Manuel Filiberto de Savoia-Aosta
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xaneiro de 1869 Xénova, Italia |
Morte | 4 de xullo de 1931 (62 anos) Turín, Italia |
Lugar de sepultura | Sacrário Militar de Redipuglia (pt) |
Actividade | |
Ocupación | oficial |
Membro de | |
Carreira militar | |
Rama militar | Regia Aeronautica |
Rango militar | Xeneral |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Outro | |
Título | Duque de Aosta |
Familia | Casa de Savoia e Casa de Aosta |
Cónxuxe | Helena de Orleães (1895–) |
Fillos | Amadeu II de Savoia-Aosta, Tomislav II de Croacia |
Pais | Amadeu I de España e María Vitoria dal Pozzo |
Irmáns | Luís Amadeu de Saboia Prince Vittorio Emanuele, Count of Turin Prince Umberto, Count of Salemi |
Premios | |
Descrito pola fonte | Svensk Uppslagsbok (pt) Italian Biographical Archive (en) >>>:Emanuele Filiberto di Savoia |
Manuel Filiberto de Savoia-Aosta (en italiano: Emanuele Filiberto) nado en Xénova o 13 de xaneiro de 1869 e finado en Turín o 4 de xullo de 1931, foi un nobre italiano, II duque de Aosta, príncipe da Casa de Savoia, fillo do rei de España Amadeu I de España e da raíña consorte María Vitoria dal Pozzo della Cisterna.[1]
Infancia e mocidade
[editar | editar a fonte]Manuel Filiberto viviu a súa infancia entre Italia e España. Mentres os seus pais ocuparon o trono de España, ostentou a dignidade da súa Alteza Real e o título de Príncipe de Asturias. A morte da súa nai, ocorrida en 1876 en Turín, fíxolle herdeiro de todos os títulos desta, que quedaron adheridos á rama dos duques de Aosta. Así mesmo, tras a morte do seu pai, ocorrida en 1890, herdou o ducado de Aosta.
Matrimonio e descendencia
[editar | editar a fonte]Casado en Kingston-on-Thames o 25 de xuño de 1895 coa princesa Helena de Orleáns, con quen tivo dous fillos:
- Amadeu II de Savoia-Aosta, (Amadeu Humberto de Savoia-Aosta, III duque de Aosta (1898-1942).
- Tomislav II de Croacia (Aimón Roberto de Savoia-Aosta, IV duque de Aosta) (1900-1948).
Período militar e morte
[editar | editar a fonte]O príncipe Manuel Filiberto serviu na Terceira Armada Italiana como comandante e foi nomeado Mariscal de Italia por Benito Mussolini en 1926. Faleceu en 1931 e está enterrado no Santuario Militar de Redipuglia, xunto a miles de soldados máis.
Distincións honoríficas
[editar | editar a fonte]Distincións honoríficas italianas
[editar | editar a fonte]- Cabaleiro da Suprema Orde da Santísima Anunciación (1890).
- Cabaleiro gran cruz da Orde dos Santos Mauricio e Lázaro (1890).
- Cabaleiro gran cruz da Orde da Coroa de Italia (1890).
- Cabaleiro gran cruz da Orde Militar de Savoia (28/12/1916).[2]
- Cabaleiro da Orde Civil de Savoia.
- Medalla de Ouro ao Valor Militar (24/06/1937).[3]
Distincións honoríficas estranxeiras
[editar | editar a fonte]- Cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro (España)
- Cabaleiro de honra e devoción da Orde de Malta.
- Cabaleiro da Orde da Xarreteira (Reino Unido).
- Cabaleiro da Orde da Aguia Negra (Imperio alemán).
- Cabaleiro da Orde dos Serafines (Reino de Suecia).[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pirri, P. (1980). Pio IX e Vittorio Emanuele II dal loro carteggio privato (en italiano). Gregorian Biblical BookShop. ISBN 978-88-7652-434-9.
- ↑ Sito web del Quirinale: dettaglio decorato.
- ↑ Espressione guerriera della millenaria stirpe sabauda, guidò con sicura fede ed incrollabile tenacia la « Invitta Armata » in undici battaglie sull’Isonzo, in quelle gloriose sul fiume sacro e nel travolgente inseguimento che portò il tricolore là ove il suo Re aveva fissato.
- ↑ Nobleza Mediterránea
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Filiberto de Savoia-Aosta |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Predecesor: Afonso de Borbón |
Príncipe de Asturias 1871 - 1873 |
Sucesor: Isabel de Borbón |
Predecesor: Amadeu I |
Duque de Aosta 1890 - 1931 |
Sucesor: Amadeu II |