Municipio de Līvāni
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Letonia | ||||
Capital | Līvāni (en) | ||||
Contén a división administrativa | Jersika Parish (en) Līvāni (en) Rožupe Parish (en) Rudzāti Parish (en) Sutri Parish (en) Turki Parish (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.215 (2024) (16,41 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 622,57 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1999 | ||||
PIB nominal | 148.836.000 € (2021) | ||||
PIB per cápita | 14.109 € (2021) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 5316 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 653 | ||||
ISO 3166-2 | LV-056 | ||||
Latvian toponymic names database ID (en) | 78832 | ||||
Sitio web | livani.lv |
O municipio de Līvāni (en letón, Līvānu novads e en latgaliá, Leivuona nūvods) é un dos 36 municipios de Letonia. Os 36 municipios son resultado da última reorganización do territorio aprobada o 1 de xuño de 2021, que fusionou o antigo municipio de Livani, un municipio establecido en 1999 na parte occidental de Latgale, á beira do río Daugava, ao que en 2009 se engadiron as parroquias de Jersikas, Rudzātu e Sutru do antigo municipio de Preiļi. Limita ao norte e ao oeste co municipio de Jēkabpils, ao sur co municipio de Augšdaugava, así como ao sur e ao leste co municipio de Preiļi. O centro do condado está situado na propia vila de Livani.[1]
O municipio forma parte da nación histórica, recoñecida pola Constitución letoa, de Latgale. O censo supera levemente os 10.000 habitantes nunha perda de poboación constante desde 1989.
Historia
[editar | editar a fonte]Hai rexistros coñecidos de habitantes da comarca dende o Neolítico. A situación favorable na confluencia dos ríos Daugava e Dubna, onde agora se atopa Līvāni, atraeu a comerciantes da ruta comercial de Daugava, e hai 1000 anos estableceuse alí o asentamento de artesáns e comerciantes da Dubna. O castelo de Dubna da orde de Livonia coñécese neste lugar desde 1289. En 1533, construíuse aquí un pazo, o Lievenhof. O territorio agrícolamente desfavorable fomentou aquí o desenvolvemento da artesanía e, posteriormente, da industria. A diferenza de Livani, Jersika desenvolveuse como fortificación e centro administrativo dun gran territorio desde o século IX. A principios do século XIII, Jersika e toda a vía fluvial de Daugava foron conquistadas polos cruzados, despois de que estenderan gradualmente o seu poder tamén polos territorios circundantes.
As industrias máis grandes do municipio colapsaron todas despois de 1991. Estudos actuais detectan unha certa recuperación pero nun nivel moito menor. Entre elas, a antiga fábrica de vidro, que iniciou unha produción de alta tecnoloxía de fibras ópticas principalmente para a exportación a occidente. A agricultura e a silvicultura son sectores tradicionais da rexión máis próxima á capital e constitúen unha base para a produción, moita de autosuficiencia. O sector servizos crece lentamente. A economía analízase en termos de desenvolvemento sostible.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Latvia: Administrative Division (Regions and Municipalities) - Population Statistics, Charts and Map". www.citypopulation.de. Consultado o 2023-12-21.
- ↑ "Efforts to create a sustainable economic development in Livani". Consultado o 2024-11-26.