Saltar ao contido

Marco Vipsanio Agripa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarco Vipsanio Agripa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) M. Vipsanius L.f. Agrippa
(la) Marcus Vipsanius L.f. Agrippa Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento63 a. C. Editar o valor en Wikidata
Istria Editar o valor en Wikidata
Morte12 a. C. Editar o valor en Wikidata (50/51 anos)
Campania, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMausoleo de Augusto Editar o valor en Wikidata
Senador romano
valor descoñecido – valor descoñecido
Maxistrado monetario
38 a. C. – 38 a. C.
Cónsul romano
37 a. C. – 37 a. C.
Gobernador romano
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto, político da Roma antiga, escritor, militar da Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Período de tempoRepública Romana Tardía e Alto Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeRepública Romana e Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
ConflitoÚltima Guerra Civil da República Romana (pt) Traducir (Batalha de Áccio (pt) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaDinastía Xulio-Claudia e Vipsanii Agrippae (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeCláudia Marcela (28 a. C.–21 a. C.), divorcio
Xulia a Maior (21 a. C., 23 a. C.–12 a. C.)
Cecília Ática Editar o valor en Wikidata
FillosVipsania Attica
 () Cecília Ática
Agripa Póstumo
 () Xulia a Maior
Agripina
 () Xulia a Maior
Lucio César
 () Xulia a Maior
Júlia, a Jovem
 () Xulia a Maior
Caio César
 () Xulia a Maior
Vipsânia Marcela
 () Cláudia Marcela
Vipsania (esposa de Varo)
 () Cláudia Marcela
Vipsania Agripina
 () Cecília Ática Editar o valor en Wikidata
PaisLúcio Vipsânio Agripa Editar o valor en Wikidata  e Ignota Editar o valor en Wikidata
IrmánsVipsânia Pola
Lucius Vipsanius Minor Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1412141

Marco Vipsanio Agripa (en latín, Marcus Vipsanius Agrippa), coñecido usualmente como Agripa, nado cara o 63 a.C.e finado no 12 a.C., foi un importante xeneral e político romano. Foi amigo íntimo, colaborador, xeneral e encargado dos asuntos militares de Octaviano, o futuro emperador Octavio Augusto. Sempre ao seu carón dende a morte de César no 44 a. C., foi o seu principal apoio militar con triunfos como a batalla de Nauloco contra Sexto Pompeio, no 36 a. C., ou a vitoria naval da batalla de Accio contra Marco Antonio e Cleopatra VII de Exipto, no 31 a. C. Estes éxitos militares permitiron o triunfo de Octavio durante as guerras civís, a afirmación da súa autoridade política e a instauración da etapa que se denominou como Principado. Durante os quince anos desta etapa, Agripa, participou, por iniciativa de Augusto, nas novas comquistas do Imperio, en Hispania (20 e 19 a. C.), e no Danubio (13 e 12 a. C.)

Agripa destacou pola súa capacidade militar e política, e polas construcións coas que embeleceu a cidade de Roma, entre as que se conta o Panteón de Roma ou Panteón de Agripa e as Termas de Agripa. Tamén realizou varias construcións por todo o imperio, entre as que destacan o Teatro romano de Mérida, na Lusitania ou o Acueduto de Pont du Gard, na Galia. Tamén é moi recoñecido polo mapa do mundo antigo, proxecto ideado por Xulio César, que elaborou cos datos obtidos durante as súas viaxes e as guerras e cos que construíu unha carta circular, que foi gravada en mármore por Augusto e, despois, colocada na columnata construída pola súa irmá Vipsania Pola.

Agripa foi o sogro do emperador, Tiberio, avó polo lado de Calígula e bisavó materno de Nerón.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacemento e orixe

[editar | editar a fonte]

A data de nacemento estímase, convencionalmente entre o 63 e 62 a.C. a partir das mencións de Plinio o Vello, quen indica que morreu no seu quincuaxésimo primeíro ano, polo que o seu nacemento sería entre marzo do 63 a. C. e marzo do 62 a. C.[1] Autores como Reinhold, con outra interpretación deses datos, establecen o nacemento entre marzo do 64 a. C. e marzo do 63 a. C.[2][3] Porén, hai outras fontes, que a partir dun calendario orixinario de Chipre ou Siria no que se inclúe un mes nombrado como "Agripa" que comezaba o 1 de novembro, estiman que iso podería indicar que ese sería o mes do seu nacemento e o ano 64 a. C.[4]

Tamén é confuso o lugar de nacemento pois, aínda que, ás veces, se cita Istria,[Nota 1] tamén se ten citando Asisium en Umbría ou Arpino no Lacio. A localización exacta segue a ser incerta.[5][6]

A súa gens era descoñecida no panorama político romano anterior a el. É fillo dun home chamado Lucio Vipsanio Agripa,[Nota 2] probablemente dunha familia da orde ecuestre,[7] itálica, relativamente modesta que recentemente conseguira a cidadanía romana. Quizais se trate dunha familia marsa que, trala guerra social de principios de século, accedera á cidadanía.[8][9] Tampouco se coñece nada da súa nai.[3] Estas orixes fan del un homo novus, un home novo, o primeiro da súa familia en acadar os máis altos cargos políticos da República Romana. Ten un irmán máis vello chamado Lucio[Nota 3][10][11]

Partidario de Octaviano. De amigo da infancia a xeneral

[editar | editar a fonte]

Agripa tiña aproximadamente a mesma idade que Octaviano, o futuro emperador Augusto, os dous foron educados xuntos compartindo mestres de retórica como Apolodoro de Pérgamo e estiveron ligados dende pequenos e na adolescencia por unha fonda amizade.[8][12]

A pesar dos lazos da familia coa de Xulio César, o irmán de Agripa optou polo bando contrario durante a guerra civil do 49 a.C. e loitou con Marco Porcio Catón contra César en África, na batalla de Tapso. Cando as tropas republicanas foron derrotadas, o irmán de Agripa foi feito prisioneiro pero foi liberado por Octavio quen intercedeu no seu favor.[8][13] Ninguén sabe se os dous irmáns loitaron entre si en África, pero o mozo Marco Agripa probablemente participase coas tropas de César durante a campaña do 46 e 45 a.C. contra Sexto Pompeio, ao igual que o amigo Octavio. Probablemente, ambos participasen na batalla de Munda.[14][15][16]

César tívoo en suficiente estima como para envialo, posteriormente no 45 a. C., acompañando a Octavio a estudar a Apolonia de Iliria, onde se atopan as lexións de Macedonia en previsión das grandes expedicións militares que planeaba César contra os dacios e os partos,[17] mentres consolidaba o seu poder en Roma.[14] Agripa e Octavio, durante a súa estadía, coñeceron ao astrólogo Teóxenes, que prognosticara unha carreira brillante para Agripa, antes de postrarse ante o destino excepcional de Octavio.[18][19] Pouco despois, César, enviou tamén ao fillo dun dos seus amigos, Caio Mecenas, a estudar con eles. O tres mozos forxaron unha forte amizade no tempo en que estiveron afastados de Roma e baixo as ordes de César. Agripa pronto logrou o apoio das lexións macedonias, grazas á súa incrible habilidade de liderado.[Nota 4] Tamén aprendeu arquitectura, área de coñecemento que aplicaría máis adiante na súa vida.

Ao cuarto mes da súa estancia en Apolonia chegaron noticias do asasinato de Xulio César en marzo de 44 a.C. A pesar do consello de Agripa e doutro amigo, Quinto Salvideno Rufo, para que o futuro emperador Augusto marchase cara a Roma xunto coas tropas estacionadas en Macedonia para eliminar aos asasinos de César, este, decide marchar a Roma discretamente en barco, seguindo o coidadoso consello da súa familia,[20] cunha pequena garda persoal e en compañía dos seus dous amigos. Os consellos destes, non só eran ditados polo seu ardor xuvenil, senón quizais tamén polas ambicións políticas, que buscaban aproveitar as guerras civís para ascender na xerarquía social a costa da aristocracia romana da que están implicados moitos membros. ao asasinato de César.[21][22]

Ascenso ao poder ao carón de Octaviano (44 a. C. - 42 a. C.)

[editar | editar a fonte]
Retrato de Augusto como un rapaz novo (Museo do Louvre), realizado en mármore (27-20 a. C.), atopado na illa Cos, no mar Exeo.

Trala súa chegada foi informado que César nomeárao fillo adoptivo e, polo tanto, herdeiro legal.[23][24] Tanto Agripa como Salvideno empúrrano a acepta-la herdanza contra o consello da súa familia materna[25] e, desta volta, decide reclamar solemnemente a herdanza de César aos maxistrados encargados do testamento,[26] polo cal recibía as tres cuartas partes da fortuna de César, que Antonio rexeita devolverlle, e sobre todo o seu apelido.[27] A partir dese momento, Octavio adoptou o nome de César, pasando a chamarse oficialmente Caio Xulio César Octaviano, motivo polo cal moitos historiadores fan referencia a el como "Octaviano" neste período.

Tralo retorno de Octaviano a Roma, tanto el como os seus partidarios déronse conta de que necesitaban o apoio das lexións e Agripa axudou a Octaviano a recrutar tropas en Campania.[28]

Nese tempo, Marco Antonio encarnou brevemente o desexo de preservar a legalidade da República Romana e, mesmo, chegou, a pesar do clima de tensión, a un compromiso cos conspiradores que asasinaron a César. Isto, inicialmente supuxo un grande éxito para Antonio quen conseguiu con este xesto tranquilizar os veteranos, reconciliar a maioría do Senado e aparecer aos ollos dos conspiradores como o seu interlocutor privilexiado e protector.

Non obstante, a chegada de Octaviano puxo en cuestión as decisións de Marco Antonio sobre os cesaricidas e os seus partidarios pois Octavio quería vingarse e castigar aos conspiradores, o que colocou a Marco Antonio nunha posición incómoda e aínda que puido frear o proceso de ratificación da adopción de Octavio, tivo que aclarar rapidamente a súa posición política por temor a que os seus partidarios pasasen a apoiar a Octavio. Marco Antonio convocou os comicios para o 22 ou 33 de xuño co fin de promulgar leis agrarias favorables aos veteranos que lle permitan asegurar o seu posto ao final do seu mandato como cónsul e situar aos seus principais partidarios á fronte de provincias clave. En particular, tentou asegurarse o control das provincias da Galia Cisalpina,[29][30], gobernada entón por Décimo Xunio Bruto Albino, un dos conspiradores de marzo de 44 a. C.,[31] e da Galia Comata,[29] para controlala a partir do 1 de xaneiro do 43 a. C.

Busto de Agripa, Museo Pushkin.

Durante o verán e o outono do 44 a. C., a situación de Marco Antonio fíxose cada vez máis perigosa. Cicerón, sentindo que podía ser posible despedilo se se favorecía a Octaviano, entrou entón en escena. En setembro do 44 a. C. comezou a pronunciar unha serie de discursos contra Antonio, as Filípicas, co fin de volver contra el ao Senado. Ao mesmo tempo, Octaviano traballou ao seu carón para acelerar a ruptura entre o Senado e Antonio. Este último abandonou Roma en outubro para chegar a Brindisi para se unir ás lexións macedonias que cruzaran o Adriático. Octaviano, Agripa e os seus amigos déronse conta de que precisaban o apoio das lexións e comezaron a espallar propaganda entre os soldados e, como consecuencia, Antonio foi moi mal recibido en Brindisi.

