Saltar ao contido

Míchigan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Michigan»)
Modelo:Xeografía políticaMíchigan
State of Michigan (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoMy Michigan (en) Traducir (1937) Editar o valor en Wikidata

Lema«Si quaeris peninsulam amoenam circumspice» (1835–) Editar o valor en Wikidata
Símbolo oficialGlutón (Mamíferos)
Chrysemys picta (pt) Traducir (Réptiles)
Chlorastrolite (en) Traducir (Xema)
Tordo-americano (pt) Traducir (aves)
My Michigan (en) Traducir (canción)
Cervo de cola branca (caça silvestre (pt) Traducir)
Mazá (flor)
Mastodonte (fósil)
Salvelinus fontinalis (pt) Traducir (peixe)
Petoskey stone (en) Traducir (rocha)
Kalkaska sand (en) Traducir (solo)
Iris lacustris (wildflower (en) Traducir)
Pinus strobus (árbore) Editar o valor en Wikidata
AlcumeThe Great Lakes State Editar o valor en Wikidata
EpónimoGrandes Lagos, América do Norte Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 44°20′N 85°35′O / 44.34, -85.58
EstadoEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
CapitalLansing Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación10.077.331 (2020) Editar o valor en Wikidata (40,23 hab./km²)
Número de fogares3.980.408 (2020) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficialsen valor Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie250.493 km² Editar o valor en Wikidata
Auga41,54 % Editar o valor en Wikidata
Lonxitude da costa5.292 km Editar o valor en Wikidata
Bañado porLago Michigan, Lago Superior, Lago Erie, Lago Huron, Lago Saint Clair (pt) Traducir, Río Detroit, Rio St. Clair (pt) Traducir e Rio Saint Mary's (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude275 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Arvon (pt) Traducir (603 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoLago Erie (173 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación26 de xaneiro de 1837 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoGovernment of Michigan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Governador (pt) Traducir Editar o valor en WikidataGretchen Whitmer (2019–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoMichigan Legislature (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialMichigan Supreme Court (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2US-MI Editar o valor en Wikidata
Identificador GNIS1779789 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webmichigan.gov Editar o valor en Wikidata
BNE: XX452228

Míchigan[1] é un dos 50 Estados dos Estados Unidos de América, un dos líderes nacionais da industria de manufacturación. A capital nacional da industria automobilística está localizada na maior cidade do estado, Detroit, e o estado é o maior produtor de coches e camións dos Estados Unidos.

Limita con catro dos cinco Grandes Lagos. O seu litoral posúe 5.292 km de extensión. Pode ser dividido en dúas áreas distintas: a Península Superior e a Península Inferior, conectadas entre si só por unha ponte de 8 quilómetros de lonxitude.

Artigo principal: Historia de Míchigan.

O topónimo Míchigan ten a súa orixe nunha palabra chippewa, "michigama", que significa "Gran Lago". Míchigan foi colonizado nun principio por Francia pero a colonización francesa foi limitada e Francia cedeu o territorio ao Reino Unido en 1764. En 1783, despois do fin da Revolución Americana de 1776, Míchigan pasou a formar parte dos Estados Unidos, como parte do Territorio do Noroeste, un territorio independente en 1805, e elevado á categoría de estado en 26 de xaneiro de 1837.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Míchigan limita ao norte co Lago Superior, a leste co Lago Huron, ao sur cos estados americanos de Indiana e Ohio, e a oeste co Lago Míchigan. A provincia canadense de Ontario está localizada ao norte, a leste e no extremo sueste de Míchigan; os estados americanos de Wisconsin e Illinois están localizados a oeste, e Minnesota está localizada no noroeste. Detroit, localizada ao norte da cidade canadense de Windsor, é a única gran cidade americana localizada ao norte dunha gran cidade canadense.

Míchigan posúe o litoral máis extenso dos 48 Estados contiguos dos Estados Unidos, e o segundo máis extenso do país, só detrás de Alasca. O seu litoral mide uns 5 292 quilómetros ao longo dos Grandes Lagos (incluíndo preto de mil quilómetros de litoral formado por illas localizadas nestes Grandes Lagos). O estado localízase á beira dos Grandes Lagos a excepción do Lago Ontario. Alén diso, Míchigan posúe preto de 11 mil lagos. Ningún punto do estado está localizado a máis de 10 quilómetros dun lago. Cerca de 58 mil quilómetros de ríos cortan o estado. Os bosques cobren preto da metade do estado.

