Lofoten
(no) Lofoten | ||||
Tipo | grupo de illas arquipélago rexión xeográfica | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Nordland, Noruega (pt) | |||
| ||||
Bañado por | Océano Ártico | |||
Composto por | ||||
Características | ||||
Altitude | 1.161 m | |||
Punto máis alto | Higravstinden (pt) | |||
Superficie | 1.227 km² | |||
Candidato a Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 7 de outubro de 2002 | |||
Identificador | 1751 | |||
Sitio web | lofoten.info… | |||
As Lofoten son un arquipélago formado por unhas 80 illas que abranguen un espazo duns 175 km de norte a sur, dentro do círculo ártico[1] situadas preto da costa noroeste de Noruega, da que as separa o estreito de Vestfjord. O arquipélago componse de illas rochosas separadas entre elas por estreitos en xeral de pouca amplitude. A altura máxima sobre o nivel do mar e de 1.161 metros. A súa superficie total é de 1,227 km², e a poboación de 24.500 persoas, ocupadas principalmente nos sectores pesqueiro e gandeiro.
Xeografía
[editar | editar a fonte]As illas Lofoten espállanse entre os 67 e 68 graos norte. Entre a illa de Fiskebøl, ao norte, e a de Å, ao sur, hai 168 km de distancia. As illas principais son, de norte a sur::
- Austvågøy (526,7 km²), a situada máis ó leste e sede da capital do arquipélago, Svolvær.[1]
- Gimsøya (46,4 km²).
- Vestvågøy (411,1 km²).
- Flakstadøya (109,8 km²).
- Moskenesøya (185,9 km²).
Illadas e situadas ó sur desta última atópanse as illas de Værøy e Røst, de menor tamaño. As illas setentrionais teñen extensións de herba relativamente importantes, pero as paisaxes vanse facendo máis escarpadas canto máis ó sur, adoptando as illas meridionais o aspecto de montañas dentro do mar, con só unha reducida área costeira habitable..
Clima
[editar | editar a fonte]Malia a súa situación preto do Ártico o arquipélago ten un microclima suave, en particular durante o verán, causado polas moitas horas de sol e, sobre todo, pola corrente do Golfo, que converxe con dúas correntes submariñas, a corrente Nor Atlántica e a corrente Norueguesa.[1] As Lofoten están situadas nun dos puntos máis exotérmicos desta corrente submarina transatlántica e están ademais bordeadas por 3 das súas conco gallas principais. Entre xuño e agosto as temperaturas máximas poden pasar dos 25°, con medias de 20°. Nesa época do ano a temperatura do mar non adoita baixar dos 20°.
A falta de sol contrarresta de xeito máis eficaz o resto do ano os efectos da corrente mariña cálida, polo que as illas teñen temperaturas semellantes ás das zonas polares, con puntas de - 35 °C en febreiro.
Historia
[editar | editar a fonte]Os primeiros vestixios de presenza humana remóntanse a hai 6000 anos cando as illas estaban ocupadas por poboacións que vivían da caza de mamíferos terrestres e focas e a pesca de peixes e baleas. Hai uns 4 000 anos, comezaron os cultivos de cereais. A illa de Vestvågøy tivo importancia na civilización viquinga. A partir do século XII as illas adquiriron importancia grazas ó comercio do bacallau seco, que era exportado a toda Europa. Nesa época as illas dependían da cidade norueguesa de Berguen. Membro da Liga Hanseática. A pesca recibiu un novo pulo a partir de 1860, por causa dos inmensos bancos de arenques que viñan pasa-lo inverno nas augas cálidas da corrente do Golfo. As capturas das Lofoten chegarán a representar o 80% do total das exportacións de Noruega.
Economía
[editar | editar a fonte]A pesca do bacallau é aínda a principal actividade das illas. Cada inverno, pesqueiros de todo o norte de Noruega concéntrase nelas, o que fixo necesario o regulamento estrito das capturas. A agricultura e a gandería son minoritarias pero producen excedentes dabondo para permitir a exportación de carne e produtos lácteos. O turismo é, sobre todo durante o verán, unha fonte de ingresos considerable.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Earth from Space: Lofoten, Norway". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2022-03-12.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vila de Nusfjord.
-
Porto de Henningsvaer.
-
Porto de Hamnøy