Inmediatamente, Agripa entón axudou a Octaviano a reunir novas tropas en Campania, especialmente entre os veteranos de César.[32][33][34] En novembro, cando Octaviano conseguiu o apoio de gran parte dos veteranos de César, dúas das lexións macedonias orixinais de Antonio, Legio I Martia e Legio V Macedonica,[35]uníronse a el en Etruria. Acépatase, aínda que con algunhas dúbidas, que Agripa fora un dos negociadores que traballara para atrae-las lexións macedonias falando con elas.[36] Octaviano estaba, ao parecer, acompañado por primeira vez de Mecenas, cuxos dotes de diplomático completaban a capacidade militar de Agripa.[32][33][34]

Incapaz de permanecer máis tempo en Roma, ao rematar o seu mandato como cónsul, Marco Antonio convocou o Senado de xeito extraoficial a noite do 28 de novembro[37] no Capitolio[38] para asegurarse de que as súas disposicións tomadas en xuño fosen efectivamente promulgadas.[35] Ao día seguinte, Marco Antonio, que reunira as súas tropas, revisounas en Tívoli e despois tomou a dirección do Norte.[38] Este é o comezo da chamada Guerra de Módena.

Guerra de Módena

[editar | editar a fonte]

O 1 de xaneiro do 43 a.C., Caio Vibio Pansa e Aulo Hircio comezaron os seus mandatos como cónsules, segundo os desexos deixados por César no seu testamento.[39] Dende o inicio do seu mandato producíronse debates que dividiron os senadores sobre a actitude a adoptar fronte ás intrigas de Marco Antonio, e foi durante eses debates que Cicerón pronuncia a súa V Filípica.[39] O 3 de xaneiro, o Senado encomendou aos cónsules a misión de prestar axuda a Décimo Xunio Bruto,[40][41] asediado en Módena por Marco Antonio, co mando dos exércitos, e asociounos a Octaviano,[30][42] quen tiña un imperium propretoriano[43] e para quen foi unha oportunidade de intervir directamente en plena dentro da legalidade.[42][44] Esta, foi a primeira guerra na que Agripa secundou a Octaviano, especialmente durante as batallas de Forum Gallorum e durante o asedio de Módena. Parece ser que o mesmo ano 43 a. C. no que comezou a carreira política de Agripa, quen foi elixido tribuno da plebe (hai que supoñer, polo tanto, que antes fora cuestor), o que lle abriu as portas do Senado.[45][Nota 5]

Octaviano, sentíndose forte coas súas novas lexións e asistido por Agripa, derrotou a Marco Antonio no norte de Italia e, de novo, xunto coas tropas consulares, volveuno derrotar en Módena durante a cal morren os dous cónsules. Daquela, Octaviano, engrandecido polas vitorias marcha a celebra-lo triunfo a Roma e esixe o consulado para o ano seguinte. Como Cicerón e os seus partidarios non eran moi proclives, Octaviano optou por racha-la súa alianza con Cicerón e, no 43 a. C., chegou a un pacto con Marco Antonio, convertido en "inimigo público", que fuxira á Galia e con Lépido. Foi o chamado Segundo Triunvirato.[46][47]

Octavio e o seu colega consular, Quinto Pedio, dirixiron a acusación contra os asasinos de César na súa ausencia e Agripa foi encargado do caso contra Caio Casio Lonxino.[48][49] No 42 a.C., segundo Plinio o Vello,[50] Agripa participou na batalla de Filipos ao carón de Octaviano e Marco Antonio[51] e, probablemente tamén comandou parte das tropas de Octaviano, cando este caeu enfermo. Ao remata-la batalla, morreron preto de 50.000 cidadáns romanos e Octaviano inflixiu numerosas torturas ao séquito dos cesaricidas Bruto e Casio, que morreron en combate.

Guerra de Perusia (41 a. C. - 40 a. C.)

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Guerra civil de Perusia.
Movementos das lexións dos aliados de Octaviano no conflito do asedio da cidade de Perugia (Guerra civil de Perugia) durante o ano 41 a. C.

Despois do seu regreso a Roma, Octaviano enviou a Agripa no ano 41 a.C. para que se encargase do mando da guerra contra Lucio Antonio e Fulvia Antonia, irmán e esposa, respectivamente, de Marco Antonio quen, daquela se atopaba en Exipto.[52] Agripa recrutou tres ou catro lexións de veteranos etruscos[53][54][55][56] e apoderouse de Sutrium que ocupaba unha posición estratéxica na Via Cassia ao norte de Roma, conseguindo con vinte e tres anos unha primeira vitoria dunha longa lista e aliviando así a Salvidienus que podería estar cercado.[57][52]

Con todo, durante esta época o principal xeneral de Octaviano seguía sendo Quinto Salvidieno Rufo[58] que era o seu guerreiro máis experimentado[59] e que se apoderou de Sentinum e despois de Nursia. Entre os dous homes xuntos, obrigaron entón a Lucio Antonio a encerrarse en Perusa.[52][60] Octaviano, como Xulio César arredor de Alesia, construíu unha sólida rede de fortificacións arredor da cidade, para impedir calquera saída e desalentar os ataques dos legados de Antonio.[60][61][62]

Ventidio Baso, Asinio Polio e Munacio Planco, con trece lexións ao seu mando, trataron de levantar o cerco pero non conseguen romper o asedio, atopándose coas manobras de Salviedino e Agripa, que lles infrinxiron importantes derrotas. por todo Perusia. Os tres xenerais abandonan entón a Lucio Antonio e a Fulvia á súa sorte e retiráronse, tendo grandes dificultades para poñerse de acordo entre eles e enfrontándose ao descontento dos seus soldados, cuxos intereses eran que a política de repartición da terra levada a cabo por Octaviano continuase.[54][63]

A guerra rematou coa toma de Perugia no 40 a.C e consagrou o dominio de Octaviano sobre as provincias occidentais, incluída a Galia, pero non puxo fin aos disturbios en Italia. Varias cidades dos Apeninos seguiron resistindo. Munacio Planco permaneceu en Spoleto un tempo antes de unirse a Marco Antonio en Grecia. Agripa, pola súa banda, conseguiu regresar ao campamento de Octaviano con dúas lexións abandonadas por Planco. En Campania, Tiberio Claudio Nerón aínda permaneceu en rebeldía.[64][65][66][67][68]

Busto de Marco Antonio

Defensa de Italia e pacto de Brindisi (40 a. C. - 39 a. C.)

[editar | editar a fonte]

Despois da guerra de Perusa e da marcha de Octavio para a Galia, Agripa foi pretor urbano en Roma, o que supuxo un novo chanzo no seu cursus honorum como maxistrado da República e tiña como misión, defender a Península Itálica fronte a Sexto Pompeio, o fillo de Pompeio o Grande, que ocupaba Sicilia e se opuña ao triunvirato. En Roma, a plebe estaba cansa do bloqueo marítimo imposto por Sexto e, en xullo do 40 a.C., mentres Agripa estaba ocupado coa celebración dos Ludi Apollinares, unha das súas responsabilidades como pretor, Sexto comezou a saquear o sur de Italia, tentou apoderarse de Sardeña, saqueo as costas de Etruria e desembarcou en Córsega.[69][70] A seguir, Agripa viuse entón obrigado a facerlle fronte[64] e conseguiu que se retirase.[71][72]

Con todo, o Triunvirato demostrou ser inestable cando, en agosto do ano 40 a.C. tanto Sexto Pompeio como Marco Antonio invadiron simultaneamente Italia, aínda que de xeito descoordinado. Mentres Marco Antonio desembarca en Brindisi, Sexto fai o propio en Sardeña. Agripa está só e marcha a enfrontar a Pompeio a quen obriga a retirarse[72][73] e, consegue recupera-la cidade de Sipontum (actual Manfredonia), en Apulia, que fora conquistada por Marco Antonio.[74][75] Porén, non consegue convencer ás tropas para marchar, directamente, contra Marco Antonio pois os lexionarios non querían loitar contra un dos herdeiros de César. Só Octaviano, sería quen de convencelos pero, este, caeu enfermo no camiño de volta da Galia e tardou en se unir a Agripa, polo que se deu paso a negociacións diplomáticas.[73] Os soldados veteranos tomaron a inicaitiva rexeitando unha guerra entre partidarios de César e, a oportuna morte de Fulvia, axudou a soluciona-la situación pois, os triunviros, nunha entrevista organizada en setembro do mesmo ano na cidade de Brindisi, na Puglia, acordaron un novo repartimento de competencias.[76] Durante as discusións, Agripa foi un dos intermediarios que negociaron a paz e decatouse que Salvidieno estaba a piques de traizoar a Octaviano e pasarse ao bando de Marco Antonio. Unha vez asinada a paz con Marco Antonio, denunciou a Salvidieno, que foi arrestado e acusado de alta traizón perante o Senado e, posteriormente, morto, non se sabe se por execución ou por suicidio.[77] Daquela, Agripa converteuse no principal xeneral de Octaviano[78] e ocupou este cargo até a súa morte.

A seguir, os triunviros nomearon os cónsules para o ano vindeiro, o 39 a. C.: Caio Calvisio Sabino e Lucio Marcio Censorino. Foran os dous únicos senadores que intentaron defender a Xulio César cando os seus asasinos o apuñalaran o 15 de marzo do 44 a. C.,[79][80] e o seu consulado baixo o triunvirato considerouse un recoñecemento á súa lealdade.[81] Para selar este novo pacto, Marco Antonio casou con Octavia, a irmá de Octaviano.[82] A reconciliación celebrouse pensando entrar nunha nova era de paz.[82]

Denario de Sexto Pompeio, conmemorando unha vitoria naval sobre Octaviano (42-40 a. C.)

Xefe militar e vencedor de guerras civís

[editar | editar a fonte]

Gobernador da Galia (39 a. C. - 38 a. C.)

[editar | editar a fonte]

No 39 a. C. ou 38 a. C., ou quizais non dous anos, Octaviano nomeou a Agripa gobernador da Galia Transalpina[83] para substituír a Salvidieno e conseguiu sufocar a revolta dos aquitanos no 38 a. C., derrotou os belgas, e tamén loitou contra as tribos xermánicas, especialmente os suevos, e se converteu no segundo xeneral romano que cruzou o Rin despois de Xulio César.[84][85][86]

Durante este período ou pouco despois, casou con Cecilia Pomponia Ática, filla de Tito Pomponio Ático, amigo do falecido Cicerón, posiblemente nos anos 43-42 a. C.,[87][88] aínda que para outros autores debeu ser máis ben arredor do 37 a. C.[89] Este matrimonio realizouse coa intermediación de Marco Antonio.[90] A parella cara ao 36 a. C., tivo unha filla, Vipsania Agripina.

Primeiro consulado e campaña contra Sexto Pompeio (37 a. C. - 35 a. C.)

[editar | editar a fonte]

Aínda que non alcanzara a idade requirida de 43 anos, Octaviano chamouno a Roma para asumi-lo consulado, no 37 a. C., pois el mesmo viña de sofrer varias humillantes derrotas navais contra Sexto Pompeio[91] e precisaba da axuda de Agripa para planificar unha estratexia de contraataque. Agripa rexeitou o triunfo concedido polo Senado a petición de Octaviano polas súas fazañas na Galia, crendo que non era prudente celebra-las súas vitorias cando o partido de Octaviano estaba a atravesar un período de convulsións e problemas.[92][84][93] Segundo Dión Casio, quizais Agripa, tamén pretendía non feri-la susceptibilidade do seu amigo Octaviano,[94] a quen debía o seu ascenso político, e non quería acentua-lo contraste entre os seus propios éxitos militares e os reveses de Octaviano.[95] Esta chamada a Agripa para que volvese a Roma foi, quizais, a medida "máis intelixente" realizada polo herdeiro de César durante este conflito,[95] pois, o novo cónsul, debería loitar contra Sexto Pompeio,[92] xunto a Lucio Canino Galo, quen abdicou e foi substituído por Tito Estatilio Tauro, quen comandou unha frota enviada por Marco Antonio coa axuda de Octaviano.[96][97]

Plan de ataque de Octaviano e Agripa contra Sexto Pompeio no 36 a. C.
Áureo de Sexto Pompeio, emitido en Sicilia polo 37/36 a.C.

