Litoloxía
A litoloxía é a descrición das características físicas das rochas.[1]. Ocúpase da descrición da cor, da textura, do tamaño de gran ou composición, entre outras, daquelas rochas que son visibles na superficie terrestre, dos perfís obtidos de perforacións no terreo ou observacións de microscropia a baixo nivel de amplificación da imaxe.[2][3][4]
A litoloxía é a base para agrupar múltiples secuencias de rochas en grupos litoestratigráficos nos mapas e para comprender a súa relación.
Tipo de rocha
[editar | editar a fonte]A nomenclatura que emprega a litoloxía fundaméntase na tipoloxía de rochas. Os tres principais grupos son as sedimentarias, as ígneas e as metamórficas.
As rochas sedimentarias discrimínanse por ser silicoclásticas ou rochas carbonatadas. As rochas silicoclásticas divídense en grupos segundo o seu tamaño de grao e a proporción relativa de cuarzo, feldespato ou fragmentos de rochas líticas. A clasificación das rochas carbonatadas segue os sistemas de Durham ou de Folk, e que se basean nos elementos que as forman.
Os nomes das rochas ígneas segue unha nomenclatura baseada no tamaño dos cristais e na súa mineraloxía. A clasificación faise empregando os diagramas de QAPF.
As rochas metamórficas clasifícanse en función da súa textura, protolitos, perfil metamórfico e/ou o lugar onde se atopan. Así, as lousas e o filito (un xisto que loce) diferéncianse pola súa textura e máis polo pelito protolítico que os orixinou. os xistos e os gneis son nomes que reflicten características da textura da rocha. A textura de xisto a gneis indica un proceso metamórfico maior. As faces metamórficas defínense segundo o rango de presións e temperaturas a partir do cal xorde cada mineral.
Existen outros nomes de rochas metamórficas. Os cintos de rochas verdes son un conxunto de rochas que xorden do basalto, con outras rochas ígneas, metamorfoseado durante o Precámbrico e que seguen un gradiente de cambio na composición mineralóxica.
Outro caso son as cuarcitas, que seguen unha clasificación baseada só na súa composición. Iso é grazas a que o cuarzo é tan estable dabondo que non muda nas condicións de temperatura e presión que son habituais durante o metamorfismo.
Tamaño do gran e do clasto
[editar | editar a fonte]As rochas ígneas e as metamórficas teñen grans de cristal que se poden medir por tamaño.
Nas rochas ígneas este tamaño indica a que temperatura arrefriou o material. Así, os grandes cristais indican que xorden de intrusións magmáticas namentres que os pequenos tamaños indican un arrefriamento rápido en procesos extrusivos volcánicos. Segundo o proceso metamórfico avanza tamén o tamaño do cristal vai diminuíndo.
No caso das rochas sedimentarias clásticas o tamaño das partículas defínese como o diámetro do gran ou clasto das rochas sedimentarias da que xorden. Iso é co que determina o nome que reciben. Así, como exemplo, coa base dun conglomerado, arenita ou lutita[5] No caso das areitas e dos conglomerados, ao nome engádeselle unha palabra que describe o rango de tamaño dos grans.
Mineraloxía
[editar | editar a fonte]Cando os tamaños do gran das rochas é visible con lentes de man, ese mineral que é visible inclúeselle como parte da súa descrición. Cando estas teñen carbonatos, calcita cementando a rocha ou veas de calcita, emprégase o ácido clorhídrico para ver se a calcita (ou outras formas do carbonato cálcico) se dilúen esfeverscendo e están, polo tanto, presentes na rocha.[6]
A composición mineralóxica dunha rocha é un dos principais xeitos de clasificar as rochas. Polo xeral, as rochas ígneas clasifícanse segundo a súa cantidade de contido silícico. Van así de ultramáficos, a máficos, a intermedios e a félsicos (o de maior contido silícico). Porén, hai outras clasificacións que determinan máis especificamente a composición mineral. As fases metamórficas, que mostran o grao no que unha rocha se expuxo á calor ou presión durante o proceso metamórfico, determínanse observando as fases do minerais presentes nas mostras.
