Saltar ao contido

Linguaxe non sexista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cartel con suxestións específicas para linguaxe de xénero neutral en castelán.

As expresións linguaxe non sexista, linguaxe inclusiva ou linguaxe de xénero empréganse en diversas disciplinas que investigan os efectos do sexismo e do androcentrismo na linguaxe. O estudo da linguaxe sexista é paralelo ó da linguaxe non sexista e cae dentro do ámbito da filosofía, a socioloxía da linguaxe, a antropoloxía lingüística, a sociolingüistica e a etnografía da comunicación.

Introdución

[editar | editar a fonte]

Existen diversas propostas que pretenden erradicar o uso sexista e androcéntrico dentro das linguas naturais que, historicamente estiveron suxeitas ao cambio lingüístico no que o papel da cultura tivo tradicionalmente certo peso:

Unha lingua que non se modifica só está entre as linguas mortas.[1]

As persoas interesadas en promover unha linguaxe non sexista consideran que a tendencia natural das linguas a cambiar no seu desenvolvemento natural a través da historia, permite potencialmente lograr unha maior inclusividade social, cando certa conciencia social inflúe sobre os cambios das linguas. Como sinala Francesca Graziani:

"A lingua pode ser de todas e de todos: non é un sistema ríxido, pechado a calquera mutación, se non, ó contrario, o cambio está previsto nas súas mesmas estruturas; é un sistema dinámico, un medio (medium) flexible, en continua transformación, potencialmente aberto a escribir nel infinitos significados, e por iso prevé tamén a expresión da experiencia humana feminina."[2]

Crítica á linguaxe sexista

[editar | editar a fonte]

No debate académico discútese a posibilidade de facer un uso da linguaxe que non produza o efecto que se denomina androcentrismo e que se coñece como sexismo. [Cómpre referencia] Estes efectos non deben confundirse. O androcentrismo comporta o silencio, a omisión ou a invisibilización das mulleres, así como a xinopia. O sexismo, por outra banda, é unha forma de desprezo cara ás mulleres.[1]

Para entender a maneira en que a linguaxe masculina se impuxo como universal e o efecto sexista e androcéntrico da linguaxe, é preciso unha achega interdisciplinar que inclúa o estudo da relación entre poder e linguaxe. [Cómpre referencia][3]

As investigacións sobre as relacións entre linguaxe, pensamento e realidade, puxeron de manifesto a infravaloración e degradación da muller na linguaxe. [Cómpre referencia] En concreto, constatouse que o universal masculino, xénero non marcado ou non excluínte, en realidade o que expresa é a subordinación da muller a través da linguaxe. En consecuencia, a investigación diríxese a facer un uso inclusivo da linguaxe, en lugar do masculino non excluínte. Estas investigacións propoñen medidas que son obxecto de discusión en contornas académicas.

Mercedes Bengoechea, sociolingüista, catedrática de Filoloxía Inglesa e referente na defensa do uso da linguaxe non sexista desde unha base académica, sinala con claridade a consecuencia do uso da linguaxe sexista sobre a construción de estereotipos e sobre a identidade de cada xénero, e como iso forma parte da estrutura patriarcal das linguas. Así mesmo, Bengoechea chama a atención sobre o feito de que a lingua é unha institución máis, como outras, e por tanto, unha construción social e, como tal, suxeita a melloras e modificacións. Neste sentido, Mercedes Bengoechea significouse na defensa da evolución da linguaxe que visibilice á muller, fronte ás resistencias de institucións como a RAE.[4][5] Sinala, así mesmo, a necesidade de "reivindicar os usos que se coñecen como "linguaxe non sexista”. Para as mulleres son necesarios como instrumento de afirmación do Eu feminino, e, para os homes, como fórmula de recoñecemento da alteridade, da diferenza; sen fórmulas anti-sexistas, as mulleres desaparecemos na lingua e os homes acaban esquecendo a nosa existencia" (Xornadas sobre micromachismos, 2014)[6][7]

A linguaxe non sexista aborda o estudo da perspectiva de xénero na linguaxe. Xurdiu nos anos 1960 como rama do xiro lingüístico nas ciencias sociais, e nace dunha esixencia do feminismo para terminar coa invisibilización da muller na fala e a escritura, é dicir, co androcentrismo e a xinopia:[8]

