Le jeune Karl Marx
Le jeune Karl Marx | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Le jeune Karl Marx |
Director | Raoul Peck |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes | |
Música | Alexei Aigui |
Fotografía | Kolja Brandt |
Montaxe | Frédérique Broos |
Distribuidora | Diaphana Films |
Estrea | Festival de Cinema de Berlín: febreifo de 2017 24 de febreiro de 2017 |
Duración | 118 minutos |
Orixe | Francia Bélxica Alemaña |
Xénero | Biografía, drama e historia |
Na rede | |
Le jeune Karl Marx é un filme de temática histórica do ano 2017 sobre a vida de Karl Marx dirixido polo haitiano Raoul Peck, escrito polo mesmo Peck e Pascal Bonitzer, e o papel do protagonista representado por August Diehl.[1] Foi presentado no Festival de Cine de Berlín, do 9 ao 19 de febreiro de 2017.[2]
Argumento
[editar | editar a fonte]Con 26 anos Karl Marx tense que exiliar da súa Prusia natal coa súa muller, mentres trataba de converterse nun escritor político e sociolóxico relevante. Coñece a Friedrich Engels en 1944 en París, un mozo fillo dun dono de varias fábricas téxtiles de Manchester, quen indagara sobre a vida dos traballadores e traballadoras das fábricas inglesas (A situación da clase obreira en Inglaterra). Logo comezan a complementarse e a facer traballos xuntos, chegando a crear, nun acto da Liga dos Xusto a Liga Comunista no seu sitio. O filme remata con Marx e Engels escribindo e publicando o coñecido Manifesto Comunista en 1848.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- August Diehl como Karl Marx
- Stefan Konarske como Friedrich Engels
- Vicky Krieps como Jenny von Westphalen
- Olivier Gourmet como Pierre Proudhon
- Hannah Steele como Mary Burns
- Eric Godon como o encargado
- Alexander Scheer como Wilhelm Weitling
- Hans-Uwe Bauer como Arnold Ruge
- Stephen Hogan como Thomas Naylor
- Rolf Kanies como Moses Hess
- Niels-Bruno Schmidt como Karl Grün
- Ulrich Brandhoff como Hermann Kriege
- Marie Meinzenbach como Lenchen
- Aran Bertetto como Paddy
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Blaney, Martin (29 de setembro de 2015). "Diaphana picks up 'Young Karl Marx'". Screen Daily (Screen International). Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2019. Consultado o 8 de maio de 2020.
- ↑ Roxborough, Scott (15 December 2016). "Berlin: Richard Gere, Rebecca Hall's 'The Dinner,' Sally Potter's 'The Party' in Competition". The Hollywood Reporter (Prometheus Global Media). Consultado o 8 de maio de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Le jeune Karl Marx na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)