Patrick Gaillard
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de febreiro de 1952 (72 anos) París, Francia |
Actividade | |
Ocupación | piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Patrick Gaillard, nado en París o 12 de febreiro de 1952, é un expiloto de carreiras francés. Participou en 5 Grandes Premios do Mundial de Fórmula 1, debutando o 1 de xullo de 1979. Non logrou puntos de campionato.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Logo de realizar un bo traballo na Fórmula Renault e na Fórmula 3, Gaillard mudouse para a Fórmula 2 en 1979, o mesmo ano que pilotou para Ensign na Fórmula 1. O Ensign N179 non era un bo coche e Gaillard tivo dificultades en varias ocasións, e non puido clasificarse tres veces de cinco intentos, antes de ser despedido en favor de Marc Surer.
En 1980 Gaillard regresou a Ensign para o Gran Premio de España de 1980 e terminou nun sexto lugar de pago de puntos, o último dos seis coches que terminaron a carreira, cinco voltas por detrás. Con todo, o resultado non contou porque esta carreira foi posteriormente eliminada do campionato debido á guerra FISA-FOCA (o organismo deportivo da F1 contra os fabricantes da F1), facendo que o único punto de Gaillard fose anulado.
Posteriormente pilotou na Fórmula 2, CanAm, e automóbiles deportivos, incluíndo as 24 Horas de Le Mans antes de retirarse. Máis tarde converteuse en instrutor de carreiras.
Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1979 | Team Ensign | Ensign N179 | Cosworth V8 | ARX | BRA | RSA | USW | ESP | BEL | MON | FRA NSC |
GBR 13 |
ALE NSC |
AUT Ret |
NED NSC |
ITA | CAN | USA | NC | 0 |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patrick Gaillard |