Legends of the Fall
Legends of the Fall | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Legends of the Fall |
Director | Edward Zwick |
Produtor | Marshall Herskovitz William D. Wittliff Edward Zwick |
Guión | Susan Shilliday William D. Wittliff |
Baseado en | Legends of the Fall de Jim Harrison |
Intérpretes | Brad Pitt Anthony Hopkins Aidan Quinn Julia Ormond Henry Thomas |
Música | James Horner |
Fotografía | John Toll |
Montaxe | Steven Rosenblum |
Estudio | Bedford Falls Productions |
Distribuidora | TriStar Pictures |
Estrea | 23 de decembro de 1994 |
Duración | 133 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $30 000 000 |
Recadación | $160 638 883 |
Na rede | |
Legends of the Fall é un filme estadounidense dirixido por Edward Zwick que se estreou en 1994. Está protagonizado por Brad Pitt, Anthony Hopkins, Aidan Quinn, Julia Ormond e Henry Thomas. Baséase na novela homónima de 1979 de Jim Harrison. O filme conta a historia de tres irmáns e do seu pai vivindo nun remoto rancho a comezos do século XX e como a súa vida é afectada pola natureza, a historia, a guerra e o amor. Recibiu tres nomeamentos ós Premios Oscar, gañando o premio á mellor fotografía (John Toll). Tanto o libro coma o filme conteñen termos ocasionais en lingua córnica, xa que os Ludlow son unha familia emigrante de Cornualla.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]William Ludlow (Anthony Hopkins), un coronel abandonado pola súa muller, criou ós seus tres fillos no seu gran rancho de Montana, ó pé das Montañas Rochosas. A primeira guerra mundial (1914-1918) e unha fermosa muller cambiarán o destino de todos eles para sempre. Os seus fillos son o indómito Tristan (Brad Pitt), o sensato Alfred (Aidan Quinn) e Samuel (Henry Thomas), o pequeno, que acaba de traer ó rancho á súa fermosa prometida Susannah (Julia Ormond).
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Brad Pitt como Tristan Ludlow
- Anthony Hopkins como Coronel William Ludlow
- Aidan Quinn como Alfred Ludlow
- Julia Ormond como Susannah Fincannon-Ludlow
- Henry Thomas como Samuel Ludlow
- Karina Lombard como Isabel "Isabel II" Decker/Isabel Decker Ludlow
- Sekwan Auger como Isabel II Decker de nena
- Gordon Tootoosis como One Stab
- Christina Pickles como Isabel Ludlow
- Paul Desmond como Decker
- Tantoo Cardinal como Pet Decker
- Robert Wisden como John T. O'Banion
- John Novak como James O'Banion
- Kenneth Welsh como Sheriff Tynert
- Bart the Bear como Oso
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 1994: Oscar: Mellor fotografía. 3 nomeamentos.
- 1994: 4 nomeamentos ó Globo de Ouro: Director, filme drama, bso e actor drama (Pitt).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tristram, Hildegard L. C. (2007). The Celtic Languages in Contact. Potsdam University Library#Potsdam University Press. p. 204. ISBN 978-3-940793-07-2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Legends of the Fall na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Filmes de 1994
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Edward Zwick
- Filmes con bandas sonoras de James Horner
- Filmes de TriStar Pictures
- Filmes rodados en Alberta
- Filmes rodados en Vancouver
- Filmes ambientados en 1902
- Filmes ambientados en 1914
- Filmes ambientados en 1919
- Filmes ambientados en 1921
- Filmes ambientados en 1930
- Filmes ambientados en 1963
- Filmes ambientados en Montana