Paleodictiópteros
Paleodictiópteros Palaeodictyoptera Rango fósil: Carbonífero – Pérmico 318 - 251 Ma | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ilustración das especies Stenodictya lobata, Gerarus longicollis, Dieconeura arcuata e Eubleptus danielsi | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
|
A dos paleodictiópteros (Palaeodictyoptera) é unha orde extinta de insectos primitivos paleópteros do Paleozoico.
Características
[editar | editar a fonte]De tamaño de mediano a moi grande, estaban caracterizados polas súas mandíbulas en forma de bico, as ás anteriores e posteriores similares, e un par adicional de aletas (lóbulos paranotais) no protórax, diante do primeiro par de ás. A venación das ás era frecuentemente moi marcada, e incluso poden observarse os seus padróns de coloración. Algunhas especies alcanzaron grandes tamaños, como é o caso de Mazothairos, cunha envergadura de 55 cm.[1]
Palaeodictyoptera non é un clado, senón unha agrupación parafilética basal dos paleodictiopteroideos, que deron orixe a outras ordes de insectos.
Viviron entre o Carbonífero Medio (Silúrico Tardío) e o Pérmico Tardío.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hoell, H. V., Doyen, J. T. & Purcell, A. H. (1998). Introduction to Insect Biology and Diversity, 2nd ed. Oxford University Press. p. 321. ISBN 0-19-510033-6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carpenter, Frank. M. (1992): "Superclass Hexapoda. Volume 3 of Part R, Arthropoda 4" en Treatise on Invertebrate Paleontology, Boulder, Colorado: Geological Society of America.
- Grimaldi, David & Engel, Michael S. (2005). Evolution of the Insects. Cambridge University Press. ISBN 0-521-82149-5.
- Rasnitsyn, Alex P. & Quicke, Donald L. J. (2002). History of Insects. Kluwer Academic Publishers. ISBN 1-4020-0026-X.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Paleodictyoptera Arquivado 07 de xuño de 2020 en Wayback Machine. no Proxecto The Tree of Life.