Míchigan está dividida en dúas grandes penínsulas, polo Estreito de Mackinac. A Península Superior é a menor das dúas penínsulas, localizada no noroeste do estado. En comparación co resto do estado, está pouco habitada, con apenas 325.000 habitantes. Por contra, a Península Inferior está moi habitada, vivindo nela cerca do 97% da poboación. Estas penínsulas só están conectadas entre si pola Ponte Mackinac.

Xeograficamente, Míchigan pode ser dividida en dúas rexións:

  • A Meseta Superior cobre o extremo noroeste do estado, ou o oeste da Península Superior. Esta rexión posúe un terreo moi accidentado. O punto máis alto do estado, o Mount Coorwood, localízase nesta rexión, cos seus 603 metros de altitude. Esta rexión é moi rica en cobre e en ferro.
  • As Planicies dos Grandes Lagos ocupan a maior parte. Esta rexión caracterízase pola súa baixa altitude, de ata 174 metros á beira do Lago Erie. Esta rexión é rica en pantanos, ríos e lagos, e o seu solo é moi fértil.

Míchigan posúe un clima temperado húmido, con catro estacións ben definidas. Os veráns son lenes debido á presenza de grandes masas de auga na rexión, en canto que os invernos son fríos. A temperatura cae á medida en que se viaxa cara ao norte.

No inverno, a temperatura media na rexión sur de Míchigan é de -6 °C, de -9 °C na rexión central, e de -12 °C na Península Superior. A media das mínimas é de -10 °C, e a das máximas de -1 °C. As mínimas varían entre -40 °C e 8 °C, e as máximas, entre -35 °C e 15 °C. A temperatura máis baixa rexistrada no estado é de -46 °C, en Vanderbilt, o 9 de febreiro de 1934.

No verán, a temperatura media é de 22 °C no extremo sur, de 20 °C na rexión central e de 18 °C na Península Superior. A media das mínimas é de 14 °C, e a media das máximas é de 26 °C. As máximas poden acadar ata 40 °C na rexión sur, e 34 °C na Península Superior. A temperatura máis alta rexistrada foi de 44 °C, en Mio, o 13 de xullo de 1932.

A precipitación media anual de Míchigan é de 80 centímetros, variando entre 95 centímetros anuais na Península Superior e no extremo suroeste do estado, ata 68 centímetros no nordeste do estado. O sur recibe preto de 100 cm de neve anualmente, en tanto que a Península Superior recibe preto de 400 cm anuais.

Política

[editar | editar a fonte]

A actual Constitución foi adoptada en 1964, despois doutras máis antigas aprobadas en 1835, 1850 e 1908. As emendas á constitución son propostas polo Poder Lexislativo, e para ser aprobadas, precisan recibir ao menos o 51% do Senado e da Casa dos Representantes, e logo dous terzos dos votos da poboación electoral. A poboación do estado tamén pode propor emendas á Constitución a través da recollida dun certo número de sinaturas. Cando esta proposta asinada é aceptada polo goberno, para ser aprobada, precisa recibir aprobación de ao menos un cuarto dos membros de ambas as cámaras do Poder Lexislativo de Míchigan, e logo polo menos o 51 % dos votos en referendo. As emendas tamén poden ser propostas e introducidas por convencións constitucionais, que precisan recibir ao menos o 51% dos votos de ambas as cámaras do Poder Lexislativo e dous terzos dos votos da poboación electoral.

O principal oficial do Poder executivo en Míchigan é o gobernador. Este é elixido por mandatos de 4 anos. Unha persoa pode exercer só dúas veces o cargo de gobernador. Outros oficiais do executivo que son escollidos polo gobernador (Tesoureiro, Secretario de Estado, Tenente Gobernador (vice-gobernador), tamén serven por períodos dun máximo de 4 anos. Como o gobernador, poden exercer só dúas veces.