No entanto, Sexto Pompeio controlaba as costas italianas polo que a guerra xa era algo inminente. O primeiro obxectivo de Agripa foi atopar un porto seguro para a súa frota. Na súa campaña anterior, Agripa non conseguira atopar bases navais en Italia preto de Sicilia, mais nese momento, demostrou grandes "talentos como organizador e construtor" ao "emprender obras xigantescas" coas que logrou construír, en Campania, unha base naval dende cero. Así, cavou unha canle na lingua de terra que separaba o mar do lago Lucrino formando un porto exterior, e outra fusionando o lago Lucrino e o lago Averno para que servise de porto interior.[98] O novo complexo portuario recibiu o nome de Portus Iulius en honra a Octaviano.[99] A seguir, completou o seu plan ocupando a illa de Stromboli.

Para a nova frota, Octavio e Agripa liberaron a 20.000 escravos, copiando o proceder de Sexto Pompeio en Sicilia que até ese momento criticaran.[100][101] Agripa foi o responsable de varias melloras técnicas como barcos máis anchos ou a creación de novos ganchos de abordaxe mellorados (harpax).[102] Aínda que a campaña contra Sexto Pompeio estaba prevista para o 37 a.C., tivo que aprazarse un ano por mor dos traballos de preparación de Agripa e porque Octavio estaba ocupado renovando o segundo triunvirato con Marco Antonio durante o pacto de Tarento. Durante este tempo, Agripa tamén contraeu matrimonio con Cecilia Ática, filla do amigo de Cicerón, Perico Pomponio Ático.[89]

Finalmente, Agripa definiu a estratexia e comezou a da-los primeiros pasos na súa táctica naval, e no 36 a. C., Octaviano e Agripa zarparon dende Italia mentres que Lépido, procedente de África, desembarcaba con moitas tropas no extremo oeste da illa de Sicilia.[103][104] A frota de Agripa estaba moi danada polas tormentas e debería retirarse, polo que Octaviano estaba moi decepcionado pero, aquel, convenceuno para que non se dese por vencido[105] e tentou unha segunda ofensiva en solitario. Así, Agripa, conseguiu ocupalas illas Lípari, intentando atraer a frota pompeiana e, a seguir, decidiu toma-la iniciativa.[105] Grazas a unha tecnoloxía superior e ao forte adestramento das tropas ao seu mando, a frota de Agripa, o 2 de agosto, acadou unha vitoria decisiva en Milas, no nordeste de Sicilia.[106][107] Esta vitoria permitiu que Octaviano desembarcase tres lexións en Sicilia, dirixidas por Lucio Cornificio,[108] malia que a súa frota fora severamente derrotada pola de Sexto Pompeio. Octaviano fora ferido e as súas lexións quedaron abandonadas ao seu destino mais Agripa reaccionou enviando outras tres lexións na súa axuda, dende Milas, e Cornificio puido unirse a elas e, inmediatamente, Agripa tomou a achegada Tíndaris. Isto tivo un forte impacto no exército pompeiano, e Sexto Pompeu xa non puido aprazar o combate final.[109][110]

Moeda de ouro representando a Lépido (43 a. C.)

Foi a batalla naval en Nauloco, en setembro, a que selou o destino de Sexto Pompeio[111] quen perdeu case toda a súa frota fronte Agripa, quen agora dominaba a guerra naval grazas ao uso dun harpax mellorado (un garfio de asalto naval lanzado por balista).[112] Só dezasete barcos conseguen escapar, entre eles o de Sexto Pompeio.[113][114][115]

Lépido uniuse, entón, a Agripa, quen asediaba en Mesina a oito lexións inimigas, e foi Lépido quen recibiu a capitulación do legado pompeiano. Cando chegou Octaviano, Lépido, sentíndose forte ao ver que as oito lexións inimigas se uniron á súa, esixe controlar Sicilia e toda África. Mais, as tropas de Lépido non querían loitar contra Octaviano nin tampouco as oito lexións anteriormente pompeianas polo que ten que entregarse a Octaviano, que fixo que se retirase da escena política,[115][116][117] aínda que puido mante-lo título de pontifex maximus, que ostentou até morrer.

Ocataviano, vendo o seu poder reforzado, retornou a Roma como o xefe de Occidente e celebrou unha ovación.[118][119] Agripa recibiu un honor sen precedentes: unha coroa de ouro adornada coa proa dun barco,[120][121] polos seus servizos en Sicilia. Dión Casio sinalou que "é un condecoración nunca recibida por ninguén e nunca máis outorgada despois del".[122]

Campaña militar en Dalmacia a carón de Octaviano(35 - 34 a. C.)

[editar | editar a fonte]
Denario representando a Agripa cunha Corona Navalis e a Augusto cunha Corona Civica

No verán do 35 a.C., Agripa marchou con Octaviano cara aos Alpes Dináricos, nos Balcáns occidentais. No camiño, someteron parte dos Iapodos e, a seguir, Octaviano pacificou as costas dálmatas.[123][124] Octaviano, ás veces loitando en persoa, e outras dirixindo os exércitos en Dalmacia, tan preto de Italia, asumiu o papel de soldado e de defensor de Roma e adquiriu unha nova estatura como dirixente militar.[125] Tauro e Agripa, que participaban nas campañas militares de Octaviano, apartáronse a un segundo plano para lle deixar toda a gloria e non ofender ao novo dono de Occidente,[126] apoiándoo nos momentos precisos.[127][123]

Á fronte da frota, Agripa dirixiu as primeiras operacións da segunda campaña dálmata no 34 a.C., defendendo as colonias cesarianas contra os dálmatas. Varios éxitos navais e despois terrestres permitiron recupera-los símbolos e estandartes perdidos por Aulo Gabinio no 47 a.C. polo que Agripa puido regresar a Roma no outono.[128]

Por primeira vez na historia de Roma, a frota non se desmobilizou despois dun enfrontamento senón que se conservou, se mantivo e foi reutilizada nasseguintes campañas, en particular para esta campaña en Dalmatia.[129] Octaviano incrementou a frota con buques chamados "liburnes", entregados polos dálmatas e os ilirios, que foron decisivos en Actium.[127][130]

No servizo público en Roma (34 - 31 a. C.)

[editar | editar a fonte]
Restos do acueduto de Aqua Marcia preto de Tívoli.

Tras participar nas actividades militares menores nos anos 35 e 34 a.C., e o regreso a Roma no outono nese último ano, Agripa, realizou unha importante campaña de reparacións e melloras públicas na cidade de Roma, e para iso, accedeu a ser elixido edil no 33 a.C. cando xa chegara ao consulado con 37 anos,[131] dando un paso atrás na súa carreira política, o que se convertera nun feito extraordinario: Agrippa aedilis post primum consulatuma.[132][133]

Destacou nas súas funcións polo seu considerable traballo para mellora-los equipamentos e as condicións de vida da cidade de Roma.[133] En primeiro lugar, empregando os seus coñecementos en arquitectura, preocupouse pola ampliación da rede de distribución de auga para abastecer a máis cidadáns, en particular mediante a reparación, á súa costa, das súas instalacións, como no acueduto de Aqua Appia, o de Anio Vetus e o de Aqua Marcia[132][133] e mediante a construción dun novo acueduto, o Aqua Julia, bautizado en honra ao seu amigo Octaviano.[131][134]

Relevo na Fontana di Trevi, Roma, no que se representa a Agripa aprobando a construción do Aqua Virgo.

Agripa formou un equipo de máis de 200 escravos para manter os acuedutos, os encoros e as fontes. Este equipo axudouno durante a renovación e construción dos acuedutos de Roma ata a súa morte.[135][136][137] O sistema de abastecemento de auga estaba desfasado e descoidado antes da súa edilidade debido ás guerras civís e, Agripa, proporcionou á cidade moitos puntos de abastecemento, o que permitiu que case tódalas casas tivesen unha cisterna, un tubo ou unha fonte. Autores antigos como Estrabón ou Plinio o Vello marabilláronse ante o gran número de pozas e fontes, así como o seu mantemento, e viron a Agripa como un benfeitor.[138] Daquela, podíase falar de "Roma como unha auténtica cidade de fontes".[133]

Tamén renovou as rúas, limpou os sumidoiros e a Cloaca Máxima, construíu termas (as chamadas Termas de Agripa) e pórticos e fixos xardíns. Tamén deu impulso estimulou a exposición pública de obras de arte mentres se organizaban suntuosos espectáculos[139][140] e, mesmo, instalou na spina do Circo Máximo sete golfiños que actuaban como contador das voltas.[141]

Cómpre salientar o excepcional e infrecuente que un antigo cónsul ocupase unha maxistratura inferior como a de edil mais o éxito de Agripa no cargo rompeu coa tradición. Cando, posteriormente, Octaviano se converteu no emperador augusto, chegou a presumir de "ter atopado unha cidade de ladrillo e deixar unha de mármore"[142] grazas en parte aos grandes servizos que Agripa lle prestou baixo o seu goberno. Igualmente, Plinio o Vello falou dunha memorabilis aedilitas.[133] Toda esa obra, haina que situar no marco da propaganda de Octaviano que debía consegui-lo apoio do pobo e, Agripa, acompañou estas renovacións con celebracións fastuosas durante os días festivos. Tratábase dunha operación de sedución, mobilización e condicionamento da plebe romana.[139]

Ao mesmo tempo, Agripa expulsou de Roma a astrólogos e magos. Moitas veces procedentes de Oriente, eran acusados, estes, de socavar os fundamentos da relixión tradicional romana e de representar unha "quinta columna" que apoiaba os intereses de Marco Antonio ao prever a súa futura vitoria nos albores da derradeira Guerra civil da República romana.[143][134]

No 32 a. C., Ático, o sogro de Agripa, vítima dunha grave enfermidade, chamou aos seus amigos entre os que se contaban Agripa e Cornelio Nepote, amigo e biógrafo de Ático, para anunicarllers que decidira suicidarse polos padecementos que que sufría, o que segundo Cornelio Nepote, causou un gran pesar en Agripa.[144] Morreu o 31 de marzo e o seu funeral, a petición súa, foi modesto.[145] Probablemente, Agripa herdou unha parte da inmensa fortuna de Ático.[146]

Imaxe de Agripa nun relevo da Ara Pacis, ou "Altar da Paz", en Roma.

A guerra contra Marco Antonio e Cleopatra

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Batalla de Accio.

Ao estalar a guerra contra Marco Antonio e Cleopatra, Agripa recuperou o seu papel de xeneral de Octaviano polo que abandonou Roma para dirixi-la frota coa que fixera marabillas contra Sexto Pompeio[147][148] pois os dous triunviros buscaban un enfrontamento naval, tratando de evitar un enfrontamento terrestre entre as lexións propias, dado que todas afirmaban proceder das do Divino Xulio César.

