Onoda, 10.000 noites na xungla
Onoda, 10.000 noites na xungla | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | ONODA 一万夜を越えて Onoda: Ichimanya o Koete |
Director | Arthur Harari |
Produtor | Nicolas Anthomé |
Guión |
|
Intérpretes |
|
Música |
|
Fotografía | Tom Harari |
Montaxe | Laurent Sénéchal |
Estudio |
|
Distribuidora | |
Estrea | Festival de Cannes: 7 de xullo de 2021[6] 21 de xullo de 2021[1] |
Duración | 167 minutos[1][5][7] |
Orixe | Xapón Francia Alemaña Bélxica Italia Camboxa[1][2][5] |
Xénero | Drama e aventuras |
Recadación | 193 000 dólares[8]–261 000 dólares[9] (Francia) |
Na rede | |
Onoda, 10.000 noites na xungla[10] (ONODA 一万夜を越えて Onoda: Ichimanya o Koete?); en francés: Onoda, 10 000 nuits dans la jungle,[1] é un filme de 2021 dirixido por Arthur Harari e escrito por Vincent Poymiro, coa colaboración de Bernard Cendron. Está libremente inspirado no libro sobre a vida de Hiroo Onoda.[2] É unha coprodución internacional entre Francia, o Xapón, Alemaña, Bélxica, Italia e Camboxa.[1][2][5]
O filme está protagonizado por Yuya Endo no papel de Onoda, un soldado xaponés que se negou a crer que a segunda guerra mundial rematara e continuou loitando nunha remota illa de Filipinas até o ano 1974.[11] Está particularmente inspirado na biografía de 1974 de Cendron e Gérard Chenu Onoda, seul en guerre dans la jungle, nos arquivos de Cendron e nas conversas de Harari con el. Non se basea nas propias memorias de Onoda, e Harari considera o filme como unha ficción máis ca un filme biográfico.[2]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Yuya Endo como Hiroo Onoda de mozo
- Kanji Tsuda como Hiroo Onoda de vello
- Yuya Matsuura como Kinshichi Kozuka de mozo
- Tetsuya Chiba como Kinshichi Kozuka de vello
- Shinsuke Kato como Shimada
- Kai Inowaki como Akatsu
- Issey Ogata como Maior Taniguchi
- Taiga Nakano como Norio Suzuki
- Nobuhiro Suwa como Tanejirō Onoda
- Mutsuo Yoshioka como Capitán Hayakawa
- Tomomitsu Adachi como Segundo Kuroda
- Kyusaku Shimada como Tenente Suehiro
- Angeli Bayani como Iniez
- Jemuel Cedrick Satumba como prisioneiro filipino[2]
Estrea
[editar | editar a fonte]O filme estreouse na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes o 7 de xullo de 2021.[12][13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Onoda". Le Pacte. Consultado o 5 de marzo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Onoda: 10 000 Nights in the Junglepress kit" (PDF). Le Pacte. Consultado o 5 de marzo de 2022.
- ↑ "Films - Onoda". Imagine Film Distribution. Consultado o 5 de marzo de 2022.
- ↑ "ONODA 一万夜を越えて". Elephant House. Consultado o 5 de marzo de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 "— Onoda – 10.000 Nächte im Dschungel". Rapid Eye Movies. Consultado o 5 de marzo de 2022.
- ↑ "74e Festival international du Film de Cannes screenings guide" (PDF). Festival de Cinema de Cannes. Consultado o 5 de marzo de 2022.
- ↑ "Onoda: 10000 Nights In The Jungle". BBFC. Consultado o 5 de marzo de 2022.
- ↑ "Onoda: 10,000 nuits dans la jungle (2021) - Financial Information". The Numbers. Consultado o 5 de marzo de 2022.
$193,238
- ↑ "Onoda: 10,000 Nights in the Jungle". Box Office Mojo. Consultado o 5 de marzo de 2022.
$260,782
- ↑ numax.org (ed.). "Onoda, 10.000 noites na xungla en NUMAX". Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ "Onoda - 10 000 Nights in the Jungle (Onoda, 10 000 nuits dans la jungle)". Cineuropa. Consultado o 5 de marzo de 2022.
- ↑ "Onoda – 10&nsb;000 Nights In The Jungle by Arthur Harari Opening Un Certain Regard 2021". Festival Internacional de Cinema de Cannes. 14 de xuño de 2021. Consultado o 5 de marzo de 2022.
- ↑ Ramachandran, Naman (14 de xuño de 2021). "Cannes: 'Onoda – 10 000 Nights In The Jungle' to Open Un Certain Regard Section". Variety. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2021. Consultado o 5 de marzo de 2022.