Municipio de Kurzeme Meridional
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Letonia | ||||
Capital | Grobiņa (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 32.708 (2024) (9,11 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 3.591,06 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | Município de Aizpute (pt) , Município de Durbe (pt) , Município de Grobina (pt) , Município de Nica (pt) , Município de Pavilosta (pt) , Rucava (pt) , Priekule (pt) e Município de Vainode (pt) | ||||
Creación | 1 de xullo de 2021 | ||||
PIB nominal | 332.749.000 € (2021) | ||||
PIB per cápita | 10.046 € (2021) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | LV-112 | ||||
O municipio de Kurzeme Meridional (en letón, Dienvidkurzemes novads) é un dos 36 municipios de Letonia. Os 36 municipios son resultado da última reorganización do territorio aprobada o 1 de xuño de 2021, que uniu na maior fusión de extintos concellos o municipio de Aizpute, o municipio de Durbe, o municipio de Grobiņa, o municipio de Nīcas, o municipio de Pāvilosta, o municipio de Priekule, o municipio de Rucava e o municipio de Vaiņode. Limita ao oeste coa cidade estatal de Liepāja e o mar Báltico, ao norte co municipio de Ventspils, ao leste cos municipios de Kuldīgas e Saldus, así como ao sur cos condados de Klaipėda e Telši de Lituania. O centro comarcal está situado na cidade de Grobiņa.
En 2021 a Saeima tomou a decisión de que en 2029 a rexión de Kurzeme Sur se fusionase coa cidade de Liepāja, nun intento dun maior incremento dos aforros estatais centralizando servizos, o que erixe oposición política con críticas ao detrimento dos mesmos servizos nas vilas fusionadas.[1][2]
Historia
[editar | editar a fonte]Dende o II milenio a.C. antepasados das pobos bálticos viviron no condado, dende o I milenio a.C. ata principios do século XIII, o territorio incluía as terras de Bandava, Piemare e Duvzare. No século XIII tiveron lugar moitas batallas na rexión entre os cruzados e lituanos, incluída a batalla de Durbe en 1260. En 1253, o territorio foi dividido entre a Orde de Livonia e o bispado de Kurzeme. O distrito parroquial de Aizpute, unha terceira parte de todo o municipio actual, pasou baixo o dominio de Dinamarca en 1559, Polonia en 1585, en 1617 foi incluído no distrito de Piltene baixo a administración directa do rei polaco, desde 1656 foi comprado polo duque Jacob dentro do distrito parroquial de Grobiņa, rexión administrativa existente entre o 1560-1609, suxeita a vasalaxe a Prusia desde 1562, as outras dúas partes do territorio foron incluídas no establecido Ducado de Kurzeme e Zemgale. En 1795 o ducado foi incluído no Imperio Ruso.
Cidades
[editar | editar a fonte]As cinco cidades do municipio son Grobiņa, Aizpute, Priekule, Pāvilosta e Durbe.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Liepājas, Ventspils, Jelgavas, Daugavpils un Rēzeknes apvienošana ar kaimiņu novadiem notiks 2029". www.liepajniekiem.lv. Consultado o 2024-10-11.
- ↑ "Latvia: Administrative Division (Regions and Municipalities) - Population Statistics, Charts and Map". www.citypopulation.de. Consultado o 2024-09-11.