Nese momento, Marco Antonio posuía unha clara superioridade marítima, estando probablemente á fronte de cincocentos navíos de combate, aos que hai que engadir quizais douscentos barcos exipcios; en troques, Octaviano e mais Agripa tiñan unha frota menor, de trescentos a catrocentos barcos, pero moito máis manexables, especialmente os liburnes, que estaba moi entranados tralas campañas contra Sexto Pompeio.[129]

Porén, Agripa frustrou as trampas de Marco Antonio ao atacar, en primeiro lugar, as súas subministracións. As liñas de subministracións de Marco Antonio estendéronse dende Grecia até Exipto, mentres a súa frota estaba despregada entre o suroeste do Peloponeso e o Epiro. Por iso, Agripa atacou e ocupou a estratéxica cidade de Modona, en Mesenia, no suroeste do Peloponeso para, posteriormente, marchar cara ao norte, asediando a costa grega, e ocupar Corcira (actual Corfú) que se converteu nunha base naval de Octaviano.[149][150][151]

Octaviano embarcou as súas tropas e desembarcou en Epiro coas súas lexións antes de unirse ao promontorio de Actium. Marco Antonio, sorprendido, trasladou as súas tropas e a súa frota ao lugar escollido polo seu adversario.[149][151] Mentres tanto, Agripa, coa frota de Octaviano, seguiu acosando as liñas inimigas e apoderouse das illas de Lefkada, Ítaca, Cefalonia e Patras, e ameazou Corinto[152][153] e conseguiu destruíla frota de Quinto Nasidio, un dos comandantes de Antonio, nunha batalla naval en Patras.[154]

Disposicións das frotas durante a batalla de Accio.

Dión Casio relata que de camiño a Accio, Agripa cruzouse coa frota dun legado de Marco Antonio, Caio Sosio, quen levou a cabo un ataque por sorpresa contra un escuadrón de Lucio Tario, un aliado de Octavio,[149][151] mais a inesperada chegada de Agripa decantou a vitoria cara ao bando de Ocataviano[155][156][Nota 6] e, máis tarde, Agripa conseguiu encerrar a frota de Antonio no Golfo de Ambracia. Neses intres, Marco Antonio podía optar por se retirar coas súas forzas terrestres pero implicaría perde-la frota que era imprescindible para manter-las liñas de comunicación co resto de Oriente.[157]

Segundo Dión Casio,[158] cando a batalla era inminente, Octaviano foi informado de que Marco Antonio e Cleopatra planeaban rompe-lo seu bloqueo naval que pechaba o acceso ao mar Xónico e tentar fuxir. e pensou que se deixaba que pasasen os buque insignia, podería alcanzalos cos seus barcos lixeiros, provocando así a rendición da frota inimiga ao ve-la covardía dos seus líderes. Doutra opinión era Agripa, quen opinaba que os barcos inimigos, máis grandes, poderían escapar da frota de Octaviano se forzaban o ritmo polo que era partidario de se atreveren a un ataque inmediato, ao estar a frota de Octaviano debilitada polos danos causados por unha tormenta.

Octaviano seguiu o consello do seu amigo e o 2 de setembro do 31 a. C. tivo lugar a batalla de Accio[159][160][161] que rematou coa vitoria de Octaviano, que conseguiu así o dominio total sobre o Imperio Romano, e grazas principalmente ao traballo de Agripa.

Cleopatra e Marco Antonio conseguiron romper o bloqueo, pero abandonaron alí boa parte da súa frota. Agripa e Octavio seguiron bloqueando a entrada ao golfo e a batalla aínda non semellaba decisiva. Despois dalgunhas vacilacións, os barcos de Antonio, grandes e lentos, dirixidos polo cónsul Caio Sosio, foron derrotados polos barcos máis pequenos e manobrables de Agripa e o seu armamento superior. Os barcos de Cleopatra, en lugar de loitar, fuxiron a través dos barcos de combate, seguidos de Antonio. A loita rematou coa aniquilación da frota de Antonio e a fuxida de Antonio e Cleopatra a Exipto. A frota e, sobre todo, as lexións antonianas, que probablemente ían retirarse, dirixíronse a Octaviano seguramente mal interpretado a fuga dos seus líderes. A batalla de Actium conveteuse, así, nunha vitoria decisiva, debido principalmente ao mérito de Agripa, e deulle a Octavio o control sobre Roma e o Imperio.[162][163][164][165]

Como mostra de agradecemento, Octaviano deulle a man da súa sobriña, Marcela a Maior, no ano 28 a.C. Tamén obtivo un segundo consulado conxuntamente con Octaviano ese mesmo ano. No 27 a. C., Agripa conseguiu o seu terceiro consulado, de novo con Octaviano, ano no que o Senado concedeu a Octaviano o título imperial de Augusto.

Retorno a Roma: grandes obras

[editar | editar a fonte]

Novos consulados (31 - 27 a. C.)

[editar | editar a fonte]
Vista frontal de Augusto de Prima Porta (Museo Chiaramonti, Vaticano).

Trala vitoria de Actium, Octaviano preparou unha campaña contra Exipto: con todo, todas as lexións de Antonio presentes en Actium uníronse á súa. Decidiu desmobilizar a metade do seu exército que regresou a Italia, e enviou a Agripa de volta a Roma para se enfrontar á insatisfacción dos veteranos que aínda non tiñan recibido ningunha recompensa. En ausencia de Octaviano, Agripa e Mecenas exerceron a interinidade en Roma e Italia. Porén, ningún deles exerceu ningunha maxistratura, sendo ambos meros privatus. O prestixio dos compañeiros de Octaviano foi suficiente para establecer a súa autoridade. Ámbolos dous puideron usa-lo selo de Octaviano e abri-las súas cartas ao Senado.[166][167]

Agripa tivo grandes dificultades para conte-lo descontento dos veteranos e fixo un chamamento a Octaviano para que interviñese. Este último desembarcou en pleno inverno en Brindes para achegarse a Roma, tendo que atrasa-la súa campaña contra Exipto.[168] Octaviano expulsou de Italia os proscritos e antigos partidarios de Marco Antonio para ceder terras aos veteranos, e refundou a colonia de Cartago.[169] A frota, agora permanente, tivo a súa base primeiro en Forum Julii, mais despois volveuse implantar nas costas italianas, en Miseno e Rávena, e seguramente Agrippa tivo un importante papel na redistribución do sistema naval imperial.[169][170]

Octaviano estableceu os seus poderes triunvirais, que lle asignaran para restaura-la República, e logo fixo un sexto consulado, escollendo a Agripa como colega. Isto permitiu dar a ilusión de que as institucións republicanas estaban a funcionar de novo, a través do respecto á colexialidade da maxistratura suprema. Ademais, a elección de Agripa permitiulle a Octaviano ter un colega que non lle facía sombra, e a parella consular renovous no 27 a.C.[171][172] Ese ano, o Senado concedeulle o título de Augusto a Octaviano, dando así a luz ao Principado e, a seguir, os dous cónsules purificaron as listas senatoriais para volver a un Senado de 600 membros.[173] Como recompensa polas súas accións, Agripa recibiu unha condecoración especial: un estandarte azul mar. Probablemente foi elevado a patricio e recuperou o dominio de Marco Antonio no Monte Palatino, que compartiu con outro próximo ao emperador, Valerio Mesala,[87][174] instalándose ambos preto da residencia imperial.[175][176]

Augusto deulle a Agripa, que non se sabe se estaba viúvo ou divorciado de Ática, a man da súa sobriña Claudia Marcela a Vella, no 28 a.C.[87][174] Xuntos tiveron unha nena, Vipsania Marcela, que naceu arredor do 27 a.C.

A grande obra do Campo de Marte (27 a. C. - 23 a. C.)

[editar | editar a fonte]
Augusto e Agripa representados nun denario (27 a. C.-14 d. C.). No anverso aparece a inscrición C. AVGVSTVS COS • XI, representando a Augusto coa coroa de loureiro; e no reverso, esá Agripa, coa inscrición • M • AGRIPPA • COS • TER • COSSVS • LENTVLVS, con coroa rostral.
Maqueta de Italo Gismondi coas construción de Agripa no Campo de Marte: a Saepta Julia na parte superior, o Panteón de Roma á esquerda e as Termas de Agripa á dereita, a ambos os lados da Basílica de Neptuno, e na parte inferior os xardíns de Agripa no medio do cal atopamos o estanque que el construíu.

Despois de estar en campaña en Hispania durante tres anos, Augusto decidiu marchar á Galia e abandonou de novo Roma no verán do 27 a.C. deixando a cidade unha vez máis en mans de Agripa e Mecenas.[177] Inmediatamente, Agripa comezou un programa de importantes obras en Roma que continuaron as xa realizadas durante os anos da súa edilidade do 33 a. C. Así, comezou coas obras de construción no Campo de Marte, pouco urbanizado naquela época, e dedicado ata entón á formación militar e ás actividades cívicas[178] Agripa perseguía entón tres obxectivos:[179] contribuír ao benestar dos cidadáns, embelecer Roma e celebra-la gloria e grandeza do Imperio e de Augusto.

As construcións realizáronse a costa da súa enorme fortuna conseguida ao final das guerras civís, despois de ter recuperado moitos bens dos proscritos e partidarios de Antonio, incluíndo terras no propio Campo de Marte; tamén herdara propiedades do seu rico sogro, Ático, e recuperara grandes propiedades en Sicilia trala derrota de Sexto Pompeio, así como en Exipto despois de derrotar a Marco Antonio e Cleopatra VII.[180][181] Ademais, contou tamén con moitas minas e fábricas que facilitaron os seus proxectos, así como cunha abundante man de obra e xente altamente cualificada entre os seus numerosos escravos e libertos. A isto sumáronse arquitectos e técnicos da súa contorna, entre eles Vitruvio.[182][146]

A primeira grande obra foi a finalización dos proxectos de Xulio César, substituíndo o recinto de madeira arredor da Saepta, rebautizado como Saepta Julia, que albergaba as reunións dos comicios, con muros de mármore rodeados por un pórtico. Completou o conxunto cun edificio de planta rectangular con columnatas, decorado con moitas esculturas, e que se converteu nun lugar privilexiado frecuentado polos romanos.[183][184] Tamén construíu baños públicos abertos, aportando moitas novidades para este tipo de edificacións: as Termas de Agripa.[185][186] Tamén construíu un estanque e abasteceunl, xunto coas súas termas e, en xeral, todo o barrio do Campo de Marte, coa construción dun novo acueduto, o Aqua Virgo,[187] que foi inaugurado no ano 19 a.C.[188] A seguir, como conmemoración da batalla de Actium, Agripa construíu o edificio que serviría de Panteón e que, despois da súa destrución no ano 80, o emperador Hadriano empregará para o seu propio Panteón, que é o edificio que podemos ver hoxe en día en Roma. Unha inscrición presente neste novo edificio, construído no 125, conserva o texto que estaba presente no edificio de Agripa durante o seu terceiro consulado no 27 a. C.[189] A maiores, preto do Panteón, construíu unha basílica, chamada "de Neptuno", para conmemora-las vitorias navais de Augusto contra Sexto Pompeio e Marco Antonio, ás que tanto contibuíra el.[190][191]

Cando a súa residencia no monte Palatino, que fora anteriormente de Marco Antonio, foi destruída polo lume no 26 ou 25 a. C., foi convidado por Augusto para se instalar no palacio imperial.[179]

No 25 a. C., o sobriño do emperador, Marco Claudio Marcelo, casou coa filla de Augusto, Xulia, oficiando Agripa en ausencia de Augusto.[192] Augusto enfermou en Hispania e comezou a se preocupar pola sucesión: daquela, conferiu grandes honras ao seu sobriño, convertido xa en xenro, polo que se converteu en herdeiro do emperador aos ollos do pobo.[192]

No 23 a.C., de volta de Hispania, Augusto empreorou da enfermidade e decidiu dar o seu selo autenticando os actos oficiais con Agripa en presenza de todos os maxistrados e dos principais senadores e autoridades de Roma.[193] Por outra banda, entregou os seus documentos militares e financeiros, así como os seus arquivos, ao seu cocónsul Cneo Cornelio Pisón, antigo republicano. Se o emperador morrese, Agripa herdaría a fortuna privada do príncipe e a súa clientela, mentres que o Senado e o pobo romano recuperarían oficialmente os seus poderes a través de Pisón. Porén, foi Agripa quen recuperaría unha posición forte como consecuencia destes arranxos feitos polo emperador, que podería ter transmitido a Marcelo cando este e o pobo estivesen preparados.[194][195]

O Panteón de Roma foi reconstruído polo emperador Hadriano seguindo o deseño de Agripa. Mostra a lenda M·AGRIPPA·L·F·COS·TERTIVM·FECIT, que significa Marco Agripa, fillo de Lucio, construído durante o seu terceiro consulado

Goberno das provincias orientais (23 a. C. - 21 a. C.)

