Saltar ao contido

Mesut Özil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMesut Özil

(2019) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Mesut Özil
(tr) Mesut Özil Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de outubro de 1988 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Gelsenkirchen (Alemaña do Oeste) Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoKurdos e Pobo turco Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Peso76 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2006 Editar o valor en Wikidata - 22 de marzo de 2023 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaAlemaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaFußball-Bundesliga, Premier League e Süper Lig Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoMediocampista ofensivo e centrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Rot-Weiß Essen
2006–2008 FC Schalke 04 30(0)
2008–2010 Werder Bremen 71(13)
2009–2013   Real Madrid CF 105(27)
2013–2021 transferencia Arsenal F.C. 184(33)
2021–2022 Fenerbahçe 32(8)
2022–2023 İstanbul Büyükşehir Belediyespor 4(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2006–2007   Alemaña sub-19 11(4)
2007–2009   Alemaña sub-21 16(5)
2009–2018   Alemaña 92(23)
Participou en
2018Mundial de Fútbol Rusia 2018
2016Eurocopa de Fútbol Francia 2016
2014qualificação europeia do campeonato do mundo da FIFA de 2014 (pt) Traducir
2012Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012
2010Mundial de Fútbol Suráfrica 2010 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAmine Gülse (2019–) Editar o valor en Wikidata
ParellaAmine Gülse (2017–)
Mandy Capristo (2015–2017)
Mandy Capristo (2014–2015)
Mandy Capristo (2013–2014) Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webmesutoezil.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm3932946 Instagram: m10_official Twitch: mesutozil FIFA: 305036 UEFA: 103697 Editar o valor en Wikidata

Mesut Özil, nado en Gelsenkirchen o 15 de outubro de 1988, é un ex-futbolista alemán que xogaba de centrocampista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 2005 incorporou ás categorías inferiores do Schalke 04. Na súa primeira tempada, co equipo xuvenil A do Schalke, Özil marcou 10 goles e gañou a Bundesliga sub-19. O 12 de agosto de 2006 disputou o seu primeiro partido da Bundesliga contra o Eintracht de Frankfurt. En xaneiro de 2008, o equipo renano anunciou que desestimaba prolongar o contrato de Özil, que terminaba en 2009.

O 31 de xaneiro de 2008, Özil fichou polo Werder Bremen, nunha operación na que o equipo verdibranco desembolsou 4,3 millóns de euros. O 26 de abril anotou contra o Karlsruhe o seu primeiro gol na Bundesliga. Na tempada 2008/09 gañou a Copa de Alemaña co Werder, anotando o gol da vitoria do seu equipo na final fronte ao Bayer Leverkusen. O 1 de maio de 2010 disputou o seu partido número 100 en primeira división.

Mesut Özil, que tiña contrato co Werder Bremen ata o 30 de xuño de 2011, foi contratado polo Real Madrid CF o 17 de agosto de 2010. O montante da operación ascendeu a 15 millóns de euros. O seu partido de debut co Real Madrid CF foi o 22 de agosto de 2010 contra o Hércules Club de Fútbol, partido que gañou o club madrileño por 3-1. Anotou o seu primeiro gol como merengue o 3 de outubro contra o Deportivo da Coruña, partido que terminou con marcador final de 6 a 1 a favor do equipo madrileño. No partido contra o AC Milan do 20 de outubro de 2010 anotou o seu primeiro gol en Champions League, no minuto 14, tras un pase de Cristiano Ronaldo.

O 2 de setembro de 2013, día límite de traspasos, Özil fichou polo Arsenal FC, a cambio duns 45 millóns de euros, e asinou un acordo de cinco anos co club inglés.[1]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais

[editar | editar a fonte]
Título Club País Ano
Subcampión da 1. Bundesliga Schalke 04 Alemaña Alemaña 2007
Subcampión da 1. Bundesliga Werder Bremen Alemaña Alemaña 2008
Copa de Alemaña Werder Bremen Alemaña Alemaña 2009
Subcampión da Copa de Alemaña Werder Bremen Alemaña Alemaña 2010
Primeira División Real Madrid España España 2011/12
Copa do Rei Real Madrid España España 2010/11
Supercopa de España Real Madrid España España 2012

Copas internacionais

[editar | editar a fonte]
Título Club País Ano
Eurocopa Sub-21 Selección de Alemaña Suecia 2009
Subcampión da Copa da UEFA Werder Bremen Turquía 2009
Terceiro porso na Copa do Mundo de Fútbol Selección de Alemaña Suráfrica 2010

Distincións individuais

[editar | editar a fonte]
Distinción Ano
Futbolista do mes na Bundesliga setembro de 2008
Mellor xogador da primeira volta da Bundesliga 2009
Futbolista do mes na Bundesliga novembro de 2009
Nomeado ao Balón de Ouro no Mundial 2010 2010
Terceiro mellor gol no Mundial 2010 2010
  1. "Özil ya es un nuevo jugador del Arsenal". Marca. 2 de setembro de 2013. Consultado o 2 de setembro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]