A cor
[editar | editar a fonte]A cor das rochas é outro factor determinante na clasificación das partes que compoñen ás mostras, e que as diferencian. Existen paletas de cores elaborados por comités internacionais, como a carta de cores de rochas da "Sociedade Xeolóxica Americana", e que crearon a partir do sistema de cores de Munsell.[7]
A estrutura
[editar | editar a fonte]A estrutura xeolóxica das rochas describe o patrón espacial e a configuración xeométrica dos elementos que compoñen a rocha. Nas rochas sedimentarias a principal estrutura é a formación de capas, como están unhas sobre das outras, e o seu grado de compactación. As rochas metamórficas destacan polas súas formas planares ou lineais ben definidas. As rochas ígneas poden ter nalgún caso algunhas formacións en estrutura grazas aos patróns de fluxo ou á procesos de transicións de fases en minerais que forman cúmulos, algo que se pode producir durante o proceso da cristalización .
Textura
[editar | editar a fonte]A textura das rochas descríbese como o peso relativo que existe entre os grans ou os clastos. As texturas das rochas sedimentarias defínese polo grao de ordenación do materia, gradientes, a forma e a redondez dos clastos.
As texturas metamórficas defínense segundo o tempo de medra dos mineiras metamórficos máis grandes da rocha no contexto da fase de deformación da rocha (se aínda é un porfiroclasto, antes da deformación, ou xa é un porfiroblasto). As texturas das rochas ígneas descríbense polo tamaño dos grans de minerais. Poden ser vítreos, cristalinos (sen cristais), afaníticos (con grans non visibles), faneríticos (grans ben visibles), e porfirítricos (grans enormes nunha fina matriz).
A estrutura de pequena escala
[editar | editar a fonte]As rochas adoitan presentar estruturas físicas de pequena escala, ie. formacións máis pequenas que os grans que sobrepasen a base do corte das rochas. Nas rochas sedimentarias isto son chanzos ou ocos finos de pequena escala, trazos en liñas ou ondas, fracturas por desecamento ou quebra e de grandes capas en diferentes orientacións. Nas rochas sedimentarias estes factores son característicos de cada zona de deposito sedimentario e ofrecen información paleontolóxica da dirección de correntes fluviais. As rochas metamórficas caracterízanse definindo en que grao están asociadas aos niveis profundo das fallas grazas aos estudos das fallas asimétricas ou zonas de depresión da fallas nas que están. As rochas ígneas mostran estruturas de pequena escala froito de procesos que se dan na lava tralas erupcións, como a decorrencia brusca ou continua da lava fronte, ou a aglomeración en túmulos ou acumulacións de masas de auga por debaixo da auga ou do xeo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Huggett, Richard (11 de marzo de 2011). Fundamentals of Geomorphology. Taylor & Francis. ISBN 978-0-203-86008-3.
- ↑ "Lithology". Earthquake Glossary. US Geological Survey. Consultado o 3 de xullo de 2017.
- ↑ Bates, R. J.; Jackson, J. A., eds. (1984). Dictionary of Geological Terms (3 ed.). American Geological Institute. p. 299. ISBN 0-385-18101-9.
- ↑ Allaby, Ailsa; Allaby, Michael (1999). Oxford Dictionary of Earth Sciences (2 ed.). Oxford University Press. p. 320. ISBN 0-19-280079-5.
- ↑ A lutita é unha rocha sedimentaria ou detrítica ou clástica. Os seus detritos clásticos do tamaño da arxila ou do limo.
- ↑ Geology.com. "The Acid Test for Carbonate Minerals and Carbonate Rocks". Geology.com.
- ↑ "4 Classification of rocks and description of physical properties of rock". Engineering Geology Field Manual (PDF) 1. US Bureau of Reclamation, Technical Service Center Engineering Geology Group. 1998. pp. 57–90. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de xuño de 2015.