Saltar ao contido

Lacuna Coil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lacuna Coil
Cristina Scabbia e Andrea Ferro nunha actuación
OrixeMilán, Italia
Período1994 -
Xénero(s)Gothic metal,[1][2][3][4][5] metal alternativo,[6] Nu metal[7][8][9]
Selo(s) discográfico(s)Century Media
MembrosAndrea Ferro
Marco Coti Zelati
Cristina Scabbia
Ryan Blake Folden
Diego Cavallotti
Antigos membrosMichaelangelo Algardi
Raffaele Zagaria
Claudio Leo
Leonardo Forti
Cristiano Migliore
Cristiano Mozzati
Marco Biazzi
Na rede
http://www.lacunacoil.it e http://www.lacunacoil.com/
IMDB: nm2127801 Facebook: lacunacoil Twitter: lacuna_coil Instagram: lacunacoilofficial Tumblr: lacunacoilofficial MySpace: lacunacoil Youtube: UC2yGvqVB_kK0FC1eUifENGQ TikTok: lacunacoilofficial Spotify: 4OAddazJM576euUnFSvXSL iTunes: 18030160 Last fm: Lacuna+Coil Musicbrainz: 6fea1339-260c-40fe-bb7a-ace5c8438955 Songkick: 183125 Discogs: 215670 Allmusic: mn0000778655 Deezer: 2219 Genius: Lacuna-coil Editar o valor en Wikidata

Lacuna Coil é un grupo de metal gótico formado en Milán, Italia en 1994. Antigamente foron coñecidos como Sleep of Right e Ethereal.

A banda nun concerto, na cidade de Imola

A música de Lacuna Coil está inspirada na cultura gótica e Nu Metal, usando acordes de guitarra melódicos, alternando voces pesadas e un pouco de influencia pop. Sengundo as súas propias declaracións, a banda está influenciada por grupos coma Paradise Lost, Tiamat, Septic Flesh e Type O Negative.

A banda formouse en 1994 co nome de Sleep of Right. Logo, en 1995, cambiáronse o nome a Ethereal, e asinaron un contrato coa casa discográfica Century Media en 1997. Atopando que o nome Ethereal xa era doutra banda, decidiron renomearse como Lacuna Coil (que significa «espiral baleiro» en italiano).

Nese entón, o grupo estaba composto por Cristina Scabbia, Andrea Ferro e Marco Coti Zelati. A banda gravou un EP, homónimo á banda, e emprenderon un xira apoiando aos compañeiros de discográfica Moonspell. Nesta xira uníronse á banda Cristián Migliore e Cristián Mozzati, guitarrista e batería respectivamente.

Logo gravaron o seu primeiro LP, In A Reverie, e uniuse á banda o guitarrista Marco Biazzi. A banda realizou outra vira por Europa, acompañando á banda Skyclad.

En 2002, o grupo lanzou o albúm Comalies, que foi aclamado pola crítica do heavy metal en todos os recunchos do mundo. Un ano despois, o primeiro sinxelo deste albúm, Heaven's A Lie, comezou a atraer a atención e lanzou á banda ao estrellato. O segundo sinxelo, Swamped, tamén se converteu nun grande éxito e foi usado na banda sonora do videoxogo Vampire:The Masquerade - Bloodlines e tamén na película Resident Evil: Apocalypse. Graváronse vídeos para ambos sinxelos e foron transmitidos continuamente pola MTV, estendendo a popularidade da banda.

No 2004, Comalies converteuse no álbum máis vendido na historia da discográfica. A banda apareceu no Ozzfest e realizou varias xiras por Europa e os Estados Unidos.

A principios de 2006, o grupo lanzou o seu álbum Karmacode, a secuela do grande éxito mundial que representou Comalies.

  • Cristina Scabbia - Vocalista
  • Andrea Ferro - Vocalista
  • Cristiano Migliore - Guitarra
  • Marco Biazzi - Guitarra
  • Marco Coti Zelati - Baixo
  • Cristiano Mozzati - Batería

Anteriores

[editar | editar a fonte]
  • Raffaele Zagaria - Guitarra
  • Claudio Leo - Guitarra
  • Leonardo Forti - Batería

Discografía

[editar | editar a fonte]
  1. Baddeley, Gavin (2002). Woods, Paul A., ed. Goth Chic: A Connoisseur's Guide to Dark Culture (1 ed.). Plexus. ISBN 9780859653084. 
  2. Bowar, Chad. "What is Heavy Metal?". About.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2012. Consultado o 2008-03-14. 
  3. DaRonco, Mike. "Lacuna Coil". Allmusic. Consultado o 2008-03-14. 
  4. "Artists :: LACUNA COIL". MusicMight. 2007-03-23. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2013. Consultado o 2013-02-15. 
  5. "NEWS- Metro's exit: Leader quits area's top goth band | The Hook - Charlottesville's weekly newspaper, news magazine". Readthehook.com. 2007-03-15. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 2013-02-15. 
  6. "Alt-Metal A to Z: 26 Bands That Define the Genre - VH1". VH1 News. 
  7. http://www.allmusic.com/album/karmacode-mw0000703236.
  8. "Album: Lacuna Coil – Dark Adrenaline". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2017. Consultado o 03 de xaneiro de 2017. 
  9. "Lacuna Coil: Adrenaline Junkies". Blunt Magazine. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2017. Consultado o 2013-05-09. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]