[editar | editar a fonte]
Busto de Marco Claudio Marcelo.

Para sorpresa de todos o emperador, finalmente, conseguiu recuperarse. Os autores antigos afirman que a amizade de Agripa con Augusto parece que se viu empañada polos celos cara ao seu cuñado Marcelo, probablemente por instigación de Livia, a terceira esposa de Augusto. A saída de Agripa de Roma explícase, habitualmente, por estes celos máis que pola necesidade de gobernación das provincias orientais e que foi considerada como un exilio honorable. Con todo, Augusto tiña previsto acudir a estas provincias mais, estando aínda convalecente, enviou ao seu colaborador máis próximo, Agripa, quen recibiu un imperium superior a calquera outro en Oriente.[196][197][198]

Porén, Agripa enviou o seu legado a Siria mentres el mesmo permanecía en Lesbos e gobernou dende a distancia. Alí, escribiu alí as súas memorias, así como un comentario xeográfico, obras que se perderon.[198][199]

Tamén se lle encargou unha misión secreta, a de negociar cos partos[199] a devolución das aguias das lexións romanas das que se apoderaran na batalla de Carrhae. De feito, pouco despois da súa presenza en Oriente, chegaron a Roma os embaixadores do rei dos partos, Fraates IV. Augusto decidiu liberar o fillo do rei, o futuro Fraates V, a condición de que os estandartes perdidos por Craso e os prisioneiros de guerra do 53 a.C. fosen devoltos a Roma.[200][201] De situarmos estes acontecementos durante a crise política do 23 a. C., intentando instaurar un novo réxime político, sinónimo de convulsión, "exiliase" ao seu principal colabora que era quen de dirixi-lo conxunto das tropas romanas. É máis probable que fose unha decisión política prudente na que, Augusto, tería mandado a Agripa para pórse á fronte das lexións de Oriente coa posibilidade de empregalas, se o establecemento do Principado requirise dun rápido apoio militar.

Despois da súa enfermidade, Augusto debeu enfrontarse a un complot no marco da crise política do 23 a.C.[202][203] que rematou co Segundo Pacto entre Augusto e o Senado. Mentres, Augusto establecera a súa sucesión, cun coxestor dedicado e eficiente e un novo herdeiro prometedor,[204] este último, Marco Claudio Marcelo, morreu de súpeto no 23 a. C., polo que Augusto houbo pronunciar o eloxio do seu xenro e Marcelo foi o primeiro membro da familia imperial que inaugurou o mausoleo de Augusto.[205][206]

O emperador, que permaneceu en Roma, atopouse con cada vez máis hostilidade por parte da aristocracia romana, sendo demasiado evidente o seu dominio da vida política. Despois optou, como cinco anos antes cando marchara a Hispania, por afastarse de Roma. Así, pretendeu unirse a Agripa en Oriente e fixo unha primeira parada en Sicilia.[207] Mais as eleccións consulares para o ano 21 a.C. provocaron graves convulsíons en Roma pois dous candidatos pretenderon impoñerse pola forza.[208]

Co-emperador e herdeiro de Augusto

[editar | editar a fonte]

Retorno a Roma e casamento con Xulia

[editar | editar a fonte]

É aceptado que foi Mecenas quen aconsellou a Augusto, preocupado pola súa sucesión e polos problemas de Roma, que se achegase a Agripa e o convertese no seu xenro, pois pensaba que Augusto fixera tan poderoso a Agripa e dependía tanto del que tiña que ser eliminado ou controlado.[209][210] Augusto, nos seus tres matrimonios (con Clodia Pulcra, Escribonia e despois Livia) non tivera máis que unha filla polo que animou a Agripa a desfacerse de Marcela e casar coa súa filla Xulia a Maior, a viúva de Marcelo, quen era moi eloxiada pola súa beleza, as súas habilidades e polo seu comportamento libertino.[211][212]

Daquela, Agripa abandonou Mitilene antes do final do inverno do 22-21 a. C. para casar con Xulia en Roma, mentres Augusto, continuou a súa viaxe por Oriente, deixándo todo en mans de Agripa, cuxo matrimonio coa filla de Augusto lle daba suficiente lexitimidade para facer fronte aos problemas de Roma.[213] O novo matrimonio fixo construír unha vila na marxe dereita do Tíber, preto do Trastevere, onde se atoparon unha serie de pinturas que testemuñan o interese de Agripa e a súa muller polas obras de arte.[211] Tamén se construíu unha ponte para unir a vila co resto da cidade: a ponte de Agripa.

Agripa, que tiña a mesma idade que o emperador e polo tanto a idade para ser pai da súa muller tivo con ela tres fillos. O nacemento de Caio e Lucio Xulio César Vipsanio nos anos 20 e 17 a. C. encheu de ledicia ao emperador que os adoptou, converténdoos nos seus herdeiros.[196][214][215] No medio dos dous, Agripa e Xulia tamén tiveron unha filla: Vipsania Xulia Agripina, nacida no 19 a. C.[216]

Goberno de Occidente (20 - 19 a. C.)

[editar | editar a fonte]
Operacións militares romanas levadas a cabo durante as Guerras Cántabras no 26 e 25 a. C. por Augusto e os seus legados.
O teatro romano de Mérida, en España. O seu promotor foi Agripa, que o construíu entre os anos 16 e 15 a. C.

Polo 20 a. C., Agripa abandonou Roma para unha perigosa misión en Occidente.[216][217] Agripa marchou, en primeiro lugar, cara ao Rin, onde rexeitou as incursións xermánicas e fundou unha cidade no lugar da actual Colonia, na marxe dereita do Rin, ao desprazar unha tribo aliada con Roma, os ubios.[218][219][220]

Sentou as bases para a organización da provincia da Galia, reformando a administración provincial, o sistema fiscal e construíndo unha importante rede de acuedutos. Emprendeu, por orde de Augusto, a construción da rede de vías romanas na Galia.[218][217] Lugdunum atópase no corazón da rede de estradas que creou na Galia, a cidade converténdose entón na capital das Galias baixo o seu mandato.[221] A colonia de Nemauso, fundada por Augusto baixo a dirección de Agripa uns anos antes, converteuse na sede dunha ceca e alí construíronse moitos monumentos.[222][223]

Logo, marchou a loitar contra os cántabros en Hispania para pór fin ás reiteradas revoltas.[218] Ao norte da Península Ibérica, na terra dos ástures, cántabros e galaicos, as poboacións desta comarca montañosa defendían ferozmente o territorio e os exércitos de Augusto levaban xa dúas décadas nunha guerra de conquista. Os ástures están sometidos mais os cántabros seguían a resistir.[224][225] Agripa obtivo, empregando o terror, un éxito definitivo no 19 a. C.:[224] masacrou a maioría dos homes en idade militar, escravizou a boa parte do resto da poboación cántabra e obrigou aos superviventes a se asentaren nas chairas abandonando as montañas.[222] Como na Galia anteriormente, levou a cabo a organización administrativa da provincia, fundando alí cidades de veteranos e desenvolvendo a rede viaria.[222][226] Construíu un teatro en Augusta Emerita (actual Mérida) que se inaugurou entre os anos 16 a. C. e o 15 a. C.[227]

A Maison Carrée en Nemausus (actual NImes), construída cara ao 19 a. C.; Agripa foi o seu patrón.

Regreso a Roma e os xogos seculares (19 a. C. - 17 a. C.)

[editar | editar a fonte]

Agripa converteuse, entón, en collega do emperador.[196] O retrato de Agripa apareceu unido, como o dun coemperador, ao de Augusto nas moedas emitidas a finais do século I a.C. na colonia romana de Nemausus, o que amosa a súa altísima posición política e o seu inmenso prestixio pola súa importante función dende a vitoria de Actium. Ao seu regreso a Roma, declinou o triunfo que lle concedeu o Senado, non querendo proxectar a máis mínima sombra sobre o emperador.[228][219] Agora colega do Emperador e herdeiro, xa non depende do Senado senón só do Emperador.

No 18 a.C., Augusto ve renovados os seus poderes e quere que Agripa reciba tamén o imperium excepcional así como o poder tribunicio durante cinco anos,[218][229] que el mesmo recibira no 23 a.C. por primeira vez.[230] No 17 a. C., Augusto decidiu celebrar os Xogos seculares, para conmemora-lo novo século de ouro.[231] O emperador e Agripa foron, ámbolos dous, os presidentes do colexio de sacerdotes encargados da cerimonia: os Quindecemviri sacris faciundis.[232][233] O emperador e Agripa sacrificaron varios animais ás Parcas, Xuno, Diana e Apolo.[233][234] Agripa ofreceu varias carreiras de carros ao pobo.[235] É durante estes xogos cando naceu Lucio, que coincidiu coa nova idade de ouro cantada por Horacio e Augusto adoptouno co seu irmán máis vello Caio.[214]

Goberno de Oriente (17 a. C. - 13 a. C.)

[editar | editar a fonte]
Copia dunha inscrición dedicada a Agripa polos atenienses, ca. 23 a. C. O orixinal está no Museo Nacional Arqueolóxico de Atenas; a copia está no Museo da Civilización romana, en Roma.

Poucas semanas despois da fin dos Xogos e do nacemento de Lucio, Agripa marchou de Roma cara a Oriente coa súa muller, o que incumpría as regras dun xefe militar.[236] Porén, isto reforzou o prestixio do xenro de Augusto pois polas cidades gregas polas que viaxaron, foron atendidos con numerosos honores. A súa misión era a mesma que durante a súa anterior visita a Oriente: garantir o restablecemento das finanzas das cidades da parte oriental do Imperio.[237][238]

A finais do ano 15 a. C., en Grecia, naceu a segunda filla da parella, Agripina.[237] A súa primeira filla, Vipsania Agripina, que casou con Tiberio,[193][239] tamén lle deu un neto dá un neto a Agripa, Xulio César Druso, nado entre 15 a. C. e o 13 a. C.[240]

No 14 a. C., mentres viaxaba a Asia Menor, foi velo Herodes I o Grande, rei de Xudea aliado de Roma e invitouno a ir a Xerusalén.[241] Instalou veteranos na colonia romana de Julia Augusta Felix Berytus (actual Beirut).[242][243] De volta en Xonia, onde Herodes se uniu a el, Nicolao de Damasco foi enviado a Agripa para defender a causa dos xudeus que vivían nas cidades helenizadas. A prudente administración de Agripa gañoulle o respecto e os bos auspicios dos provincianos, especialmente dos xudeus. Agripa preparou entón unha campaña contra Escribonio, un suposto herdeiro do peor inimigo das primeiras décadas deste século, Mitrídates VI do Ponto, que loitou contra Roma entre o 88 a. C. e o 63 a.C. durante as Guerras mitridáticas. Este pretendente tentaba imporse no reino do Bósforo.[244] Agripa restableceu o poder de Roma sobre os habitantes de Crimea enviando a Polemón I do Ponto, aliado de Roma. Agripa recibiu grandes honores e mesmo un triunfo por vencer a un herdeiro de Mitrídates VI e recuperar as aguias romanas capturadas por este, vía Polemón, mais volveu declinar a celebración do triunfo o que tivo unha gran repercusión en Roma. Como consecuencia de toda a campaña, o trigo cimerio volveu abastecer a Grecia e Anatolia.[245][246]

Panonia: a derradeira campaña (13 a. C.- 12 a. C.)

