Saltar ao contido

Las mañanas de Cuatro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Las mañanas de Cuatro
Formato Magazine
Duración 85 minutos aprox.
Presentado por Jesús Cintora
Día(s) de emisión Luns a venres
Horario de emisión 12:30
Localización(s) Fuencarral, Madrid
Cadea Cuatro
Día da estrea 4 de outubro de 2006
Última emisión 14 de xuño de 2018

Na rede
http://www.cuatro.com/las-mananas-de-cuatro/
IMDB: tt0872054 Facebook: lasmananasdecuatro Twitter: mananascuatro Editar o valor en Wikidata

Las mañanas de Cuatro foi un programa de televisión matinal que se emitía de forma diaria na canle española Cuatro. O espazo, presentado por Jesús Cintora,[1] contaba con varios faladoiros e análises sobre a información diaria, prestando especial atención á súa mesa política, onde distintos xornalistas discutían os temas relacionados coa xornada. Emitíase de luns a venres de 12:30 a 14:00 horas en Cuatro.

Las mañanas de Cuatro é o primeiro magazine matinal de Cuatro. Desde os seus inicios e ata decembro de 2010, foi presentado por Concha García Campoy coa colaboración especial de Gonzalo Miró entre 2006 e 2008, pero trala fusión de Telecinco e Cuatro -producida a finais de 2010- a xornalista pasou á cadea nai do grupo, polo que o magazine pasou a ser presentado por Marta Fernández (antiga reporteira nos inicios do programa). Doutra banda, o magazine foi producido desde os seus inicios en outubro de 2006 pola compañía Plural Entertainment ata decembro de 2010 e trala fusión entre Telecinco e Cuatro en xaneiro de 2011, prodúceno a axencia de noticias Atlas e a produtora Mandarina. Tamén hai que destacar que o programa realízase en directo co esquema clásico doutros formatos matinais e está estruturado en diversas seccións: información diaria, actualidade, xente, sociedade, novas tendencias, debates e mesas políticas, ademais de conexións directas con informativos.

O programa bateu o seu récord de audiencia o 30 de xuño de 2008 coa análise da vitoria da selección española de fútbol na Eurocopa 2008. Ese día o programa foi visto por 851.000 persoas o que se traduciu nun share do 15,1%.[2]

O venres 26 de abril de 2013, Marta Fernández despediuse do magazine matinal logo de máis de dous anos á fronte. Así, a presentadora regresou ao equipo de redacción de Informativos Telecinco poñéndose, ademais, á fronte da primeira edición de Noticias Cuatro xunto a Hilario Pino. No seu lugar, desde o 6 de maio, Jesús Cintora pasou a presentar o programa.[1] Así, Las mañanas de Cuatro sufriu unha reestruturación co obxectivo de plantar cara a Al rojo vivo, a súa principal competencia, buscando un perfil máis político e informativo.[3]

Equipo técnico

[editar | editar a fonte]

Presentadores

[editar | editar a fonte]

Presentadores substitutos

[editar | editar a fonte]
  • Ruth Jiménez (Veráns de 2011 e 2012)
  • Verónica Sanz (Nadal 2012/2013 e semana do 29 de abril ao 3 de maio de 2013)

Co-presentadores

[editar | editar a fonte]

Colaboradores actuais

[editar | editar a fonte]

Actualidade política

Actualidade

  • Ángel Moya (2006-) Xornalista de sucesos
  • Bárbara Arroyo (2011-) Criminóloga e avogada
  • Javier Saavedra (2011-) Avogado
  • Javier Chicote (2011-) Xornalista de Investigación
  • José María Benito (2011-) Inspector de policía

Deportes

  • Kiko Narváez (2011-) Comentarista. Ex xogador
  • Pedro Pablo San Martín Xornalista deportivo
  • Nico Abad Comentarista. Presentador Deportes Cuatro
  • Luis García Comentarista. Presentador Deportes Cuatro

Sociedade

Outros

Antigos colaboradores

[editar | editar a fonte]

Actualidade política

  • María Antonia Iglesias (2006-2010)
  • Juan Pedro Valentin (2006-2009)
  • Luis Alberto de Cuenca (2006-2010)
  • José María Lasalle (2006-2010)
  • Concha Boó (2011)
  • Arturo Gónzalez
  • Ramón Pérez Maura
  • Antonio San José
  • Victoria Lafora
  • Vicente Jiménez
  • Francisco G. Basterra
  • José Ignacio Wert
  • Juan Carlos Viloria
  • Matias Valles
  • Fernando Onega
  • Carlos Rodríguez Braun
  • Antonio Elorza
  • María Claver
  • Carlos Mendo
  • José María Brunet
  • Gemma Robles

Sociedade

  • Rosa Villacastin (2006-2007)
  • Amelia S. Sampedro (2006-2007)
  • Carlos Telmo (2006-2009)
  • Mariola Orellana (20007-2009)
  • Lola Carretero (2007-2009)
  • Sandra Aladro (2006-2010)
  • Concha Calleja (2009-2010)
  • Consuelo Font (2009-2010)

Outros

  • Darío Barrio (2006-2010) Cociñeiro
  • Gracíela Almendral (2006-2010) Científica
  • Emilia Zaballos (2006-2010) Avogada
  • Carmen Porter (2006-2010) Misterios
  • Clara Couren (2006-2010) Moda e tendencias
  • Ángel Borja (2006-2010) Melloras persoais e profesionais

Reporteiros

[editar | editar a fonte]
  • Marta Fernández (2006-2007)
  • Ingrid Betancor (2007-2010)
  • Desirée Hernández (2011-)
  • Oscar Rodríguez (2011-)
  • Arantxa Vázquez (2011-)
  • Verónica Sanz (2011-)
  • Antonio Texeira (2011-)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]