Saltar ao contido

Nélson Évora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNélson Évora

(2016) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pt) Nelson Évora Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de abril de 1984 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Abidjan, Costa do Marfil Editar o valor en Wikidata
ResidenciaLisboa Editar o valor en Wikidata
RelixiónFe Bahá'í Editar o valor en Wikidata
Altura181 cm Editar o valor en Wikidata
Peso62 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaPortugal Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivaSalto de lonxitude Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
- Sport Lisboa e Benfica
Participou en
2018Campeonato da Europa de Atletismo de 2018 - Triplo salto masculino (pt) Traducir  (medalla de ouro)
15 de agosto de 2016Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 - Triplo salto masculino (pt) Traducir (6º)
18 de agosto de 2008Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2008 - Triplo salto masculino (pt) Traducir (1º)
2004Xogos Olímpicos de 2004 Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaAna Peleteiro (2016–2021) Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webnelson-evora.com Editar o valor en Wikidata
Twitter: NeEvora IAAF: 14218188 Olympic.org: nelson-evora Editar o valor en Wikidata

Nélson Évora, nado o 20 de abril de 1984 en Abixán (Costa do Marfil), é un atleta portugués, especialista en triplo salto.

Traxectoria deportiva

[editar | editar a fonte]

En 2001 competiu por primeira vez a nivel internacional representando a Cabo Verde (onde viviu os primeiros anos da súa vida), durante o Festival Olímpico da Mocidade Europea. Pero non é ata 2003 cando empeza a colleitar triunfos de importancia, xa representando a Portugal, cando se coroa como campión de Europa júnior en salto de lonxitude e triplo salto nos campionatos celebrados en Tampere (Finlandia).

En 2004, xa centrado no triplo salto, consegue o bronce nos Europeos sub-23 de Erfurt (Alemaña) e consegue a mínima para os Xogos de Atenas, se ben non se cualifica para a final. En 2005 participa nos mundiais de 2005 en Helsinqui (14º, fóra da final), e ao ano seguinte, nos mundiais de 2006 en pista cuberta, celebrados en Moscova, acada a sexta praza, mentres que nos europeos dese ano en Gotemburgo queda cuarto no triplo (17,07 m) e sexto en lonxitude (7,91 m). Nos europeos de pista cuberta de 2007, en Birmingham, quedou quinto no triplo logo de lesionarse no primeiro salto.

A consagración chegoulle o 27 de agosto de 2007 ao acadar o título de campión do mundo de triplo nos mundiais de Osaca, en 2007, cunha marca de 17,74 m, que supuña récord de Portugal. Malia estar seleccionado na proba de salto de lonxitude, non chegou a competir na rolda de clasificación para descansar e prepararse para a Golden League.


Predecesor:
Walter Davis
 Medalla de ouro Campión do mundo de atletismo
triplo salto
 
2007 en Osaca
Sucesor:
-

Milita no Benfica de Lisboa e posúe o récord portugués de triplo e de lonxitude, batendo as súas propias marcas varias veces. Tamén conserva os récords caboverdianos destas especialidades, obtidos en 2002.

Resultados

[editar | editar a fonte]
Ano Competición Lugar Posto Marca
2002 Campionato Mundial Júnior Kingston 6º en Triplo 15.87 m.
2003 Campionato Europeo Júnior Tampere 1º en Triplo
1º en Longitud
16.43 m.
2004 Campionato Mundial Indoor Budapest Eliminado 16.30 m.
2004 Xogos Olímpicos Atenas Eliminado 15.72 m.
2005 Campionato Mundial Helsinqui Eliminado 16.60 m.
2006 Campionato Mundial Indoor Moscova 6º en Triplo 17.14 m.
2006 Campionato Europeo Gotemburgo 4º en Triplo
6º en Longitud
17.07 m.
2007 Campionato Europeo Indoor Birmingham 5º en Triplo 16.97 m.
2007 Campionato Mundial Osaka 1º en Triplo 17.74 m.
2007 Final Mundial da IAAF Stuttgart 3º en Triplo 17.30 m.
2008 Campionato Mundial Indoor Valencia 3º en Triplo 17.27 m.
2008 Xogos Olímpicos Pequín 1º en Triplo 17.67 m.
2009 Campionato Mundial Berlín 2º en Triplo 17.55 m.

Datos persoais

[editar | editar a fonte]

É crente da relixión bahaísta.

Entre 2016 e 2021 foi parella da triplista ribeirá Ana Peleteiro. Anos despois de o deixaren, Peleteiro falou publicamente da relación, relatando prácticas tóxicas de abusos e intentos de violacións.[1][2] O atleta portugués negou que fose el e ameazou con denuncias a quen o sinalase[3].

  1. Niego, A. (2024-12-08). "El valiente testimonio de Ana Peleteiro sobre la tortuosa relación con su expareja: «Me amenazaba»". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2024-12-09. 
  2. "Ana Peleteiro denuncia violaciones y maltrato psicológico de una expareja". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-12-08. Consultado o 2024-12-09. 
  3. "Nelson Évora, expareja de Ana Peleteiro: «La persona señalada en esa historia no soy yo»". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-12-10. Consultado o 2024-12-11. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Official Website: https://web.archive.org/web/20080326195711/http://www.nelson-evora.com/