Saltar ao contido

Karl Asmund Rudolphi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKarl Asmund Rudolphi

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xullo de 1771 Editar o valor en Wikidata
Estocolmo, Suecia Editar o valor en Wikidata
Morte29 de novembro de 1832 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Berlín, Alemaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Greifswald (pt) Traducir
Universidade de Gotinga
Universidade de Jena Editar o valor en Wikidata
Director de teseChristian Ehrenfried Weigel Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoZooloxía e botánica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbiólogo, anatomista, fisiólogo, parasitólogo, botánico, zoólogo, profesor universitario, helminthologist (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Greifswald (pt) Traducir
Universidade Humboldt de Berlín Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosFriedrich Gustav Jakob Henle Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoJohannes Peter Müller Editar o valor en Wikidata
Abreviación dun autor en botánicaRudolphi Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
FillosJulia Rudolphi Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Allgemeine Deutsche Biographie
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata

Israel Karl (ou Carl) Asmund (ou Asmunt, ou Asmus) Rudolphi, nado o 14 de xullo de 1771 en Estocolmo, e finado o 29 de novembro de 1832 en Berlín, foi un botánico e zoólogo alemán de orixe sueca.

Está considerado como o "pai" da helmintoloxía.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu pai era un mestre de escola e pastor protestante, en Stralsund, Pomerania, que naquela época pertencía á coroa sueca.

Rudolphi realizou os seus estudos na Universidade de Greifswald onde obtivo o doutoramento en filosofía en 1793.

Posteriormente estudou medicina na Universidade de Jena, e despois nas de Dresde, Erlangen e Göttingen.

Defendeu a súa tese de doutoramento, co título en francés, Sur les vers intestinaux, na Universidade de Greifswald.

En 1801, despois de dar clases na Escola de Veterinaria de Berlín, foi designado profesor no Instituto Veterinario de Greifswald, para, en 1808, obter a cátedra de Anatomía e Fisioloxía na Universidade Humboldt de Berlín.

En 1810 Rudolphi fundou o "Museo de Zooloxía de Berlín" que chegaría a ser, baixo o nome de Humboldt-Universität zu Berlin Museum für Naturkunde, un dos máis grandes do mundo.

Rudolphi contribuíu en numerosos dominios da historia natural e da bioloxía, especialmente en parasitoloxía, en anatomía e en fisioloxía. Foi o primeiro en describir os nematodos en Enterozoorum, Sive Vermium Intestinalium Historia Naturalis (1808-1810) seguindo con Entozoorum Synopsis (1819).

Un dos seus libros máis célebres foi o Grundriss der Physiologie, cuxa primeira versión aparece en 1821 e que melloraría até a fin da súa vida. Neste texto afirmaba que as razas humanas deben ser consideradas como especies, o que constituíu un soporte teórico de base do racismo científico alemán e escandinavo.

Será Johannes Peter Müller (1801-1858) quen o suceda na cátedra de Fisioloxía e Anatomía da Universidade de Berlín.

Algunhas publicacións

[editar | editar a fonte]
  • "Beobachtungen über die Eingeweidewürmer". En: Archiv für Zoologie und Zootomie 2, 1801, pp. 1–65.
  • "Neue Beobachtungen über die Eingeweidewürmer". En: Archiv für Zoologie und Zootomie, 3, 1803, pp. 1–32.
  • "Bemerkungen Aus Dem Gebiet Der Naturgeschichte, Medicin Und Thierarzneykunde: Auf Einer Reise Durch Einen Theil Von Deutschland, Holland Und Frankreich Gesammelt". En der Realschulbuchhandlung, Berlin, 1804.
  • Entozoorum sive vermium intestinalium historia naturalis. Ámsterdam, 1808-10, 3 vols.
  • Synopsis entozoorum. Berlin, 1819.
  • Grundriß der Physiologie. Berlin 1821-1828, 3 vols.
  • Anatomie der Pflanzen. Berlin, 1807
  • Beiträge zur Anthropologie und allgemeinen Naturgeschichte. Berlin, 1812

En 1816 foi elixido como membro estranxeiro da Real Academia das Ciencias de Suecia.

Aves
Peixes
Himenópteros
Dípteros
Anélidos
Nematodos

Abreviaturas

[editar | editar a fonte]

Botánica: A abreviatura Rudolphi emprégase para indicar a Karl Asmund Rudolphi como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.

Zooloxía: A abreviatura Rudolphi emprégase para indicar a Karl Asmund Rudolphi como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Klaus Beneke: Karl Asmund Rudolphi (14 de xullo de 1771, Estocolmo, † 29 de novembro de 1832, Berlín) und seine Bedeutung für die Entwicklung der Medizin und Naturwissenschaften im 19. Jahrhundert". uni-kiel.de (PDF)
  • Biografía de Karl Asmund Rudolphi en Wissenschaftliche Sammlungen an der Humboldt-Universität zu Berlin (en alemán)