Saltar ao contido

Passau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPassau
Vista aérea
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 48°34′29″N 13°27′40″L / 48.5748229, 13.4609744
EstadoAlemaña
Estado federadoBaviera
Distrito rexionalBaixa Baviera Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación54.401 (2023) Editar o valor en Wikidata (782,07 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie69,56 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Danubio, Río Inn e Ilz Editar o valor en Wikidata
Altitude312 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoJürgen Dupper (2008–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal94032, 94034, 94036 e 94001 Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico0851 Editar o valor en Wikidata
Código NUTSDE222 Editar o valor en Wikidata
Clave de rexión en Alemaña092620000000 Editar o valor en Wikidata
Número de municipio alemán09262000 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webpassau.de Editar o valor en Wikidata
Facebook: StadtPassau Instagram: stadt.passau Youtube: UCPZiNn5V5ZB1hONKTeD7CxQ Editar o valor en Wikidata

Passau é unha cidade bávara nas ribeiras do Danubio e na fronteira con Austria. É denominada a cidade dos tres ríos porque ademais do Danubio atravésana os ríos Inn e Ilz. Segundo o censo de 2007 conta con máis de 50000 habitantes. A cidade vella (Altstadt) está bordeada polos ríos Danubio e Inn. O conxunto do termo municipal ten unha extensión de aproximadamente 70 km². Alexander von Humboldt, xeógrafo e etnógrafo alemán do século XVIII, considerábaa unha das cidades máis fermosas de Europa.

Tense constancia de asentamento de poboación no territorio onde está actualmente a cidade desde antes da chegada dos romanos. Os romanos construíron o castelo de Boiotro e integraron o territorio á provincia de Recia ata o ano 476 en que abandonaron a rexión. En 739 pasou a ser sede episcopal. Desde 1217 ten os privilexios de cidade episcopal de bispo-príncipe (Fürst) e no ano 1225 adquiriu categoría de cidade.

Passau é o lugar da orixe do Ausbund, o libro de cantos protestantes máis antergo e que aínda empregan hoxe en día os Amish nas súas liturxias. Este libro foi escrito entre 1535 e 1540 polos chamados Bautistas que foran presos na fortaleza da cidade e que despois da súa morte foron considerados mártires.

A cidade foi reconstruída baixo o mandato de arquitectos italianos despois do incendio de 1662, que a destruíu case totalmente. De aí vén a súa arquitectura barroca e que reclamen para si unha certa atmosfera mediterránea que a diferencia das cidades da súa contorna. É desde o ano 1803, e no contexto das guerras napoleónicas, pasa a formar parte de Baviera.

Debido aos tres ríos que a atravesan ten sido asolagada polas enchentes destes ríos e varias ocasións. A máis grave no ano 1954 aínda que no ano 2002 tiveron outro asolagamento importante.

Na historia recente da cidade está marcada como feito sinalado a fundación en 1978 da súa universidade. A máis recente das existentes en Baviera. Conta con 8000 estudantes, repartidos en cinco facultades: Teoloxía, Leis, Ciencias Económicas, Informática, Matemáticas e Filosofía. Debido a que o 12% dos estudantes son estranxeiros pola cantidade de convenios internacionais que asinou a universidade a cidade adquiriu carácter cosmopolita. A cidade experimentou un grande cambio desde a fundación da universidade que ten un peso importante tanto a nivel demográfico así como dinamizador cultural.