Neno rico
Aparencia
Neno rico | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Richie Rich |
Director | Donald Petrie |
Produtor | Joel Silver John Davis |
Guión | Neil Tolkin Tom S. Parker |
Baseado en | Richie Rich de Hanna-Barbera Productions Harvey Comics |
Intérpretes | Macaulay Culkin John Larroquette Edward Herrmann Christine Ebersole Jonathan Hyde |
Música | Alan Silvestri |
Fotografía | Don Burgess |
Montaxe | Malcolm Campbell |
Estudio | Silver Pictures Davis Entertainment Harvey Films Warner Bros. Family Entertainment Hanna-Barbera Productions |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | 21 de decembro de 1994 |
Duración | 95 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia, infantil |
Orzamento | $40 000 000 |
Recadación | $38 000 000 |
Na rede | |
Neno rico (en inglés: Richie Rich, estilizado como Ri¢hie Ri¢h) é un filme estadounidense dirixido por Donald Petrie que foi esterado en 1994. Foi o derradeiro filme de Macaulay Culkin como actor infantil.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Richie Rich é o neno máis rico do mundo; ten o seu propio parque de atraccións, un Burguer na súa casa e a súa profesora de ximnasia é Claudia Schiffer. Richie ten ademais o amor dos seus pais. Malia todo non é feliz, xa que bota de menos xogar ó béisbol na rúa cos outros rapaces do barrio. Cando os seus pais desaparecen no Triángulo das Bermudas, o cativo sospeita que detrás da desaparición está Laurence Van Dogh, un executivo de Industrias Richie que pretende facerse coa compañía asasinando ós seus pais.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Macaulay Culkin como Richard "Richie" Rich, Jr.
- John Larroquette como Laurence Van Dough
- Jonathan Hyde como Herbert Arthur Runcible Cadbury
- Edward Herrmann como Richard Rich, Sr.
- Christine Ebersole como Regina Rich
- Mike McShane como Profesor Keenbean
- Chelcie Ross como Ferguson
- Reggie Jackson como Adestrador de béisbol
- Mariangela Pino como Diane Pazinski
- Stephi Lineburg como Gloria Pazinski
- Joel Robinson como Omar
- Jonathan Hilario como Pee Wee
- Rory Culkin como Young Richie
- Ben Stein como Profesor de economía
- Claudia Schiffer como Claudia
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 1994: Nomeado ós Premios Razzie: Peor actor (Macaulay Culkin).