Saltar ao contido

José Cela Míguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Cela Míguez
Biografía
Nacemento1897 Editar o valor en Wikidata
Os Vaos, España Editar o valor en Wikidata
Morte1969 Editar o valor en Wikidata (71/72 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Láncara
1936 – 1936
← Antonio Rivas Murias Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 17404

José Cela Míguez, nado nos Vaos (Láncara) en 1897 e finado en Buenos Aires en 1969, foi un pintor e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Emigrou con 16 anos a Arxentina. Retornou para facer o servizo militar. Ao rematalo volveu a Buenos Aires para evitar participar na guerra de Marrocos. Na capital bonaerense traballou nos tranvías. Retornou novamente a Galicia nos anos vinte. Pintor, en 1930 obtivo unha bolsa da Deputación de Lugo para cursar estudos de Belas Artes en Madrid. Militante de Izquierda Republicana.

Logo da vitoria da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado alcalde de Láncara. Formou parte da representación galega que entregou o Estatuto de Autonomía de 1936 ao presidente das Cortes. Logo da golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 traballou como mestre no lado republicano. Ao rematar a guerra foi encarcerado no campo de concentración Miguel de Unamuno. Xulgado en Aranjuez, foi condenado a prisión, permanecendo case un ano detido. Os seus irmáns Ramiro e Ramón Cela foron expedientados e sufriron prisión[1]. Ao ser posto en liberdade regresou a Láncara en situación de prisión atenuada. En 1952 volveu marchar á Arxentina, onde morreu en 1969.

Predecesor:
Antonio Rivas Murias
 
Alcalde de Láncara
 
1936
Sucesor:
?

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 2009 o Concello de Láncara acordou poñer un busto do pintor[2].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]