Saltar ao contido

Países Baixos austríacos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPaíses Baixos austríacos

Localización
Editar o valor en Wikidata
CapitalCoop of Brussels (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua usadalingua neerlandesa Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1714 Editar o valor en Wikidata
Disolución1795 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernogobernorato Editar o valor en Wikidata
MoedaAustrian Netherlands kronenthaler (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Denomínanse Países Baixos austríacos ao conxunto de territorios dos Países Baixos españois cedidos por España a Austria tras o tratado de Utrecht en 1714, que formaban parte do Sacro Imperio Romano Xermánico, até a anexión destes por Francia en 1795.

Guerra de Sucesión Española

[editar | editar a fonte]

Á morte do rei de España Carlos II, o rei de Francia Lois XIV proclamou o seu neto Filipe de Anjou como Filipe V, de acordo co testamento do rei defunto; pero a súa política expansiva provocou o temor en Europa, o que orixinou a Guerra de Sucesión Española, na que gran parte dos Países Baixos foron conquistados polas forzas da Gran Alianza da Haia a partir da batalla de Ramillies.[1]

Tratado de Utrecht

[editar | editar a fonte]

Dado que o elector de Baviera Maximiliano II perdera os seus territorios bávaros tras a batalla de Höchstädt, e o subseguinte tratado de Ilbersheim, o rei Lois XIV convenceu ao seu neto Filipe V para que cedera os Países Baixos ao elector desposuído de Baviera,[2] o que fixo o 22 de xuño de 1711,[3] e volveu confirmar o 2 de xaneiro de 1712.[2]

Tras a Guerra de Sucesión, nos tratados de Utrecht e Rastadt-Baden,[4] o rei de Francia perdeu Tournai, Furnes, Ypres, Menin e recuperou Lille, Aire, Béthune, Orchies e Saint Venant,[5] mentres que o elector de Baviera recuperaba o seu electorado e os Países Baixos volvían á soberanía dos arquiduques de Austria, isto é, reintegrábanse de novo á Casa de Habsburgo, e os territorios pasaron a denominarse Países Baixos austríacos.

Período austríaco

[editar | editar a fonte]

Durante o período austríaco levouse a cabo un labor centralizador, que derivou na implantación do francés como lingua da administración, pero tamén se produciu un auxe industrial e das artes e as ciencias.

Porén, a política centralizadora do emperador Xosé II en contra dos antigos privilexios levou á rebelión xeral en 1788, a Revolución brabanzona, que —como dous séculos antes— se declararon independentes e formaron os Estados Unidos de Bélxica (11 de xaneiro de 1790), nunha declaración asinada por Brabante, Güeldres, Flandres, Flandres Occidental, Hainaut, Namur, Tournai, Tournaisis e Malinas, pero non Luxemburgo.[6] A finais de 1790, o poder imperial restaurouse co emperador Leopoldo II.

Anexión a Francia

[editar | editar a fonte]

En 1792, durante as Guerras Revolucionarias Francesas, o exército revolucionario francés venceu o austríaco na batalla de Jemappes e conquistou os territorios dos Países Baixos meridionais, pero a vitoria austríaca en Neerwinden en 1793 puxo en retirada o exército francés.

Finalmente os franceses obtiveron en 1794 a vitoria na batalla de Fleurus, e os austríacos retiráronse de novo dos Países Baixos.

O 1 de outubro de 1795, a Convención Nacional francesa anexionou os Países Baixos e o Bispado de Liexa.[7] A perda dos territorios foi recoñecida por Austria no tratado de Campo Formio, o 17 de outubro de 1797 (día 26 de Vendimario, ano VI da República Francesa).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bergeon, Louis; François Furet e Reinhart Koselleck (1976): Historia Universal 26. La época de las Revoluciones Europeas. 1780-1848. Ed. Siglo XXI de España. ISBN 978-84-323-0219-0.
  • Blanning, T .C. W. (1996): The French Revolutionary Wars 1787-1801. Hodder Education Publishers. ISBN 978-0-340-64533-4.
  • Castex, Jean-Claude (2010): Histoire des relations diplomatiques franco-anglaises durant la Guerre de Succession d'Espagne. Les Éditions du Phare-Ouest. ISBN 978-2-9216-6807-1.
  • Hasquin, Hervé (2007): Joseph II: Catholique anticlérical et réformateur impatient: 1741-1790. Racine Lannoo. ISBN 978-2-8738-6507-8.
  • Libert, Louise-Marie (2005): Dames de pouvoirs: Régentes et gouvernantes des anciens Pays-Bas. Racine Lannoo. Les racines de l'histoire. ISBN 978-2-8738-6403-3.
  • Pirenne, Henri (1926): Histoire de Belgique. Volume V.
  • Van Wie, Paul D. (1999): Image, History, and Politics: The Coinage of Modern Europe. University Press of America, Inc. ISBN 978-0-7618-1221-0.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]