Saltar ao contido

Luis Cid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuis Cid
Nome orixinalLuis Cid Pérez
Biografía
Nacemento9 de decembro de 1929 (94 anos)
Allariz, España Editar o valor en Wikidata
Morte13 de febreiro de 2018 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Allariz, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesCarriega Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeGalicia
Altura1,68 m.
Actividade
Ocupaciónadestrador de fútbol (1961–1990), futbolista (1945–1961) Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Real Betis Balompié
1952–1954   Racing de Ferrol
1954–1956   Real Oviedo
1956–1957   Burgos CF
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Real Betis Balompié Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5590786 BUSC: carriega-1929

Luis Cid Pérez, máis coñecido como "Carriega", nado en Allariz o 9 de decembro de 1929 e finado na mesma vila o 13 de febreiro de 2018, foi un futbolista e a adestrador de fútbol galego. Como futbolista xogou en varios equipos de Segunda División (Orensana, Racing de Ferrol, Oviedo e Burgos), ademais de no Cartagena, club no que se retirou como futbolista e no que comezou a súa carreira como adestrador. Durante as seguintes tres décadas dirixiu numerosos equipos ata converterse no adestrador galego con máis partidos dirixidos na Primeira División (397). Destacaron especialmente as súas etapas no Sporting de Gijón e no Zaragoza, conseguindo con este último un subcampionato de liga, un terceiro posto e a disputa dunha final da Copa do Xeneralísimo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como futbolista

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol aos 12 anos no Laxas, filial do Arnoia de Allariz,[1] pasando aos 13 anos ao primeiro equipo, onde xogou en varias posicións diferentes.[2] Durante esta época comezou a ser alcumado polos seus amigos "Carriega", facendo referencia a outro xogador do mesmo nome de Xinzo.[3][2] As súas boas actuacións chamaron a atención do Lemos, que o fichou para a tempada 1947/48,[2] pasando a continuación ao Sabio de Ourense, na Serie A.[4]

En 1949 pasou a ser futbolista da Orensana, equipo adestrado por Cuqui Bienzobas.[5] Con este club debutou na Segunda División, nun partido contra o Zaragoza no estadio do Couto, no que formou na dianteira xunto con Díez, Vélez, Fabeiro e Eloy.[6] Na cuarta xornada logrou o seu primeiro gol, nunha goleada por 5-0 contra o Badalona. Xogou tres tempadas na Orensana, disputando 68 encontros oficiais e marcando 13 goles.

En agosto de 1952, trala desaparición do club ourensán, fichou polo Racing de Ferrol, que militaba tamén en Segunda.[7] Xogou dúas tempadas no club verde, sendo o máximo goleador do equipo na segunda delas, a pesar de perder varios partidos por lesión.[8] En 1954 fichou polo Real Oviedo, onde militou outras dúas campañas. Na tempada 1956/57 xogou no Burgos CF, club no que coincidiu con outros xogadores galegos como Manín, Lexo, Regueira e Losada. Na seguinte campaña seguiu os pasos do seu adestrador Antonio Molinos, fichando xunto a el polo Cartagena.[9] Pechou a súa carreira como futbolista no club murciano, no que militou entre 1957 e 1961, logrando na última campaña o ascenso á Segunda División, o primeiro na historia do club.[10]

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Para o debut do Cartagena na Segunda División, Carriega colgou as botas e converteuse no adestrador do equipo. Conseguiu a permanencia na tempada 1961/62 pero os malos resultados na seguinte provocaron que non acabase a tempada, sendo substituído por Satur Grech. A continuación adestrou o Terrassa en Terceira División e o Europa e o Langreo en Segunda.

Para a tempada 1968/69 fichou polo Sporting de Gijón. Na súa primeira tempada no equipo branco e vermello fixo debutar a Quini e na segunda proclamouse campión de Segunda, ascendendo a Primeira División, grazas en boa medida aos goles de Quini, máximo goleador da categoría, e Marañón. Na tempada 1970/71 estreouse nos bancos da Primeira División, logrando comodamente a permenancia. Na seguinte campaña dirixiu o equipo só 17 xornadas, ata que nun partido contra o Celta de Vigo que os asturianos ían gañando por 2-0, dous goles de Sanromán e Lezcano nos minutos finais puxeron o empate no marcador. O público do Molinón despediu ao adestrador con panos brancos, a pesar de que o equipo estaba décimo, feito que o desgustou e que motivou a súa dimisión.[11]

En 1972 comezou unha etapa de catro anos no Zaragoza, converténdose nun dos adestradores máis destacados da historia do club. Con el no banco, o equipo aragonés conseguiu os seus mellores resultados na liga, cun terceiro posto na tempada 1973/74 e o subcampionato na 1974/75, ademais de disputar a final da Copa do Xeneralísimo 1975/76 contra o Atlético de Madrid de Luis Aragonés, que se decidiu a favor dos madrileños grazas a un solitario gol de Gárate.[12] Especialmente lembrada é unha goleada por 6-1 contra o Real Madrid na Romareda, cun triplete de García Castany.[13][14] A continuación dirixiu tres anos o Sevilla e dous o Betis, con bos resultados. Comezou a campaña 1981/82 no Atlético de Madrid, pero foi destituído despois de só 11 xornadas, polos malos resultados.