[editar | editar a fonte]

No ano 13 a. C., Augusto e mais Agripa, despois de ter gobernado Occidente e Oriente respectivamente durante algúns anos, regresaron a Roma para renovar o imperio e o poder tribunicio durante cinco anos.[247] No outono, renovados xa os seus poderes, Agripa abandonou Roma para levar a cabo o seu derradeiro servizo que foi o inicio da conquista da rexión máis aló da fronteira natural creada polo río Danubio, que se convertería na provincia romana de Panonia no ano 13 a. C.[248] Esta rexión era o último acceso directo a Italia para os inimigos de Roma dende que o arco alpino fora sometido por Augusto. Ademais, os panonios fixeron incursións pouco tempo antes chegando até Istria. Esta campaña de Panonia foi, quizais, parte dun plan máis amplo que se combinou coa ofensiva planificada de Druso para o ano seguinte en Xermania. Inicialmente, Agripa intervu na rexión do Alto Danubio, nos vales de Save e Drava.[249][250]

Porén, durante o inverno do 13-12 a. C., o seu estado de saúde empeorou e decidiu abandonar as montañas de Panonia para se retirar a Campania, onde morreu.

Morte e funerais (12 a. C.)

[editar | editar a fonte]
Templo de Agripa, sitio arqueolóxico de Glanum (nas aforas de St-Remy-de-Provence (Francia)[Nota 7]

Morreu en Campania entre o 19 e o 24 de marzo do ano 12 a. C. aos 50 anos.[251][252][196]

Segundo Plinio o Vello,[253] Agripa padeceu durante anos ataques violentos de gota así como de reuma, como demostran as moitas dedicacións á Saúde durante a súa estancia na Galia.[254][255] Segundo os historiadores modernos, Agripa, debilitado, non aguantaría os rigores do inverno nas montañas de Panonia ou puido verse afectado, igual que Lépido, por unha epidemia que chegou a Italia nos primeiros meses do ano 12 a. C.[256]

Augusto honrou ao seu amigo organizando un funeral grandioso, de acordo co que estaba a planear para el. Pronunciou o eloxio fúnebre diante do templo do Divino Xulio e pasou máis dun mes de loito.[256] Adoptou os fillos de Agripa -Caio César e Lucio César- e encargouse el mesmo da súa educación. Aínda que Agripa xa construíra a súa propia tumba, Augusto dispuxo que fose enterrado no propio mausoleo do emperador,[257] converténdoo así nun membro de pleno dereito da familia imperial.[258]

A aristocracia romana manifestou o profundo desprezo que tiña por Agripa, considerado por ela como un advenedizo, ou homo novus, ao negarse a asistir aos xogos fúnebres celebrados na súa honra. A plebe, pola contra, homenaxeou masivamente ao xenro do emperador, polo seu labor municipal que contribuíu en gran medida ao benestar de tódolos romanos, en particular mellorando o abastecemento de auga da cidade.[259][260]

Testamento

[editar | editar a fonte]

Agripa, legou un pórtico que foi rematado pola súa irmá, o pórtico de Vipsania, no Campo de Marte. A petición de Augusto e segundo o desexo de Agripa, nas súas paredes mostrábase un mapa do mundo, ofrecido ao público, en pintura ou mosaico. Este orbis terrarum representaba o mundo tal e como se coñecía cos límites do Imperio e este mapa foi elaborado a partir das indicacións deixadas por Agripa.[135][261][262]

Táboa de Peutinger. Facsímile de Konrad Miller (1887), que representa un mapa romano no que aparecen os camiños e as villas principais do Imperio romano.
Táboa de Peutinger. Facsímile de Konrad Miller (1887), que representa un mapa romano no que aparecen os camiños e as vilas principais do Imperio romano.[Nota 8]

Agripa entregou a maioría das súas posesións ao emperador no seu testamento,[259] incluíndo o seu equipo de escravos para manter a rede de abastecemento. As súas termas foron legadas ao pobo romano, así como os parques e xardíns que acondicionou. Augusto repartiu 100 denarios de prata aos cidadáns beneficiarios do repartimento de trigo en nome do seu xenro.[135][260]

O seu fillo póstumo, nacido a finais de ano, Marco Vipsanio Agripa Póstumo, recibe o nome na súa honra[263] e Augusto non o adoptou para que continuase o nome da familia.

Personalidade de Agripa

[editar | editar a fonte]

Agripa foi “ó mesmo tempo, xeneral, almirante, arquitecto, ministro de obras públicas, home de letras, administrador e xeógrafo. Foi un dos principais artífices da fundación do Imperio e, digno herdeiro de César en materia de arte militar, apareceu como un dos maiores guerreiros do seu tempo”.[264] Os autores antigos enxalzan os méritos de Agripa, en particular Dión Casio[265] e Horacio.[266] Igualmente, Veleio Patérculo, chegou a dicir:

«Era un home de coraxe eminente. O cansazo, as vixilias, os perigos non podían vencelo. Sabendo obedecer á perfección, pero só a un, mostrouse, ademais, con ganas de mandar aos demais. Nunca tolerou a demora e inmediatamente pasou da decisión á acción»
Veleio Patérculo, Historia romana (1825); libro II, 79 (traducido ao francés por Després).

Jean-Michel Roddaz sinalou que “poucos autores deron, en tan poucas palabras, unha definición tan boa do subordinado de Augusto. [...] Ninguén quizais entendeu mellor, mellor analizou esta ambición contida e esta lealdade incondicional ao seu servizo".[267]

Estatua de Agripa, representado como Neptuno, tralas vitorias navais. Realizada ao comezo do reinado de Octavio Augusto (Museo Arqueolóxico de Venecia).

Varios autores, entre eles Dión Casio, adoitan opor as personalidades dos dous conselleiros máis próximos de Augusto: Agripa e Mecenas.[174][268] O primeiro é de orixe humilde, un soldado que ascendeu por mor das fazañas militares, un homo novus. Foron as vitorias conseguidas para Octaviano, así como a súa amizade dende neno, as que lle permitiron ascender polo cursus honorum. Porén, aínda chegado á maxistratura suprema e ao poder xunto ao Emperador, incidiu nunha gran sinxeleza de vida que recordaba a austeridade das virtudes tradicionais romanas. A súa orixe e a súa conduta valéronlle o desprezo da antiga nobreza romana, mentres que os autores antigos fixeron de Agripa un convencido partidario da restauración da república tradicional, sempre en oposición a Mecenas.[174][268] Este último tamén se describe como diametralmente oposto, procedente dunha vella familia etrusca, amante do luxo, levando unha alta vida e partidario dun réxime monárquico.[269]

A rivalidade ou desacordo entre os dous amigos de Augusto é, seguramente, moi esaxerada. Octavio non tería confiado repetidamente as rendas de Italia e Roma ás mans de dous homes que se odiaban. E respecto das supostas ideas republicanas de Agripa, cómpre sinalar que, pola contra, apoiou a Augusto durante toda a súa vida durante a institución do principado, sendo cónsul dúas veces seguidas xunto a Augusto durante os 28 anos/27 a.C., nun punto de inflexión na historia romana, ou ao converterse no seu xenro e herdeiro ata a súa morte.[270][271]

Exemplo de servizo ao emperador

[editar | editar a fonte]

Agripa amosará ao longo da súa vida un sentido político moi grande, á sombra de Augusto, ao aforrar a susceptibilidade do seu amigo e emperador. Coas súas vitorias navais conseguiu facerse dono de Occidente e despois de todo o Imperio, mais sempre permanecerá nun segundo plano, rexeitando tres veces os triunfos que lle concederon.[272][273] Se aceptou ser eclipsado por Augusto, seguramente, é porque lle resulta obvio que nunca poderá alcanzar a posición do propio Augusto. Durante a súa mocidade, Agripa aprendeu dúas cousas: a importancia do exército e a forza da tradición romana. O exército foi o seu camiño cara ao poder, pero como membro dunha familia ecuestre itálica e non senatorial, non podía reclamar o poder supremo. A súa imaxe “aparécenos moitas veces, en moitos textos, como estereotipada, conformada pola “propaganda” oficial; Agripa debe servir de exemplo para as xeracións futuras, porque simboliza a lealdade e a moderación, a devoción á causa do Estado"[274] É o caso deste extracto de Dión Casio:[275]

“Agripa, sen dúbida, o home máis meritorio do seu século, e que só aproveitou a amizade de Augusto para prestar os maiores servizos tanto ao propio príncipe como ao Estado. De feito, canto máis prevalecía sobre os demais, máis lle gustaba borrarse diante de Augusto: pois, ao mesmo tempo que facía que toda a súa prudencia e toda a súa mente contribuísen aos intereses do príncipe, dedicaba todo o seu mérito, todo o poder que gozaba con el. Foi alí sobre todo onde nunca foi importuno para Augusto, nin odioso para os seus concidadáns: se contribuíu á consolidación da monarquía da man de Augusto, como verdadeiro partidario dun goberno absoluto, apegou o pobo a si mesmo, polas súas boas accións, coma un home que ten os sentimentos máis populares".
Dión Casio, Historia romana (1855), libro LIV, 29

Jean-Michel Roddaz conclúe que "o eloxio case unánime que emerxe da historiografía antiga cando se apoia na personalidade de Marco Agripa, está certamente baseado nun trasfondo de verdade histórica".[276] Ademais, a súa morte antes da segunda parte do reinado de Augusto e no momento álxido da súa carreira, xusto na época dourada da instauración do Imperio, "pode ​​haber preservado a Agripa das críticas da historia e deixar á posteridade a tarefa de conmemorar as súas virtudes, reservándolle as louvanzas da gloria.[277]

Matrimonios e descendencia

[editar | editar a fonte]
Agripa representado na Ara Pacis.

Agripa casou, polo menos, en tres ocasións:

A través dos seus numerosos fillos, Agripa converteríase no devanceiro de moitos membros posteriores da dinastía Xulio-Claudia, así como de moitos outros distinguidos romanos.

Agripa non só foi o comandante máis hábil de Augusto, senón tamén o seu compañeiro máis próximo, servindolle fielmente durante máis de tres décadas. O historiador Glen Bowersock afirmou de Agripa:[279]

Agripa merecía os honores que lle deu Augusto. É concebible que sen Agripa, Octavio nunca se convertería en emperador. Roma lembraría a Agripa pola súa xenerosidade ao construír acuedutos, sumidoiros e baños.

