Saltar ao contido

Festival de cine internacional de Ourense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ourense Film Festival»)
Festival de Cine Internacional de Ourense
Ourense Film Festival
Auditorio de Ourense na gala do XX Festival de Cine Internacional de Ourense.
AcrónimoOUFF
TipoFestival de Cine
PropósitoPromover e difundir o cine
Campo de traballoAudiovisual
Área de operaciónInternacional
Data de fundación1996
Eventos/ActividadesProxección de filmes, premios, encontros con cineastas
EnOurense
PaísGaliza
42°20′08″N 7°51′51″O / 42.33556, -7.86406
Na rede
www.ouff.org
IMDB: ev0000516 Facebook: OurenseFilmFestival Twitter: ourensefilmfest Instagram: ourensefilmfestival Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Festival de Cine de Ourense, tamén chamado OUFF - Ourense Film Festival é a cita competitiva internacional de cinema máis antiga que se celebra en Galiza. A primeira edición tivo lugar en 1996, promovida polo director ourensán Eloy Lozano. Naceu como Festival de Cine Independente de Ourense e co obxectivo de marcar e ofrecer novas perspectivas para a promoción do cinema galego.[1] Un obxectivo que se reforzou durante a dirección de Enrique Nicanor entre 2007 e 2010,[2] e na edición de 2023 baixo a dirección de Miguel Anxo Fernández coa posta en marcha dunha sección competitiva de Cine Galego, con premio económico.[3] O premio principal da competición oficial é o Calpurnia á Mellor Película.[4] Tamén concede outros nove premios honoríficos e acolle mesas redondas, presentacións de libros, masterclass, exposicións e encontros profesionais. As datas de celebración adoitan ser a finais de setembro.

O director Andrés Goteira co elenco de actores na 22ª edición do OUFF.

En 1996, Ourense acolleu a primeira edición do seu Festival de Cine Independente, o único competitivo do territorio galego daquela. A idea naceu do ourensán Eloy Lozano, baixo o paraugas do Concello de Ourense. O primeiro festival homenaxeou ao director ourensán Antonio Román e ao polaco Krzysztd Zanussi, presidente do xurado dese ano.

Entre os seus principais obxectivos estivo dende o principio unha aposta decidida polo audiovisual galego. Nesa primeira edición entregáronse sete premios, decididos por un xurado formado por Zanussi, Isabel Coixet, Antón Reixa, Adolfo Domínguez e Luis Álvarez Pousa.

Un ano máis tarde, en 1997, creouse a Calpurnia como premio representativo do Festival, que fai referencia ao primeiro habitante da cidade auriana en época romana do que se atoparon datos. Ao longo destas case tres décadas, pasou polo festival xente como José Luis Cuerda, Alejandro Amenábar, Sergi López, Elías Querejeta, Fernando Arribas, Fernando León de Aranoa, Pedro Olea, Assumpta Serna, Imanol Arias, Laura Gárdos Velo, Carlos Iglesias, Javier Angulo, Joaquim de Almeida, Concha Velasco, Luis García Berlanga, Montxo Armendariz, Juan Diego, Álex de la Iglesia, Diego Galán, Pepe Sancho, Lola Herrera, Víctor Clavijo, Daniel Guzmán, Alfredo Landa, Lola Dueñas, Isabel Coixet, Pilar Bardem, Carlos Bardem, Javier Bardem, Enrique Urbizu, Jaime Chávarri, Aki Kaurismäki e unha longa lista de profesionais do cinema e da televisión.

En 2018, o Festival de Cine de Ourense, OUFF, foi asumido pola Deputación de Ourense que, por acordo, encomendou a súa organización á Fundación Carlos Velo, fundación audiovisual de carácter internacional, pola súa vinculación directa con México , país anfitrión do cineasta Carlos Velo, así como por contar coa escritora, guionista e directora, Laura Gárdos Velo, como presidenta de honra.