Entre 1982 e 1984 adestrou o Elche e o Celta de Vigo en Segunda, antes de regresar ao Betis para substituír o cesado Alzate. Salvou o equipo do descenso e levouno ás semifinais da Copa do Rei, onde foron eliminados polo Athletic Club.[15] Na súa segunda etapa no Betis alcanzou os 397 partidos dirixidos na Primeira División, colocándose entre os adestradores con máis encontros da historia da competición.[16] Tras pasar polo Figueres, de Segunda, pechou a súa carreira en 1990, despois de dirixir o Ourense na Segunda B.[15]

Faleceu na súa vila natal, Allariz, o 13 de febreiro de 2018, aos 88 anos de idade.[15]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 1972 o CD Ourense galardoouno coa insignia de ouro e brillantes do club.[17] O campo de fútbol de Allariz, onde xoga como local o CD Allariz, leva o seu nome.[18]

  1. "El Arnoya vence al Lemos". El Pueblo Gallego (en castelán) (7457). 15 de xullo de 1947. p. 2. Consultado o 24 de decembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Carriega está satisfechísimo de jugar en Orense y de haber prorrogado su ficha". La Región (en castelán) (10291). 13 de agosto de 1950. p. 3. Consultado o 26 de decembro de 2021. 
  3. Machín, Raquel (8 de xaneiro de 2018). "«Estoy muy contento de que la gente disfrutara con el equipo»" (en castelán). Consultado o 27 de decembro de 2021. 
  4. "El domingo Sabio-Marín". La Región (en castelán) (10736). 29 de outubro de 1948. p. 3. Consultado o 24 de decembro de 2021. 
  5. "Presentación de los jugadores de la Orensana a su nuevo entrenador, Bienzobas". La Noche (en castelán) (8801). 5 de agosto de 1949. p. 2. Consultado o 24 de decembro de 2021. 
  6. "Un empate de la Orensana que debió ser una victoria". La Noche (en castelán) (8826). 5 de setembro de 1949. p. 3. Consultado o 24 de decembro de 2021. 
  7. "Carriega fichó por el Ferrol". El Correo Gallego (en castelán) (25062). 13 de agosto de 1952. p. 4. Consultado o 24 de decembro de 2021. 
  8. "Luis Cid Carriega triunfador en el Ferrol". La Región (en castelán) (13774). 30 de abril de 1954. p. 3. Consultado o 26 de decembro de 2021. 
  9. Fernández Sobrino, José Manuel (14 de febreiro de 2018). "Sidra y cabrales". La Región (en castelán). Consultado o 27 de decembro de 2021. 
  10. "El Lugo eliminado por el Cartagena". El Pueblo Gallego (en castelán) (12355). 13 de xuño de 1961. p. 11. Consultado o 26 de decembro de 2021. 
  11. "Venimos a ganar". El Pueblo Gallego (en castelán) (17963). 26 de novembro de 1972. p. 16. Consultado o 26 de decembro de 2021. 
  12. García Candau, Julián (27 de xuño de 1976). "Un magnífico gol de Gárate decidió el título para el Atlético". El País (en castelán). Consultado o 27 de decembro de 2021. 
  13. "Carriega, el arquitecto del equipo de los ‘Zaraguayos’" (en castelán). 13 de febreiro de 2018. Consultado o 26 de decembro de 2021. 
  14. "Fallece Luis Carriega, el entrenador artífice de Los Zaraguayos" (en castelán). 13 de febreiro de 2018. Consultado o 26 de decembro de 2021. 
  15. 15,0 15,1 15,2 Pineda, Rafael (13 de febreiro de 2018). "Muere Luis Cid Carriega, un gallego cordial". El País (en castelán). Consultado o 26 de decembro de 2021. 
  16. "Adestradores con máis partidos en Primeira División". BDFutbol (en castelán). Consultado o 26 de decembro de 2021. 
  17. "2-3 Venció el Zaragoza". El Pueblo Gallego (en castelán) (17965). 29 de novembro de 1972. p. 12. Consultado o 27 de decembro de 2021. 
  18. "O Seixo-"Luis Cid Carriega" (Allariz)". Real Federación Galega de Fútbol. Consultado o 27 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]