Agripa tamén foi coñecido pola súa faceta de escritor, e especialmente no que respecta á xeografía Entre os seus escritos, tamén hai referencias sobre unha autobiografía, hoxe perdida. Baixo a súa supervisión, levouse a cabo o soño de Xulio César de facer un estudo completo do Imperio. Agripa construíu unha carta circular, que máis tarde foi gravada en mármore por Augusto, e posteriormente colocada na columnata construída pola súa irmá Vipsania Pola.

Agripa estableceu un estándar para o romano no 29 a. C.[280] e, polo tanto, unha definición de paso como 5 pés. Unha milla romana imperial eran 5.000 pés romanos. O termo Vía Agripa usouse para calquera parte da rede de estradas na Galia construída por Agripa e aínda quedan restos como camiños ou mesmo como estradas.

Marco Vipsanio Agripa foi, xunto con Caio Mecenas e o propio Octavio Augusto, un personaxe central na creación do sistema imperial do Principado, que gobernaría ao Imperio romano até a crise do século III e o nacemento do Dominado. Entre os descendentes de Augusto, o seu neto Caio sería coñecido na historia como o emperador Calígula, e o seu bisneto Lucio Domicio Enobarbo gobernaría como o emperador Nerón.

[editar | editar a fonte]

Hai referencias a Agripa como personaxe en múltiples obras de moitos formatos.

Unha audiencia con Agripa, de Lawrence Alma-Tadema (1876).

Cine e televisión

[editar | editar a fonte]
  • Unha versión ficticia de Agripa na súa vida posterior xogou un papel destacado na serie de televisión da BBC de 1976 I, Claudius. Agripa era retratado como un home moito maior aínda que tería só 39 anos no momento do primeiro episodio (24/23 a. C.). Foi interpretado por John Paul.[281]
  • Agripa foi un personaxe principal da película Los cántabros de Paul Naschy de 1980, interpretado polo propio Naschy.[282] É unha versión moi ficticia das Guerras cántabras na que Agripa é representado como o amante da irmá do líder cántabro Corocota.
  • Agripa aparece en varias versións cinematográficas da vida de Cleopatra. Normalmente aparece retratado máis ben como un home vello. Entre os actores que o interpretaron están Philip Locke, Alan Rowe e Andrew Keir, así como Francis de Wolff na película de 1964 Carry on Cleo.[283]
  • Agripa tamén é un dos personaxes principais do proxecto conxunto británico/italiano Imperium: Augustus (2003) que presenta flashbacks entre Augusto e Xulia sobre Agripa, que o mostra aparece na súa mocidade servindo no exército de César até a súa vitoria en Actium e a derrota de Cleopatra. Está interpretado por Ken Duken.[284]
  • Na serie de 2005, Empire,[285] o mozo Agripa (interpretado por Christopher Egan) convértese no compañeiro de Octaviano despois de salvalo dun intento de envelenamento.
  • Marco Agripa, é un personaxe moi ficticio baseado nos primeiros anos de vida de Marco Vipsanio Agripa, forma parte do elenco da serie de televisión Rome da BBC-HBO-RAI. Está interpretado por Allen Leech.[286] Descríbese a si mesmo como neto dun escravo. A serie crea unha relación romántica entre Agripa e a irmá de Octaviano, Octavia Menor, da que non hai evidencia histórica.
  • Na serie de televisión Domina (2021), Agripa foi interpretad por Oliver Huntingdon e Ben Batt.[287]