O Poder lexislativo de Míchigan consta do Senado e da Casa dos Representantes. O Senado posúe un total de 38 membros, en tanto que a Casa dos Representantes posúe un total de 110 membros. Míchigan está dividido en 38 distritos senatoriais e 110 distritos representativos. Os electores de cada distrito elixen un senador ou representante. O período dos senadores é de 4 anos e o dos representantes é de 2 anos.

O tribunal máis alto do Poder xudicial é o Tribunal Supremo. Os oito xuíces do Tribunal Supremo son elixidos pola poboación do estado para mandatos de 8 anos. O segundo maior tribunal de Míchigan é a Court of Appeals, composta por sete xuíces, 4 tribunais de distrito e 57 tribunais rexionais.

Míchigan está dividida en 83 condados que, á súa vez, están divididos en municipalidades (townships). Máis da metade do orzamento do estado provén de impostos estatais; o resto vén do goberno nacional.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Crecemento poboacional de Michigan
Ano Habitantes
1800 3.757
1810 4.762
1820 8.896
1830 31.639
1840 212.267
1850 397.654
1860 749.113
1870 1.184.059
1880 1.636.937
1890 2.093.890
1900 2.420.982
Ano Habitantes
1910 2.810.173
1920 3.668.412
1930 4.842.325
1940 5.256.106
1950 6.371.766
1960 7.823.194
1970 8.881.826
1980 9.262.078
1990 9.328.784
2000 9.938.444

De acordo co censo nacional de 2000, a poboación de Míchigan en 2000 era de 9 938 444 habitantes. Unha estimación realizada en 2004 aumenta este número a 10 112 620. Deles, un 5,9% (594 700 habitantes) non naceron nos Estados Unidos. Os maiores grupos de inmigrantes do estado son canadenses, mexicanos, hindús e iraquís. Entre 1990 e 2000, a poboación do estado creceu un 7%; e entre 1990 e 2004, un 8,8%.

Cerca do 82% da poboación vive en 9 rexións metropolitanas: Ann Arbor, Benton Harbor, Detroit, Flint, Grand Rapids-Muskegon-Holland, Jackson, Kalamazoo-Battle Creek, Lansing-East Lansing e Saginaw-Bay City-Midland.

A maior parte da poboación habita na Península Inferior de Míchigan. A densidade de poboación media é de 17 habitantes por quilómetro cadrado, pero na Península Inferior, esta media é de 230 hab./km², mentres que na Península superior, é de apenas 8 hab./km².

As cinco maiores etnias do Estado son alemáns (que forman 20,4% da poboación do estado), afroamericanos (14,2%) irlandeses (10,7%), ingleses (9,9%) e poloneses (8,6%). Outras etnias minoritarias son franceses, neerlandeses e italianos. O 3,3% da poboación do estado son hispanos, categoría que pode incluír membros de calquera raza.

Os americanos de ascendencia alemá están presentes en todas as rexións. escandinavos (especialmente finlandeses), británicos e franceses posúen unha notábel presenza na Península Superior. No oeste do estado coñécese a orixe neerlandesa de moitos dos seus habitantes. Míchigan posúe a maior concentración de neerlandeses de calquera estado americano. A rexión metropolitana de Detroit posúe moitos habitantes de ascendencia polonesa, irlandesa, italiana e árabe. Os afroamericanos son maioría na cidade de Detroit.

Relixión

[editar | editar a fonte]
Porcentaxe da poboación de Míchigan por relixión

Principais cidades

[editar | editar a fonte]
Detroit.

Cerca de 75% da poboación de Míchigan vive en áreas urbanas. O resto vive en áreas rurais.

Outras importantes cidades son:

Economía

[editar | editar a fonte]

O produto interior bruto de Míchigan é de 365.000 millóns de dólares [cando?]. A renda per cápita, á súa vez, de 31.178 dólares, o vixésimo maior do país.

O sector primario representa o 1% do PIB. O estado posúe 52 mil facendas, que ocupan preto de 35% do territorio. A agricultura e a gandería representan xuntas o 0,92% do PIB, e empregan aproximadamente a 128 mil persoas. Míchigan é un líder nacional da industria agropecuaria e os principais produtos agropecuarios producidos son trigo, soia, mazá, millo, bovinos (carne e leite). A pesca e a industria madeireira representan xuntas un 0,08% e empregan aproximadamente a 4 mil persoas.

