PYMAR
PYMAR | |
---|---|
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1985 |
Localización | Avda. Cardenal Herrera Oria, 57 28034 Madrid España |
Persoas clave | Álvaro Platero Díaz (Presidente) |
Industria | Naval |
Produtos | Buques |
[ editar datos en Wikidata ] |
PYMAR (Pequeños y Medianos Astilleros en Reconversión) é unha Sociedade Anónima constituída en 1985 por estaleiros privados españois para defender os intereses da construción naval privada en España e en Europa, ten sede en Madrid.
A asociación está constituída por 19 estaleiros privados e traballa en coordinación co Estado Español e as comunidades autónomas con industria naval. En 2017 os estaleiros asociados a PYMAR asinaron 35 contratos para a construción de buques por un total de 832 millóns de euros, o 60% dos cartos en estaleiros galegos.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A asociación xurdiu como un Fondo Patrimonial de Garantías. Os estaleiros e algunhas administracións, podían facilitar avais por un valor sete veces superior aos fondos reais que tiñan depositados nas contas. O fondo foi disolto en 2011 cunhas perdas de 320 millóns de euros.[2] Naval Gijón e Astilleros de Huelva, con máis de 150 millóns, Astilleros de Sevilla 60 millóns, Construcciones Navales Juliana 100 millóns, Vulcano 62 millóns, Factoría Naval de Marín 57 millóns e o desaparecido estaleiro vigués M. Cíes.
En 2016 conseguiron gañar os recursos contra o tax lease.
Membros de PYMAR
[editar | editar a fonte]- Astilleros José Valiña
- Nodosa S.L.
- Factorías Vulcano, S.A.
- Construcciones Navales P. Freire, S.A.
- Astilleros Cardama
- Hijos de J. Barreras, S.A.
- MetalShips & Docks
- Astilleros Gondán, S.A.
- Astilleros Armón, S.A. (Navia, Xixón, Vigo)
- Astander
- Astilleros de Mallorca
- Zamakona Yards (Bilbao, Pasaia e illas Canarias)
- Astilleros de Murueta (Murueta e Erandio)
- Astilleros Balenciaga
- Construcciones Navales del Norte
- Astilleros Canarios, S.A. (ASTICAN)
Mellor buque construído en España
[editar | editar a fonte]Dende 2009 a Asociación de Ingenieros Navales y Oceánicos de España (AINE) entrega o premio ao mellor buque construído en España.[3]
Ano | Buque | Estaleiro | Armador | Deseño | Imaxe |
---|---|---|---|---|---|
2016 | Gevred[4] | Astilleros de Murueta | Compagnie Française du Thon Oceanique (CFTO) | ||
2015 | Hondarra[5] | Astilleros de Murueta | Chambre de Commerce et d´Industrie Bayonne Pays Basque | Astilleros Murueta | |
2014 | Stril Luna[6] | Astilleros Gondán | Simon Møkster Shipping | Rolls Royce Marine | |
2013 | RRS Discovery[7] | Construcciones Navales Paulino Freire | Natural Environment Research Council | - | |
2012 | Esvagt Aurora | Zamakona S.A. | Esvagt AS | Ulstein | |
2011 | Stril Merkur 722 | Astilleros Gondán | MoksterShipping | ||
2010 | Juan Carlos I (L-61) | Navantia | Armada Española | Navantia | |
2009 | WG Columbus[8] | Hijos de J. Barreras | WesternGeco | Ulstein Design & Solutions AS |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Galicia suma el 60% del valor de los buques construidos en España atlantico.net
- ↑ El fondo de garantía de Pymar se disuelve por unos fallidos de más de 320 millones farodevigo.es
- ↑ Buques destacados Ingeniería Naval
- ↑ Premian a Astilleros Murueta con el galardón al mejor buque construido en España en 2016
- ↑ Premio Al Buque Más Destacado En El 55º Congreso
- ↑ Un barco de Gondán, el mejor construido en España en 2014
- ↑ "FREIRE RECIBE EL PREMIO AL MEJOR BUQUE DE 2013 POR EL 'DISCOVERY'". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2018. Consultado o 28 de xuño de 2018.
- ↑ "WG COLUMBUS". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2018. Consultado o 28 de xuño de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: PYMAR |