Literatura

[editar | editar a fonte]
  1. Segundo Reinhold, a terminación -anius, indica un topónimo que, parece ser era común na zona de Dalmacia ou no Véneto (citado en Roddaz 1984, p. 22).
  2. Na inscrición do Panteón de Roma (CIL, VI, 896), aparece: « M·AGRIPPA·L·F·COS·TERTIVM·FECIT », É dicir, «Marcus Agripa, fillo de Lucio, cónsul ppor terceira vez, o construíu»
  3. Ao se chamar o pai de Marco Agripa, Lucio, era costume que o fillo maior tivese o mesmo nome.
  4. Aínda que se ten especulado con que Agripa estivese entre os negociadores que conseguiron o apoio das lexións macedonias de Antonio para Octavio, non hai probas claras diso. Véxase, Reinhold 1933 p. 16.
  5. "Aparece mencionado só por Mauro Servo Honorato en In tria Virgilii Opera Expositio, os seus comentarios sobre Virxilio, A Eneida, 8, 682. Pero Tribuno da plebe, é unha maxistratura preliminar necesaria para se converter en pretor urbano, que será o caso de Agripa entre o 43 e o 40 .a C.. Daquela, ser tribuno era un privilexio."(citado en Roddaz 1984, p. 41).
  6. Dión Casio declara que Sosio morrera, o que semella ser un erro pois participou e sobreviviu á batalla de Accio (Reinhold 1933, p. 54 e Roddaz 1984, p. 163).
  7. O arquitrabe ten a dedicatoria do templo: (VAL) ETUDINI M (ARCUS) AGRIPPA, que significa "Para boa saúde, Marcus Agrippa (ofreceu este monumento) Gateau & Gazenbeek 1990, pp. 305-306
  8. O deseño íntegro da carta, pódese consultar en gran formato na Biblioteca Augustana
  9. Reinhold rexeita esta hipótese (Marcus Agrippa's Son-in-Law P. Quinctilius Varus, 1972)
Referencias
  1. Plinio o Vello, Naturalis Historiae, Libro VII: VIII, 46
  2. Reinhold (1933), pp. 2-4.
  3. 3,0 3,1 Roddaz (1984), p. 24.
  4. Roddaz (1984), pp. 23-26.
  5. Reinhold (1933), p. 9.
  6. Roddaz (1984), p. 23.
  7. Roddaz (1984), pp. 22-23.
  8. 8,0 8,1 8,2 Cosme (2005), p. 15.
  9. Roddaz (1984), p. 29.
  10. Veleio Patérculo, Historia Romana, Libro II.96 e Libro II.127.
  11. Roddaz (1984), p. 28.
  12. Roddaz (1984), pp. 32-33.
  13. Nicolao de Damasco, Vida de Augusto
  14. 14,0 14,1 Cosme (2005), p. 18.
  15. Reinhold (1933), pp. 13-14.
  16. Roddaz (1984), pp. 34-35.
  17. Suetonio, Vida de Augusto, 8.2
  18. Cosme (2005), pp. 18-19.
  19. Suetonio, Vida de Augusto, 94.12
  20. Cosme (2005), p. 20.
  21. Roddaz (1984), pp. 36-67.
  22. Cosme (2005), p. 21.
  23. Nicolao de Damasco, Vida de Augusto 16–17
  24. Veleio Patérculo 2.59.5.
  25. Cosme (2005), pp. 21-22.
  26. Cosme (2005), p. 33.
  27. Cosme (2005), p. 22.
  28. Nicolao de Damasco, Vida de Augusto 31.
  29. 29,0 29,1 Cosme (2005), p. 36.
  30. 30,0 30,1 Rowell (1962), p. 23.
  31. Van Berchem (1982), p. 55.
  32. 32,0 32,1 Cosme (2005), p. 38.
  33. 33,0 33,1 Roddaz (1984), pp. 39-41.
  34. 34,0 34,1 Roddaz (2000), pp. 835-836.
  35. 35,0 35,1 Roddaz (2000), p. 836.
  36. Reinhold (1933), p. 16.
  37. Venning & Drinkwater (2011), p. 301.
  38. 38,0 38,1 Cosme (2005), p. 39.
  39. 39,0 39,1 Cosme (2005), p. 40.
  40. Suetonio, Vida dos 12 césares, Augusto, 10
  41. Apiano, Guerras civiles, III, 50-61
  42. 42,0 42,1 Eck (2002), p. 12.
  43. Petit (1974), p. 19.
  44. Syme (1967), p. 167.
  45. Roddaz (1984), p. 41.
  46. Cosme (2005), p. 48.
  47. Roddaz (2000), pp. 836-841.
  48. Veleio Patérculo 2.69.5
  49. Plutarco, Vidas paralelas. Bruto 27.4
  50. Plinio o Vello, Naturalis Historia, libro VII, 148
  51. Roddaz (2000), p. 851.
  52. 52,0 52,1 52,2 Roddaz (2000), p. 862.
  53. Cosme (2005), pp. 62-63.
  54. 54,0 54,1 Apiano, Guerras civís, V, 35
  55. Dion Casio, Historia romana, Libro XLVIII, 27
  56. Plutarco, Vidas paralelas, Antonio, 28-30
  57. Apiano, Guerras civís, V, 31
  58. Reinhold (1933), pp. 17-20.
  59. Roddaz (2000), p. 864.
  60. 60,0 60,1 Cosme (2005), p. 63.
  61. Apiano, Guerras civís, V, 32
  62. Dion Casio, Historia romana, Libro XLVIII, 14
  63. Cosme (2005), pp. 63-64.
  64. 64,0 64,1 Cosme (2005), p. 65.
  65. Velio Patérculo, Historia romana, II, 75-76.
  66. Apiano, Guerras civís, V, 50
  67. Dion Casio, Historia romana, Libro XLVIII, 15.
  68. Suetonio, Vida dos doce Césares, Tiberio, 4.
  69. Cosme (2005), p. 66.
  70. Roddaz (1984), pp. 61-63.
  71. Dión Casio 48.20
  72. 72,0 72,1 Reinhold (1933), p. 22.
  73. 73,0 73,1 Cosme (2005), p. 67.
  74. Reinhold (1933), p. 23.
  75. Roddaz (1984), pp. 63-64.
  76. Roddaz (2000), pp. 864-865.
  77. Cosme (2005), p. 68.
  78. Reinhold (1933), pp. 23-24.
  79. Nicolao de Damasco, Vida de Augusto, 26
  80. Everitt (2007), p. 127.
  81. Syme (1987), p. 33.
  82. 82,0 82,1 Roddaz (2000), p. 865.
  83. Cosme (2000), p. 68.
  84. 84,0 84,1 Reinhold (1933), pp. 25-29.
  85. Roddaz (1984), pp. 66-75.
  86. Cosme (2005), pp. 76-77.
  87. 87,0 87,1 87,2 Cosme (2005), pp. 123-124.
  88. Roddaz (1984), pp. 39-41, 185-187 e 199-201.
  89. 89,0 89,1 Reinhold (1933), pp. 35-37.
  90. Cornelio Nepote, De viris illustribus, "Pomponius Atticus", 13
  91. Cosme (2005), p. 76.
  92. 92,0 92,1 Cosme (2005), p. 77.
  93. Roddaz (1984), pp. 75-80.
  94. Dión Casio, Historia romana, Libro 48, 49
  95. 95,0 95,1 Roddaz (2000), p. 872.
  96. Apiano, Guerras civís, V, 97-118
  97. Dion Casio, Historia romana, Libro XLIX, 14
  98. Reinhold (1933), pp. 29-32.
  99. Suetonio, Vida de Augusto 16.1.
  100. Roddaz (2000), pp. 87-117.
  101. Cosme (2000), p. 78.
  102. Apiano, Guerras civiles 2.106, 118–119; Reinhold, pp. 33–35.
  103. Cosme (2005), p. 80.
  104. Roddaz (1984), pp. 117-122.
  105. 105,0 105,1 Roddaz (2000), p. 873.
  106. Roddaz (1984), pp. 122-129.
  107. Cosme (2005), pp. 80-81.
  108. Broughton 1952, p. 404
  109. Cosme (2005), p. 81.
  110. Roddaz (2000), p. 874.
  111. Cosme (2005), pp. 81-82.
  112. Cosme (2000), p. 80.
  113. Cosme (2005), p. 82.
  114. Roddaz (1984), pp. 130-132.
  115. 115,0 115,1 Roddaz (2000), p. 875.
  116. Cosme (2005), pp. 82-83.
  117. Roddaz (1984), p. 132.
  118. Cosme (2005), p. 86.
  119. Reinhold (1933), pp. 37-42.
  120. Cosme (2005), p. 87.
  121. Roddaz (1984), pp. 133-136.
  122. Dión Casio, Historia Romana, Libro 49.14.3.
  123. 123,0 123,1 Roddaz (1984), pp. 140-145.
  124. Cosme (2000), p. 93.
  125. Cosme (2005), pp. 93-94.
  126. Cosme (2005), pp. 95-96.
  127. 127,0 127,1 Cosme (2005), p. 93.
  128. Reinhold (1933), pp. 45-47.
  129. 129,0 129,1 Cosme (2005), p. 104.
  130. Roddaz (1984), p. 168.
  131. 131,0 131,1 Cosme (2005), p. 96.
  132. 132,0 132,1 Frontino, DE AQUAEDUCTU URBIS ROMAE, Libro I, IX, 1
  133. 133,0 133,1 133,2 133,3 133,4 Roddaz (2000), p. 896.
  134. 134,0 134,1 Roddaz (1984), pp. 145-157.
  135. 135,0 135,1 135,2 Cosme (2005), p. 210.
  136. Roddaz (1984), pp. 1408-152.
  137. Frontino, DE AQUAEDUCTU URBIS ROMAE, Libro II, 98
  138. Roddaz (2000), pp. 896-897.
  139. 139,0 139,1 Roddaz (2000), p. 897.
  140. Dion Casio, Historia romana, Libro XLIX, 42-43.
  141. Filippo Coarelli, Guide archéologique de Rome, 1991, pp. 225-228
  142. Suetonio, Vida dos doce césares, Augusto, 27-30
  143. Dion Casio, Historia romana, XLIX, 43
  144. Cornelio Nepote, Vida de Ático 21–22.
  145. Cornelio Nepote, De viris illustribus, «Pomponius Atticus», 21-22.
  146. 146,0 146,1 Cosme (2005), p. 154.
  147. Cosme (2005), p. 103.
  148. Roddaz (1984), pp. 157-159.
  149. 149,0 149,1 149,2 Cosme (2005), pp. 104-105.
  150. Reinhold (1933), pp. 53-54.
  151. 151,0 151,1 151,2 Roddaz (1984), pp. 159-162.
  152. Cosme (2005), p. 105.
  153. Roddaz (1984), pp. 162-164.
  154. Dión Casio, Historia romana, Libro L, 13
  155. Dión Casio, Historia romana, Libro L, 14
  156. Veleio Paterculo, Historia romana, II, 84, 2
  157. Roddaz (2000), pp. 902-903.
  158. Dión Casio, Historia romana, Libro L, 31.
  159. Cosme (2005), pp. 106-107.
  160. Roddaz (1984), pp. 164-174.
  161. Dión Casio 50.31.1–3.
  162. Cosme (2005), pp. 107-108.
  163. Reinhold (1933), pp. 57-58.
  164. Roddaz (1984), pp. 174-181.
  165. Roddaz (2000), pp. 905-906.
  166. Cosme (2005), pp. 109-110.
  167. Roddaz (1984), pp. 183-185.
  168. Cosme (2005), pp. 110-111.
  169. 169,0 169,1 Cosme (2005), p. 111.
  170. Roddaz (1984), p. 182.
  171. Cosme (2005), p. 123.
  172. Roddaz (1984), pp. 203-209.
  173. Cosme (2005), p. 124.
  174. 174,0 174,1 174,2 174,3 Roddaz (1984), pp. 209-229.
  175. Roddaz (1984), p. 207.
  176. Cosme (2005), p. 145.
  177. Cosme (2005), p. 148.
  178. Cosme (2005), pp. 152-153.
  179. 179,0 179,1 Cosme (2005), p. 153.
  180. Cosme (2005), pp. 153-154.
  181. Roddaz (1984), pp. 234-244.
  182. Roddaz (1984), pp. 244-252.
  183. Cosme (2005), pp. 154-155.
  184. Roddaz (1984), pp. 1256-260.
  185. Cosme (2005), p. 155.
  186. Roddaz (1984), pp. 278-291.
  187. Frontino, DE AQUAEDUCTU URBIS ROMAE, Libro I, 22
  188. Frontino, DE AQUAEDUCTU URBIS ROMAE, Libro I, 10
  189. Cosme (2005), pp. 155-156.
  190. Cosme (2005), p. 156.
  191. Roddaz (1984), pp. 265-278.
  192. 192,0 192,1 Cosme (2005), pp. 157-158.
  193. 193,0 193,1 193,2 Cosme (2005), p. 158.
  194. Cosme (2005), p. 159.
  195. Roddaz (1984), pp. 314-319.
  196. 196,0 196,1 196,2 196,3 Martin et al. (2006), p. 213.
  197. Cosme (2005), pp. 160-162.
  198. 198,0 198,1 Roddaz (1984), pp. 319-331.
  199. 199,0 199,1 Cosme (2005), p. 173.
  200. Magie (1908).
  201. Dion Casio, Historia romana, Libro LIII, 33.
  202. Cosme (2005), pp. 166-167.
  203. Roddaz (1984), pp. 325-328.
  204. Cosme (2005), p. 162.
  205. Cosme (2005), p. 163.
  206. Roddaz (1984), pp. 351-352.
  207. Cosme (2005), pp. 168-169.
  208. Cosme (2005), p. 169.
  209. Cosme (2005), pp. 169-170.
  210. Roddaz (1984), pp. 351-353.
  211. 211,0 211,1 Cosme (2005), p. 175.
  212. Roddaz (1984), p. 356.
  213. Cosme (2005), p. 170.
  214. 214,0 214,1 Cosme (2005), p. 192.
  215. Roddaz (1984), pp. 428-429.
  216. 216,0 216,1 Cosme (2005), p. 176.
  217. 217,0 217,1 Roddaz (1984), pp. 381-384.
  218. 218,0 218,1 218,2 218,3 Cosme (2005), p. 178.
  219. 219,0 219,1 Roddaz (1984), pp. 383-418.
  220. Eck (2007), p. 10.
  221. Cosme (2005), p. 196.
  222. 222,0 222,1 222,2 Cosme (2005), p. 197.
  223. Roddaz (1984), pp. 398-401.
  224. 224,0 224,1 Martin et al. (2006), p. 210.
  225. Cosme (2005), pp. 147-152.
  226. Roddaz (1984), pp. 402-418.
  227. Chastagnol (1994), p. 43.
  228. Cosme (2005), p. 179.
  229. Roddaz (1984), pp. 357-381.
  230. Cosme (2005), p. 161.
  231. Cosme (2005), p. 188.
  232. Cosme (2005), p. 189.
  233. 233,0 233,1 Gaillot (2011).
  234. Cosme (2005), p. 190.
  235. Cosme (2005), p. 191.
  236. Cosme (2005), pp. 192-193.
  237. 237,0 237,1 Cosme (2005), p. 193.
  238. Roddaz (1984), p. 422.
  239. 239,0 239,1 Roddaz (1984), pp. 307-319.
  240. Cosme (2005), p. 212.
  241. Flavio Xosefo, Antiquitates Iudaicae, XVI, 2.
  242. Estrabón, Géographie, XVI, 2, 19.
  243. Hošek (2011).
  244. Flavio Xosefo, Antiquitates Iudaicae, XVI, 2.
  245. Cosme (2005), p. 201.
  246. Roddaz (1984), pp. 463-468.
  247. Cosme (2005), p. 200.
  248. Dión Casio, ROMAN HISTORY, Libro LIV, 28.2
  249. Cosme (2005), p. 206.
  250. Roddaz (1984), pp. 478-484.
  251. Cosme (2005), pp. 207-208.
  252. Roddaz (1984), p. 485.
  253. Plinio o Vello, Naturalis Historia, libro VII, 45 (en francés)
  254. Cosme (2005), p. 208.
  255. Roddaz (1984), pp. 396,405.
  256. 256,0 256,1 Southern (1998), p. 246.
  257. Casio Dión, ROMAN HISTORY Libro LIV, 28.5
  258. Cosme (2005), pp. 208-209.
  259. 259,0 259,1 Cosme (2005), p. 209.
  260. 260,0 260,1 Roddaz (1984), pp. 486-490.
  261. Roddaz (1984), pp. 291-293.
  262. Roddaz (1984), pp. 583-587.
  263. Cosme (2005), pp. 209-210.
  264. Roddaz (1984), p. 2.
  265. Dión Casio, Historia romana, Libro LIV, 29.
  266. Horacio, Epístolas, 94
  267. Roddaz (1984), p. 509.
  268. 268,0 268,1 Cosme (2005), p. 128.
  269. Cosme (2005), pp. 129-130.
  270. Cosme (2005), p. 130.
  271. Roddaz (1984), pp. 216-219.
  272. Roddaz (1984), p. 554.
  273. Lendering, Jona (2005 [actualizado o 27 de abril de 2019]). "M. Vipsanio Agripa (4)". Livius.org (en inglés). Consultado o 1 de xullo de 2022. 
  274. Roddaz (1984), pp. 2-3.
  275. Roddaz (1984), p. 524.
  276. Roddaz (1984), p. 532.
  277. Roddaz (1984), p. 533.
  278. Syme (1986), p. 125.
  279. Bowersock, G.W. (25 de febreiro de 2022). "Marcus Vipsanius Agrippa". britannica.com (en inglés). Consultado o 29 de xuño de 2022. 
  280. Soren & Soren (1999), p. 184.
  281. "John Paul (I) (1921–1995)". imdb.com (en inglés). Consultado o 6 de xullo de 2022. 
  282. "Los cántabros". imdb.com (en inglés). Consultado o 6 de xullo de 2022. 
  283. "Carry On Cleo". imdb.com (en inglés). Consultado o 6 de xullo de 2022. 
  284. "Imperium: Augustus". imdb.com (en inglés). Consultado o 6 de xullo de 2022. 
  285. "Empire". imdb.com (en inglés). Consultado o 6 de xullo de 2022. 
  286. "Allen Leech". imdb.com (en inglés). Consultado o 6 de xullo de 2022. 
  287. "Domina (2021– )". imdb.com (en inglés). Consultado o 6 de xullo de 2022. 
  288. "P. VERGILI MARONIS AENEIDOS LIBER OCTAVVS, 682". thelatinlibrary.com (en latín). Consultado o 6 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Fontes antigas

[editar | editar a fonte]

Fontes contemporáneas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Apio Claudio Pulcro e
Caio Norbano Flaco
Lucio Cornelio Léntulo e
Lucio Marcio Filipo (cónsules sufectos)

Cónsul da República Romana
xunto con Lucio Caninio Galo
sufecto Tito Estatilio Tauro

37 a. C.
Sucesor:
Lucio Xelio Publícola e
Marco Coceio Nerva
Predecesor:
Emperador César Augusto V e
Marco Valerio Mesala Potito

Cónsul da República Romana
xunto con Emperador César Augusto VI

28 a. C.
Sucesor:
Marco Vipsanio Agripa III e
Emperador César Augusto VII
Predecesor:
Emperador César Augusto VI e
Marco Vipsanio Agripa II

Cónsul da República Romana
xunto con Emperador César Augusto VII

27 a. C.
Sucesor:
Emperador César Augusto VIII e
Tito Estatilio Tauro II