Juan Antonio Saavedra
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Juan Antonio Saavedra Reinaldo 21 de novembro de 1973 Pontevedra |
País de nacionalidade | española |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | tirador |
Deporte | tiro olímpico |
Participou en | |
2012 | Xogos Paralímpicos de Londres 2012 |
setembro de 2004 | Jogos Paralímpicos de Verão de 2004 (pt) |
outubro de 2000 | Jogos Paralímpicos de Verão de 2000 (pt) |
Juan Antonio Saavedra Reinaldo, nado en Pontevedra o 21 de novembro de 1973, é un deportista paralímpico español do club de Tiro Lucero que compite en tiro olímpico. A súa especialidade é a competición con carabina pneumática e carabina calibre 22.
Carreira deportiva
[editar | editar a fonte]Iniciouse no deporte paralímpico practicando a natación a nivel nacional (campión de España S8 100m bolboreta, 1998) e internacional (medalla de prata 4x100 libres, Campionato do Mundo de Natación 1998, Nova Zelandia).
Desde os seus comezos durante os anos 90 no tiro olímpico foi campión de España en numerosas ocasións en varias modalidades de tiro con carabina. Participou nos XX. PP. de Sídney 2000 (8º posto en R5-Carabina aire tendido) e nos XX. PP. de Atenas 2004 (4º posto en R5-Carabina aire tendido). En maio de 2011 conseguiu a praza para os Xogos Paralímpicos de Londres 2012 cunha medalla de bronce en R6-Carabina tendido 50m durante o IPC Shooting World Cup de Alacant.
Nos Xogos de Londres participou en tres probas: R3 (Carabina aire tendido SH1), R4 (Carabina aire pé SH2) e R6 (Carabina tendido 50m). En R3 entrou na final igualando a marca paralímpica con 600 puntos, alcanzando o 7º posto. O 4 de setembro de 2012 logrou o seu maior éxito deportivo até a data, conseguindo a medalla de prata en R6-Carabina tendido 50m, quedando a só 2 décimas do gañador da proba Abdulla Alaryani, de Emiratos Árabes Unidos.
No ano 2013 foi recoñecido coa Medalla de Prata da Real Orde do Mérito Deportivo que outorga o Consello Superior de Deportes.
En xullo de 2015, durante a 2015 IPC Shooting World Cup celebrada en Osijek (Croacia), Juan Saavedra logra a medalla de prata na proba de Carabina tendido 50m (R6), outorgando a España a súa única praza de tiro para os Xogos Paralímpicos de Río de Xaneiro de 2016.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Juan Saavedra sufriu durante a súa adolescencia a amputación do seu antebrazo esquerdo debido a un cancro. Estudou a carreira de Enxeñaría de Minas na Universidade de Vigo, está casado e actualmente compaxina a súa actividade deportiva no tiro olímpico co traballo de asesor financeiro. Ademais dirixe o seu propio club deportivo, o Tiro Lucero.