Saltar ao contido

KH-6

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

KH-6 (Keyhole-6) ou Lanyard, parte do programa Corona, foi unha serie de satélites de recoñecemento operados pola CIA.[1][2]

Os KH-6 foron un intento temperán de obter grandes resolucións con satélites de recoñecemento. Das tres unidades lanzadas, todas en 1963 e mediante Thor SLV2A, só a última conseguiu devolver imaxes á Terra. A cámara dos KH-6, unha Samos E-5 de Kodak modificada, estaba programada para inclinarse cara a diante e atrás e poder tomar imaxes estereoscópicas. Tiña unha resolución de 1,8 m e a película fotográfica da cámara era devolta a terra nunha cápsula de retorno. Os satélites non levaban paneis solares e alimentábanse con baterías durante os entre 8 e 12 días que duraba cada misión.[1][2]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
KH-6 1 18 de marzo de 1963 Thor SLV2A Fallo
KH-6 2 18 de maio de 1963 Thor SLV2A Éxito
KH-6 3 31 de xullo de 1963 Thor SLV2A Éxito
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2020). "KH-6" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KH-6 Lanyard" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]