Nancy Astor
Nancy Witcher Langhorne Astor, Vizcondesa Astor, nada en Danville (Virxinia) o 19 de maio de 1879 e finada en Grimsthorpe (Inglaterra) o 2 de maio de 1964, foi unha política británica nada nos Estados Unidos que foi a primeira muller membro do parlamento, en que estivo entre 1919 e 1945.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O primeiro marido de Astor foi o estadounidense Robert Gould Shaw II; a parella separouse despois de catro anos e divorciouse en 1903. Mudouse a Inglaterra e casou con Waldorf Astor. Despois de que o seu marido ascendese á nobreza e entrase na Cámara dos Lords, ela entrou na política como membro do Partido Conservador e gañou o escano por Plymouth Sutton en 1919, converténdose na primeira muller en sentar como MP (membro do parlamento) na Cámara dos Comúns.[1]
Serviu no Parlamento ata 1945, cando foi animada a renunciar. Astor foi criticada polo seu antisemitismo e a súa visión comprensiva do nazismo.[3][4][5]
Legado
[editar | editar a fonte]En 1982 a BBC emitiu unha serie de televisión en nove partes sobre a súa vida, Nancy Astor, que protagonizou Lisa Harrow. Instalouse unha estatua de bronce de Lady Astor en Plymouth, preto da súa antiga casa familiar, en 2019 para conmemorar o centenario da súa elección ao Parlamento.[6]
O antisemitismo de Astor está amplamente documentado e foi criticado en anos recentes, particularmente cando a ex primeira ministra Theresa May desvelou a estatua na súa honra en 2019 coa asistencia do primeiro ministro Boris Johnson,[3][5][7] e posteriormente cando a parlamentaria laborista Rachel Reeves conmemorou a Astor nunha serie de chíos.[8] O entón líder do Partido Laborista, Jeremy Corbyn, aínda que se opuxo ao seu antisemitismo, recoñeceuna como a primeira muller MP que asumiu o cargo e por iso eloxiou a instalación da estatua comentando "Estou realmente contento de que se erga esta estatua".[9]
Durante as protestas pola morte de George Floyd en 2020, apareceu pintada a palabra "Nazi" na súa base. A estatua aparece na listaxe publicada pola páxina web Topple the Racists.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Constance Markievicz, membro do Sinn Féin, foi a primeira muller elixida para o Parlamento en 1918, mais rexeitou tomar asento seguindo a política do partido. Ademais estaba arrestada na prisión de Holloway nese tempo. En cambio, Markievicz entrou no An Chéad Dáil da República Irlandesa revolucionaria.
- ↑ "Women in the House of Commons". UK Parliament (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 Brazell, Emma (29 de novembro de 2019). "Theresa May under fire after unveiling statue of 'Nazi-sympathising' MP". Metro (en inglés). Consultado o 5 de decembro de 2019.
- ↑ JC Reporter (2 de decembro de 2019). "Who was Nancy Astor? The first woman to take her seat in parliament was also branded 'a vicious antisemite'". Consultado o 5 de decembro de 2019.
- ↑ 5,0 5,1 Morris, Steven (28 de novembro de 2019). "Theresa May unveils statue of pioneering MP Nancy Astor". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 5 de decembro de 2019.
- ↑ Tidman, Zoe (29 de novembro de 2019). "Theresa May unveils statue of 'virulently antisemitic' first woman MP". The Independent. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2022. Consultado o 4 de decembro de 2019.
- ↑ Childs, Simon (29 de novembro de 2019). "Oops! Theresa May Unveiled a Statue to a Racist MP". Vice. Consultado o 5 de decembro de 2019.
- ↑ @. "#OTD one hundred years ago, the first speech by a woman in the House of Commons was given by Nancy Astor, MP for Plymouth Sutton between 1919–45. (1/7)" (Chío) – vía Twitter.
- ↑ "GE2019: Women MPs the focus as Prime Ministerial candidates come to West Country". ITV News. 29 de novembro de 2019. Consultado o 18 de xullo de 2020.
- ↑ "'Nazi' sprayed on Nancy Astor MP statue". BBC News (en inglés). 24 de xuño de 2020. Consultado o 25 de xuño de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nancy Astor |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Astor, Michael, Tribal Feelings (Readers Union, 1964)
- Cowling, Maurice, The Impact of Hitler: British Policies and Policy 1933–1940, Cambridge University Press, 1975, p. 402, ISBN 0-521-20582-4
- Masters, Anthony (1981). Nancy Astor: A Biography. Nova York: McGraw-Hill Education. ISBN 0-07-040784-3.
- Musolf, Karen J., From Plymouth to Parliament (St. Martin's Press, 1999)
- Nicolson, Harold author-link = Harold Nicolson (1966). Nigel Nicolson, ed. Diaries and Letters: 1930–1939. Londres: William Collins, Sons.
- Sykes, Christopher (1984). Nancy: The Life of Lady Astor. Chicago: Academy Chicago Publishers. ISBN 0-89733-098-6.
- Astor, Lady Nancy (1997). Martin Thornton, ed. Nancy Astor's Canadian Correspondence, 1912–1962. Lewiston, Nova York: Edwin Mellen Press. ISBN 0-7734-8452-3.
- Wearing, J. P. (editor), Bernard Shaw and Nancy Astor (University of Toronto Press, 2005)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Portrait of Nancy Langhorne Shaw Astor by Edith Leeson Everett, Virginia Historical Society, Richmond, Virginia
- Mirador Historical Marker Arquivado 07 de novembro de 2012 en Wayback Machine., Albemarle County, Virginia
- www.cracroftspeerage.co.uk
- UK Parliamentary Archives, Personal Papers of Mrs Bessie Le Cras, Parliamentary Agent for Lady Nancy Astor Arquivado 28 de novembro de 2020 en Wayback Machine.