Xinopia é miopía ou cegueira ó feminino, o non ver ás mulleres, o non percibir a súa existencia nin as súas obras; enténdese como unha omisión, xeralmente non consciente, naturalizada e case automática polo anterior, á realidade das mulleres. Fálase de xinope para cualificar ós suxeitos ou grupos u organizacións que manteñen unha práctica ou patrón inveterado de omisión e exclusión, no discurso e na práctica, á realidade do feminino ou das propias mulleres.[9]

Wittgenstein, principal influencia no xiro lingüístico na filosofía, propón unha relación íntima entre o pensamento e a linguaxe en Tractatus Logico Philosophicus. A teoría da linguaxe inclusiva é unha contrapostura ao purismo lingüístico, que forzadamente exclúe e invisibiliza ao xénero feminino da linguaxe e, teoricamente, da cultura e da historia do pensamento. Igualmente desde a lingüística antropolóxica propúxose no seu momento a hipótese de Sapir-Whorf pola cal as categorías lingüísticas limitaban ou condicionaban o pensamento, aínda que o traballo lingüístico posterior criticou moi severamente estas propostas, que en realidade fan afirmacións dun tipo similar ás usadas por moitos autores dentro da crítica feminista.

  1. 1,0 1,1 Meana, Teresa. "Introducción.Lengua,sexismo y androcentrismo" (PDF). Consultado o 1 de outubro de 2012. 
  2. Carlos, Lomas (2001). "La educación lingüística. Trayectorias y mediaciones femeninas". REVISTA TEXTOS. Didáctica de la Lengua y de la Literatura. Lenguaje y diferencia sexual (.028). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 30 de setembro de 2012.  Tradución na Galipedia do orixinal en castelán.
  3. "Género y lenguaje:Presupuestos para un lenguaje jurídico igualitario" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2013. Consultado o 13 de febreiro de 2017. 
  4. "La sociedad cambia, la Academia, no" (en castelán). 7 de marzo de 2012. Consultado o 15 de setembro de 2016. 
  5. Boix, Montserrat (4 de marzo de 2012). Mercedes Bengoechea: la RAE y el lenguaje no sexista. Consultado o 15 de setembro de 2016. 
  6. "Mercedes Bengoechea Bartolomé - Dialnet". dialnet.unirioja.es. Consultado o 15 de setembro de 2016. 
  7. "Necesidad de poseer cuerpo y nombre para acceder plenamente a la ciudadanía". www.mujeresenred.net. Consultado o 15 de setembro de 2016. 
  8. Ver I Xornada de Innovación Educativa en Xénero Arquivado 14 de febreiro de 2017 en Wayback Machine., onde se usa o termo xinopia.
  9. Evangelina García Prince. La inaceptable ginopia de la Coordinadora Democrática es crónica y grave. Arquivado 14 de febreiro de 2017 en Wayback Machine. Colexio de Avogados de Tucumán, 2004. Data de acceso: 1 de outubro de 2012. Tradución na Galipedia do orixinal en castelán.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Guía sobre comunicación socioambiental con perspectiva de género. Consejería de Medio Ambiente, Junta de Andalucía, ISBN 978-84-96776-78-4, sen data.
  • Guía para un uso del lenguaje no sexista en las relaciones laborales y en el ámbito sindical y Guía para delegadas y delegados. Secretaría confederal de la mujer de CCOO y Ministerio de Igualdad, Madrid, 2010.
  • Guía de lenguaje no sexista. Unidad de Igualdad de la Universidad de Granada, Universidad de Granada, sen data.
  • Antonia M. Medina Guerra (coord.): Manual de lenguaje administrativo no sexista. Asociación de estudios históricos sobre la mujer de la Universidad de Málaga y Área de la mujer del Ayuntamiento de Málaga, 2002.
  • Guía de uso no sexista del lenguaje de la Universidad de Murcia. Unidad para la Igualdad entre mujeres y hombres, Universidad de Murcia, 2011.
  • Manual de lenguaje no sexista en la Universidad Politécnica de Madrid. Madrid, Unidad de Igualdad, Universidad Politécnica de Madrid. Sen data.
  • Guía sindical del lenguaje no sexista. Madrid, Secretaría de Igualdad, Unión General de Trabajadores, 2008.
  • Guía de lenguaje no sexista. Oficina de Igualdad, UNED. Sen data. (en castelán)
  • Igualdad, lenguaje y Administración: propuestas para un uso no sexista del lenguaje. Conselleria de Bienestar Social, Generalitat Valenciana, 2009.