultado o 15 de xuño de 2006. 
  8. "La piromanía, un trastorno que solo padece el 3% de los que inician un fuego deliberadamente". 20minutos.es. Consultado o 23 de outubro de 2017.