O sector secundario representa o 32% do PIB. O valor total dos produtos fabricados no estado é de 96 000 millóns de dólares. Os principais produtos industrializados fabricados no estado son automóbiles, camións, ómnibus, maquinaria e produtos químicos. Detroit é un dos maiores pólos da industria automobilística do mundo, feito que lle rendeu o cognome de A Capital do Automóbil. O estado produce máis coches, camións e ómnibus que calquera outro estado americano. A industria de manufactura representa o 26% do PIB, empregando aproximadamente 1 millón de persoas. A industria de construción representa o 5% do PIB e emprega aproximadamente a 300 mil persoas. O 2% do PIB provén da xeración de electricidade, sector que emprega preto de 35 mil persoas. O 70% da electricidade é producida en centrais de carbón, e o resto en centrais de gas natural ou en centrais hidroeléctricas. A minería representa o 1% do PIB, empregando preto de 14 mil persoas. Os principais recursos naturais extraídos no estado son ferro, gas natural, petróleo e cobre.

O sector terciario representa o 67% do PIB. Cerca de 20% do PIB vén de servizos comunitarios, persoais e comerciais. Este sector emprega a máis de 1 millón de persoas. O comercio representa o 17% do PIB, e emprega aproximadamente a 1,3 millón de persoas. O turismo converteuse nunha fonte de renda importante a partir da década de 1960. Os servizos gobernamentais representan un 10% do PIB, empregando aproximadamente a 680 mil persoas. Transportes e telecomunicacións empregan a 175 mil persoas, e representan un 5% do PIB.

Educación

[editar | editar a fonte]
Interior da biblioteca da facultade de dereito da Universidade de Míchigan.

As primeiras escolas de Míchigan foron fundadas por misioneiros católicos franceses, durante o século XVII, coa intención de converter os indíxenas da rexión ao catolicismo e asimilalos á cultura occidental. As primeiras escolas públicas foron fundadas en 1798. En 1827, o estado aprobou unha lei que facía obrigatoria a creación dun sistema escolar público en toda municipalidade do estado. Inicialmente, estes sistemas escolares eran fundados polas municipalidades. A partir de 1837, o estado pasou a fornecer regularmente orzamento a estes sistemas escolares públicos.

Actualmente, o Consello de Educación de Míchigan dita regras e normas para todas as institucións educativas do Estado. Cada cidade, municipalidade ou condado administra os seus propios distritos escolares, que administran as escolas localizadas dentro do distrito, e reciben ingresos principalmente a través de impostos na cidade ou condado, e mais do goberno estatal. Todos os nenos entre 6 a 16 anos deben asistir á escola.

A primeira biblioteca pública de Míchigan foi fundada en 1828, en Detroit. Míchigan posúe preto de 50 universidades, 30 facultades comunitarias e 10 seminarios e escolas politécnicas. As principais institucións de educación superior do estado son a Universidade de Míchigan e a Universidade Estatal de Míchigan

Transportes e telecomunicacións

[editar | editar a fonte]
Interior do Canal de Soo.

Míchigan posúe preto de 200.000 km de estradas e autoestradas. A Ponte Mackinac é o único medio de acceso directo entre a Península Superior e a Península Inferior de Míchigan. Esta ponte é a terceira ponte de suspensión máis longa do mundo, cos seus 8 quilómetros de lonxitude. Detroit é o principal polo ferroviario,aeroportuario e portuario do estado.

O porto con máis movemento do estado é o porto de Detroit. Outro centro portuario importante é Sault Ste. Marie. Estes portos son importantes para o transporte de minerais extraídos no interior e na Península Superior de Míchigan, así como automóbiles, camións e vehículos producidos na rexión metropolitana de Detroit, para outras rexións. O Canal de Soo conecta o Lago Superior cos demais Grandes Lagos.

Seis compañías ferroviarias fornecen servizo de transporte de carga, e dúas ofrecen servizo de transporte de pasaxeiros. O aeroporto con máis tráfico é o Aeroporto Metropolitano de Detroit.

Publícanse en Míchigan preto de 400 xornais (dos cales preto de 50 son diarios), e 350 periódicos. O estado posúe preto de 300 emisoras de radio, 30 de televisión e outras 40 de televisión por cable.

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura (2004). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). ISBN 84-8158-266-2. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]