Kronentaler
O kronentaler (en galego: "tálero da coroa") foi unha moeda de prata cuñada por primeira vez en 1755 nos Países Baixos austríacos e que se converteu en moeda de comercio habitual na Europa Central da primeira metade do século XIX.[1][2][3]
A tipoloxía orixinal destes táleros caracterízase pola aparición de tres ou catro coroas nos seus reversos, das que tomou o nome.[1][2][4]
Historia
[editar | editar a fonte]O kronentaler cuñábase nos seus inicios co mesmo peso que o escudo francés (écu), arredor de 29,44 gramos de prata de 837 milésimas (25,7 g de prata fina), aínda que cun valor inferior, de 54 soldos (stuivers) ou 2,7 floríns (gulden), en tanto que o escudo francés equivalía a 56 soldos ou 2,8 floríns. De feito, os escudos franceses podían fundirse para seren novamente cuñados como kronentalers, con 26 gramos de prata fina.[5]
Logo da anexión por parte de Francia dos Países Baixos do Sur en 1794, o kronentaler abandonou o seu lugar de orixe, aínda que se estendeu por mor dunha lixeira sobrevaloración con respecto ao tálero de convención (konventionstaler), particularmente nos estados alemáns do sur. Xa en 1793, o seu valor fora fixado en 2 floríns e 42 kreuzer.[3]
O kronentaler usouse e cuñouse abundantemente sobre todo na Casa da Moeda de Baviera, na ceca de Karlsruhe (Baden), Hesse-Darmstadt, Nassau e Württemberg, e chegou a se converter, nas tres primeiras décadas do século XIX, practicamente na única moeda grande de prata en circulación no sur de Alemaña. En Würtemberg cuñáronse entre 1816 e 1837, a nome de Guillerme I (1816-1864), máis de 660.000 exemplares de kronentaler, fronte a só 3.440 de táleros de convención.[2][6]
O acordo monetario de 1837 e os seguintes establecidos pola Unión Alfandegueira Alemá (Zollverein) aboliron o kronentaler en favor do vereinstaler.[7][8]
En Milán, Xosé II (1780-1790) cuñou unha versión italiana do kronentaler denominada crocione.[9][10]
O kronentaler era tamén a moeda máis habitual en Suíza antes da adopción do franco suízo en 1850. A taxa de conversión á nova moeda suíza foi de 5 5⁄7 francos suízos por kronentaler.[11][12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Kronenthaler". En Frey, A. R. (1917). Páxina 126.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Kronentaler". En Münzen Lexikon. Reppa.de
- ↑ 3,0 3,1 "Kronenthaler". En Pierer's Universal-Lexikon. Vol. 9. Altenburg. 1860. Páxina 837.
- ↑ Clain-Stefanelli, E. (1978). Páxina 213.
- ↑ 1 franco = 1,0125 libras = 0,16875 escudos franceses = 0,175 kronentaler. A conversión 1 franc = 0,4725 floríns neerlandeses guarantía o valor do kronentaler de 0,4725 / 0,175 = 2,7 floríns neerlandeses. Fonte: Shaw, W. A. (1896). The History of Currency, 1252-1894. Putnam. Páxinas 202, 353.
- ↑ "La evolución del Thaler o Taler Arquivado 27 de setembro de 2019 en Wayback Machine.". Cervera Colecciones.
- ↑ Holtferich C. L. (1990). "Towards a unification of the coinage systems, 1837-1867". Páxinas 220-226.
- ↑ Jansen, A. E. (1911). Les conventions monétaires. Université de Louvain.
- ↑ "Crocione". En Frey, A. R. (1917). Páxina 57.
- ↑ "1 Crocione, 1 Kronenthaler - Franz II Arquivado 12 de setembro de 2016 en Wayback Machine.". En Numista.com.
- ↑ Walcher, S. (1840). Livre de poche du Voyageur en Suisse (...). Zúric. Páxina 372.
- ↑ Feuille Fédérale de la Confédération Suisse. Tomo 1. Berna. 1851. Páxina 3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kronentaler |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Clain-Stefanelli, E. (1978). Monnaies européennes et mannaies coloniales américaines entre 1450 et 1789. Smithonian Institution. L'Univers des monnaies.
- Frey, A. R. (1917). A Dictionary of Numismatic Names. American Numismatic Society. Nova York.
- Holtferich C. L. (1990). "The monetary unification process in nineteenth-century Germany: relevance and lessons for Europe today". En A European Central Bank? Perspectives on monetary unification after ten years of the EMS. Cambridge. Cambridge University Press. Páxinas 216-243. ISBN 0521376238
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Coins from Austrian Netherlands". Numista.com
- "La evolución del Thaler o Taler Arquivado 27 de setembro de 2019 en Wayback Machine.". Cervera Colecciones.