Mar de Savu
Aparencia
Tipo | mar | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Océano Índico | |||
Localización | ||||
País da cunca | Timor Leste e Indonesia | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Características | ||||
Profundidade | 3.470 m | |||
O mar de Savu (en indonesio, Laut Sawu) é un pequeno mar do océano Índico localizado no interior do arquipélago indonesio, nomeado así pola illa de Savu (Sawu), cuxas augas pertencen a Indonesia e Timor Leste.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Os seus límites son:
- ao norte, as illas de Flores, Lembata e o arquipélago de Alor;
- ao sur, polas illas de Rai Jua, Savu, Roti e Semau o océano Índico e o mar de Timor;
- ao sueste, a illa de Sumba e o estreito de Sumba, que o conecta co mar de Flores;
- ao suroeste, a illa de Timor e o estreito de Ombai, que o conecta co mar de Banda.
O mar de Savu ten unha profundidade máxima duns 3.500 m. Esténdese ao redor de 600 km de oeste a leste, e 200 km de norte a sur. A cidade máis grande no litoral do mar é Kupang, capital da provincia de Nusa Tenggara Oriental na illa de Timor, cunha poboación de máis de 450.000 habitantes.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar de Savu |