Cinema galego

[editar | editar a fonte]

O audiovisual galego sempre foi a aposta estrela do Festival de Cine de Ourense. Dende os seus inicios deulle un gran protagonismo e foi un punto de encontro da industria cinematográfica galega. Asembleas, debates, mesas redondas, presentación de proxectos, proxección de longametraxes e curtametraxes, publicacións e homenaxes ás que asistiron produtores, directores, distribuidores, técnicos e actores relacionados coa produción galega.

Encontros e conferencias de destacados colectivos como a Asociación de Intérpretes da Sociedade de Gestión (AISGE), a Asociación Audiovisual de Galicia, a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), o Clúster Audiovisual, SGAE, etc. Na edición de 2023, o OUFF creou o Premio Galicia de carácter competitivo e con premio económico para recoñecer á mellor longametraxe que, de xeito transversal, se programa en calquera das súas seccións.

Sección Oficial

[editar | editar a fonte]

Premios de longametraxes

[editar | editar a fonte]
  • Gran Premio Calpurnia á mellor película
  • Premio do Público á Mellor Película
  • Premio “Carlos Velo” á Mellor Dirección
  • Premio especial do xurado
  • Premio á mellor interpretación
  • Calpurnia Mellor Guión
  • Premio CIMA (outorgado pola Asociación de Mulleres Directoras e Medios Audiovisuais)

Premios de curtametraxes

[editar | editar a fonte]
  • Premio á Mellor Curtametraxe Documental
  • Premio á Mellor Curtametraxe de Ficción
  • Premio AISGE ao mellor actor
  • Premio AISGE á mellor actriz

Premios Honoríficos

[editar | editar a fonte]
  • Calpurnia de Honra
  • Calpurnia de Honra Internacional
  • Premio Especial OUFF
  • Premio Ourense
  • Premio Fundación AISGE
  • Premio OUFF de Televisión
  • Premio Eduardo Barreiros
  • Premio Chano Piñeiro

Actividades paralelas

[editar | editar a fonte]
  • Rutas cinematográficas: visita a lugares de rodaxe que tiveron a provincia como protagonista
  • Literatura cinematográfica: presentación de publicacións sobre cinema editadas en Galicia e España
  • Mesas Redondas
  • Foros OUFF: Encontros profesionais
  • Formación OUFF: Obradoiros, Masterclass
  • Exposicións
  • Memoria OUFF
  • OUFF Música: concerto especial de música de cine.
  • OUFF na Cadea: Proxeccións no centro penitenciario de Pereiro de Aguiar.
  • OUFF Escola: Os centros educativos poden participar con proxectos audiovisuais realizados polo alumnado.
  • FAS-MUVIS: Obradoiro de formación no que varios equipos de mozos disporán de 48 horas para gravar curtametraxes na cidade.

Publicacións propias

[editar | editar a fonte]

O Festival de Cine de Ourense, OUFF, reivindicou a memoria histórica de nomes galegos e estatais, ou internacionais de orixe galega, a través dunha serie de publicacións como Antonio Román, Antonio Casal, Wenceslao Fernández Flórez, Nieves Conde, Torrente Ballester, Jaime Chávarri, María Casares ou Camilo José Cela, entre moitos outros.

Notas

  1. "O Festival: Introdución histórica". OUFF ; Festival de Cine Internacional de Ourense (en castelán). Consultado o 2024-06-02. 
  2. "CLAVES PARA (TENTAR) ENTENDER O FESTIVAL DE CINE DE OURENSE - A Cuarta Parede" (en inglés). 2013-01-11. Consultado o 2024-06-02. 
  3. "O Festival: Introdución histórica". OUFF ; Festival de Cine Internacional de Ourense (en castelán). Consultado o 2024-06-02. 
  4. "Aki Kaurismäki gaña a Calpurnia á Mellor Película no OUFF". Praza Pública. 2023-10-05. Consultado o 2024-06-02. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]


Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]