Saltar ao contido

Mariano Veloy García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMariano Veloy García
Biografía
Nacemento17 de maio de 1923 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de febreiro de 1988 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1943 Editar o valor en Wikidata - 1953 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Deportivo Fabril
  RCD Espanyol

Mariano Veloy García, nado na Coruña o 17 de maio de 1923 e finado en Barcelona o 3 de febreiro de 1988, foi un futbolista galego. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira no equipo da Fábrica de Armas, fundado por Rodrigo García Vizoso na Coruña. Cando militaba no equipo herculino, un patrón de pesca propúxolle facer unha proba no Espanyol, trala que asinou un contrato de cinco tempadas co club catalán, aínda que a súa estancia cos periquitos acrecentaríase ata un total de once tempadas[1]. Con eles participaría en partidos históricos para o club, coma a goleada acadada en Sarrià por 6-0 fronte ó Fútbol Club Barcelona[2]. Despois do seu paso polo Espanyol, xogou unha tempada no Real Avilés. Trala súa retirada, estabeleceuse en Barcelona, onde viviu ata a súa morte[3].

  1. "Todavía no he perdido las ilusiones de jugar en el Deportivo". La Noche del lunes (suplemento deportivo) (en castelán). 16 de maio de 1955. p. 3. 
  2. "Español, 6 - Barcelona, 0". La Noche del lunes (suplemento deportivo) (en castelán). 16 de abril de 1951. p. 3. 
  3. "Mariano Veloy García". La Vanguardia nº 38.123 (en castelán). 4 de febreiro de 1988. p. 20. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]